Veñen dous partidos na casa. A por eles, que se pode. Forza Ourense. |
02 May 2021, 19:51 |
90.19 |
2 |
0 |
+info
|
Pero home, é normal que nos fixemos en vós e comparemos. Na nosa masa social soupo a pouco a nosa configuración da plantilla e a directiva dixo que cubrimos o orzamento e gracias. Bergantiños é de Calvo, Lugo B dunha SAD profesional, pero Arenteiro vivía ata agora ao límite económico. De todos os xeitos, insisto, a vila merece disfrutar o momento e os cartos veñan de donde veñan, quen os pillara..... Tamén fastidia que os medios de comunicación blanqueen o tema e pasen de esguello, non vaia a ser que alguén se enfade. |
02 May 2021, 13:42 |
90.19 |
2 |
0 |
+info
|
Eu xa vin iso fai uns días e dábame a risa cando dixo un de O Carballiño que gastaban 200.000€. Un tío solo da vila, o resto de fora, adestrando pola mañá cinco días mais o corpo técnico, se non chega ao que dis pouco lle faltará. Evidente que hai alguén que puxo moitos cartos con idea de levar ao equipo arriba, o cal ten mérito, pero que non vendan o que non é. Teñen, ademáis, un hándicap grande co recinto deportivo xa que é difícilmente ampliable e ten bastantes incomodidades para o público. Pero, bueno, a afección de o Carballiño merece disfrutar o tempo que sexa da experiencia. A historia e ilusión non lle gaña ninguén hoxe na provincia. |
02 May 2021, 13:13 |
90.19 |
2 |
0 |
+info
|
Estou totalmente de acordo co que dice Agmo70. Pero engadiria que ninguna corporación local nas últimas décadas foi quen de solicitar a transferencia da instalación do campo do Couto a propiedade municipal. Sen chegar a levar o campo a Benposta (que se falou no seu tempo), hai unha chea de metros cadrados para facer cousas e remodelar o recinto pouco a pouco e darlle vida a aquela zona tan degradada. Pero, como dis, é un privilexio desfrutar do campo de balde, cecais os remendos que se están a facer non auguran grandes obras a curto prazo. |
02 May 2021, 10:41 |
90.19 |
2 |
0 |
+info
|
Cando os medios de comunicación locais levan ao máximo nivel o ascenso dun equipo determinado porque, según eles, a provincia vese representada, por fin, nas categorías nacionais de elite é unha verdade a medias. Ainda que recoñezamos o éxito e o merecemento de dito ascenso, cando non eres aficionado do equipo, non te podes identificar mais aló. Para o ano que ven seguirémolo con simpatia, veremos algún partido, pero non nos alegraremos nin sufriremos cos seus resultados. E por iso é cando lle dou a razón a Peluseakov. Ao teu equipo hai que sentilo de outra maneira, en calquera categoría, non é so ver un partido de fútbol. |
01 May 2021, 22:59 |
90.19 |
2 |
0 |
+info
|
Podo compartir moito do que dis, pero todo non cho compro. Creo que falas como aficionado ao fútbol en xeral, cando sinalas que un equipo en 1 RFEF é o noso obxectivo como cidade, polo que entendo que non estás a seguir un dos dous clubes en concreto. Eu, como socio fundador do Ourense, vexoo de outra maneira. Son duas entidades diferentes, con modelos distintos, nin mellor nin pior. Ainda que houbo intentos, non vexo sinxela unha fusión, polo tanto, cada un seguirá o seu camiño ata donde podan. Moi difícil que o equipo da Ponte sexa quen de ter repercusión na afección da cidade por moito que lle vaia moi ben. E menos vestindo de blanco e negro. Pero, bueno, no futuro se verá. |
01 May 2021, 17:01 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Vai todo moi apresa no Arenteiro. Non rematou a tempada dos ingresos extraordinarios, do plantel profesional, da promesa do arranxo do Espiñedo pola Deputacion, e o Argimiro deixa a Primeira liña do PP da vila para adicarse ainda mais ao clube porque di que lle vai levar moito tempo. Iso si, segue de xerente de Xestur, chiringuito fetiche da Xunta e con residencia habitual en Ourense cidade. Cheira a toque de arriba para que non se identifiquen CDA con PP cando sexan mais famosos. Hai, pokemon, pokemon.... |
29 Abr 2021, 16:30 |
65.73 |
2 |
0 |
+info
|
Malo será que non haxa algunha subcontrata preparada. |
28 Abr 2021, 20:38 |
65.73 |
2 |
0 |
+info
|
