Comentarios de Ourensejaps

Comentario Fecha Karma
Penso que se lle está dando demasiada importancia ao tema asambleario. Os que pertenecemos o único que fixemos foi deixar unha cantidad económica simbólica en depósito no clube de maneira que acudimos as reunións, temos voz e votamos os acordos adoptados. Pero que ninguén se engane, se non hai xente desinteresada disposta a traballar en algo que lle guste a cambio de prácticamente nada o proxecto ten os días contados. Tamén é loxico pensar que, ao fronte de estas naves, estea xente relacionada co mundo do futbol. Por iso, entendín o cansancio da Xunta de Modesto no seu día, non tanto o de Dacosta, salvo que haxa problemas persoais. O Currás posicionouse e eu penso que iste modelo é sostible a curto e medio prazo, vaiamos ao campo quinientos ou mil. O que queira outro fútbol que vaia ver ao Puente ou ao Arenteiro. 22 Jun 2021, 16:53 -19.58
De momento, os que temos que decidir o futuro do clube somos os socios asamblearios, que somos uns trescentos. O resto de abonados, se queren opinar, que o fagan, pero leccións e penitencias non as necesitamos. O clube sempre foi claro coas contas e este ano non deu para mais. Sabíase que era arriscada a proposta e saiu cruz. Se aparece alguén interesado será porque o que rodea ao equipo é diferencial. 21 Jun 2021, 14:43 -258.55
Pero, por qué temos que ser condescendentes co Puente? O estigma quedoulle e non hai porque obvialo. Cada quen que pense o que queira. Si que é verdade que funcionó mellor o equipo cos rapaces novos. Nunha semana pasa o disgusto e xa se pensará na próxima tempada e, sobre todo, do modelo, pero a afección demostrou todo o ano a sua implicación. 20 Jun 2021, 23:22 65.48
Gracias a afección que se desprazou ata As Pontes para apoiar ao equipo. Animo para xogadores, técnicos e directivos. Ata sempre e gracias aos que o ano que ven non estean no Ourense. Forza e agarimo. O futuro, Agmo70, decidirémolo entre nós. 20 Jun 2021, 22:10 65.48
Mala tempada en xeral, lastrada por un número de descensos esaxerado. A aposta foi moi arriscada xa no inicio e loitar polo descenso co Barco, que duplica o presuposto do Ourense, era complicado, porque todos os equipos de arriba gañaron moitos partidos, ninguen fallou. Foi moi destacable a deportividade de todos que, ainda sen opcions, competiron sempre. A excepción mais palpable foi o Puente pero iso queda para a nosa memoria de ise equipo sen alma e sen afección que, evidentemente, pasou do partido do Arzua. Forza Ourense, sempre, o de verdade. 20 Jun 2021, 21:37 65.48
Claro, home. Ti fas un comentario periodístico coa mellor intención, pero a historia dos dous clubes de Ourense, é dicir, o Ourense e o Puente sabémola todos os de aqui e cada vez mais a xente do resto de Galicia que se interesa polo mundo do futbol. 16 Jun 2021, 21:24 10.90
Claro, e agora van a demostrar a sua profesionalidade neste partido. Tarde piache. Os que somos de Ourense sabemos o que hai, os de fora non estades obrigados, tranquilos. 16 Jun 2021, 16:03 10.90
Para o ano, si é que ainda estamos con vida, podedes baixar duas categorías a vacilarnos no foro de Preferente cando nos vaia mal. Todo isto é un falar. O equipo está donde merece . Duas consideracións: os descensos son excesivos, e mais se quedan 17 e a animadversión de La Región é, simplemente, porque non se entrou polo aro, como fan os outros. 15 Jun 2021, 09:54 10.90
Acaban de botarnos unha bronca na tertulia de Telemiño dos luns aos que dubidamos da intensidad do Puente no partido do sábado. Según o grupo La Región, o Puente loitou sin desmaio para conquerir a victoria e non o pudo facer polas grandes intervencións do porteiro visitante. Matizaron, iso si, que é normal dar minutos aos menos habituais e que hai que facer os deberes antes. Seica o Arzua é un grande equipo, pero para a semana que ven, como non se xoga nada, non o ven gañando. En que quedamos, entón. A hipocresía diste grupo editorial con respecto ao Ourense é difamante. Son asiduo a esa tertulia e, en todo o ano, nunca se destacou o ourensanismo deste equipo poñendo ao mesmo nivel os proxectos do Puente e do Barco, que non teñen apenas vinculación cos xogadores da provincia. 15 Jun 2021, 00:04 10.90
Poden empezar xa está semana. Que lle preste o campo o Barco e así xa lle devolve o