Imos todos botar en falla istos "piques" durante o verán 😂😂😂.Non sexades moi crueles cando baixemos a Preferente, que o temos jodido😟😟😟. Os meus comentarios ian dirixidos a parroquia ourensá. Como creo que sodes xente de futbol (eu tamén o fun moitos anos) podo dicir que, as veces, ainda se pasa mellor cando a conexión co equipo favorito é mais cercana. Por iso, cando empezou este proxecto houbo un periodico ( Faro de Ourense) e un xornalista (Xavi Colmeiro) que se volcou (tamén por estratexia empresarial) e fixo que a simbiose fora total, acudindo a todos os campos da provincia, recoñecendo aos protagonistas, etc. De ahí ven a animadversión do panfleto. Pero isto é un falar e, tamén, envexa sana. Como di Peluseakov, aquí non deu para mais. Os que curran son os que buscan os recursos, nós poñemos 100 € e queremos milagres. |
27 Abr 2021, 21:32 |
173.14 |
4 |
0 |
+info
|
Eu xa non iba a entrar nos comentarios da vosa liga ata o ano que ven. Limiteime o domingo a felicitar ao Arenteiro e os seus seareiros, pero vexo que tamén vos gusta opinar aquí. Dixen algo que non sexa verdad? En toda a tempada se minusvalorou ao Ourense polos medios locais, poñendo ao mesmo nivel proxectos antagónicos. E o mais cachondo é o tal Tena, que lle bota a culpa das poucas miras na cidade con respecto ao futbol, indirectamente, a que se fai un equipo modesto que non compite cos de Carballiño. Manda carallo!!!! A min gustame saber cousas do Arenteiro, pero que non che poñan nada, nin unha entrevista, nin un comentario do equipo donde se edita o periódico e se mofan de que imos baixar duas categorías. O clube vai seguir dando moito que falar e se ten que morrer, tampouco pasa nada, xa empezaremos outra vez. Saudos e boa tempada para o ano. |
27 Abr 2021, 19:36 |
-0.52 |
5 |
1 |
+info
|
Medios de comunicación imparciales e rigurosos? Xabón, Xabón e Xabón para o proxecto e o ascenso merecidisimo do Arenteiro. Ninguen se pregunta de onde sairon os cartos para pagar en B, non nos enganemos, a uns xogadores que están de volta no fútbol semiprofesional , que adestran polas mañáns e que destacan que iso é gran parte do éxito acadado. Quen esta ahí, o Arousa, o Polvorin e o Bergantiños, é dicir, os que poden facer o mesmo. Agora sobran para o ano dez xogadores e moito me temo que serán varios dos que foron do Ourense para cobrar uns euros mais. Pero nos medios locais, Xabón, Xabón, Xabón, que para o ano hai que encher duas paxinas e buscar publicidad na Vila do Orcellón. Como baixemos, non van nin a facer as crónicas a Velle. Redacción, poñen. De coña. Volve Colmeiro, por favor. |
27 Abr 2021, 11:10 |
173.14 |
4 |
0 |
+info
|
Encomiable a loita do Paiosaco ata que se quedaron sen folgos. Iso é amor propio e honradez. Tal como se puxo o partido era para perdelo, e mira que tivemos ocasións, paus, o porteiro parou varios goles feitos... Pero equipo está medroso e as primeiras de cambio vense abaixo, sen confianza. Punto de inflexión para o que resta? A ver, a ver...... A afección de dez, menos os dous ou tres que a teñen tomada co Currás, pero, respetando as opinións, coido que non é o momento. Para o ano xa se verá. |
25 Abr 2021, 21:45 |
117.74 |
3 |
0 |
+info
|
Parabens a toda a familia arenteirista polo ascenso, especialmente aos que participades neste faladoiro. Aposta decidida, cunha estructura profesionalizada, pero hai que acadalo no campo coa solvencia que se fixo . Que disfrutedes moito na nova categoría. A polo campionato de Terceira. Forza Arenteiro. |
25 Abr 2021, 21:31 |
64.86 |
2 |
0 |
+info
|
Ainda que é loxico botar as contas, penso que lle estades a dar demasiada importancia. Eu resumiría a que hai que facer 9 de 9 para empezar e logo xa se irá vendo. A tempada foi mala e virtualmente estamos descendidos. A ver se me equivoco. Ogalla. Creo que ten mais valor, mais ainda que a categoría na que estemos, o futuro modelo do clube. O presidente Dacosta falou na canle de YouTube de Higinio moi clariño. Eles cumplirán os dous anos que restan, pero ninguén da directiva vai poñer un euro. Equipo solvente e apetecible, tamén na Preferente. Os socios deciden no verán.....
|
25 Abr 2021, 15:08 |
89.63 |
2 |
0 |
+info
|
Temos ainda opcions, pero poucas xa. Quedarse na Terceira RFEF, coas aspiracións da UD Ourense, tampouco é unha situación atractiva e ilusionante como non sexa por salvarse. Salvo cambio de modelo e cartos frescos, que ainda non vexo, liga con 16 equipos e catro descensos, é dicir, tempada a priori, para transitar nada mais. Tamén faría falla unha remuda casi total da plantilla. Ata que se axusten as novas categorías quedan dous anos polo menos e hai clubes que van a probar, gastar uns cartos que non teñen oficialmente e buscar o seu espazo futuro e nós, para iso, creo que temos tempo. Hai que darse conta que para o ano xa teremos oito anos de vida e parece que foi onte cando empezou o proxecto. Unha tempada na Preferente, con dereito a xogar no Couto (iso é un privilexio que non podemos perder), pode ser un revulsivo outra vez, con xogadores novos, con fame e fácilmente sostible o orzamento. Eu tomariao con calma, iso si, escoitando as propostas que cheguen.
|
24 Abr 2021, 10:16 |
89.63 |
2 |
0 |
+info
|
Tendo en conta todas as opinións, con aportacións axeitadas e dispares, como é loxico, penso que temos que darlle valor a ter este ano 1.100 (oficial) socios (medio ano sin poder ir ao campo). A xente vai co equipo fora cando se pode viaxar e anima incansablemente nos partidos. Decepción e fracaso, total, é dende a directiva, corpo técnico e xogadores deberán recoñecelo se descende o clube. Liga en certo modo adulterada, tamén, con oito descensos (o ano pasado parouse a liga cando estabamos de septimos), e equipos sin ingresos nin explicacions de que maneira os conquiren (salvo a SAD do Puente). Como cabeza de rato tamen se pasa ben e poden xogar mais rapaces novos ( con respeto máximo ao Velle, Atios, Pontellas e Nogueira, etc). Futuro, a decidir, pero fusion NON. Son as miñas reflexións. |
23 Abr 2021, 09:58 |
64.86 |
2 |
0 |
+info
|
O traballo de Currás coa base é espectacular. Os resultados distos catro anos son evidentes. Pero é un luxo ter un profesional así cos emolumentos que lle pode ofrecer a UD sin que se compense doutro xeito e creo que se me entende ...... Tamén é certo, é xa se dixo na asamblea, que para ter un clube de base de canteira sen mais aspiracións deportivas do equipo senior que as que hai hoxe, non temos futuro. Para iso xa hai escolas dabondo na provincia. |
22 Abr 2021, 22:56 |
89.63 |
2 |
0 |
+info
|
Estou dacordo co 90% do que di Agmo70. Discrepo en que sexa culpa do adestrador, xoga cos bimbios que ten. Outra cousa é que se apartara voluntariamente para adicarse so a base buscando un revulsivo, pero, claro, eu non sei se se adica a outra actividade profesional ou vive do fútbol. A directiva non pode facer outra cousa que mantelo coas circunstancias económicas que hai. A xestión administrativa e económica é incontestable. Outra cousa é o modelo. O tempo para chegar ao profesionalismo é dabondo, nin por moito apurar. Na categoría que sexa, o clube sempre será viable, porque contará con 1.000/1.500 socios seguros, que garanten a metade do orzamento, iso si, non se nos pode pedir, e menos en Ourense, que non teñamos ambición e ir ao campo aos partidos sen un mínimo de ilusión. Aos que nos gusta o futbol penso que somos privilexiados de ir ao Couto cada 15 dias, un estadio vello, pero que nos trae tan boas lembranzas, a ver ao noso equipo. A directiva cre na canteira a curto/medio prazo, pero, como se dixo na asamblea, hai xente interesada no clube mudando o proxecto. Se persiste o interese, a votar...... |
22 Abr 2021, 16:06 |
201.73 |
4 |
0 |
+info
|
As posibilidades de salvación son, prácticamente inexistentes, pero hai que seguir competindo por dignidade e limpeza da competición. Verán quente e futuro en mans dos socios. Moi dificil seguir tendo a xente ilusionada |
22 Abr 2021, 10:55 |
64.68 |
2 |
0 |
+info
|
Decepcionante e incomprensible, por moito que a situación sexa mala, unha reacción así de un futbolista en categoría nacional. O rapaz ten cualidades pero aló donde vaia ten que reflexionar se quere vivir do fútbol. Como aficionado penso que o nivel do arbitraxe é suficiente para Terceira e non pode ser excusa de malos resultados e de unha aposta, non nos enganemos, moi arriscada na confección do plantel. Moi triste que o nome do Ourense se relacione con esta sanción. |
21 Abr 2021, 10:18 |
64.46 |
2 |
0 |
+info
|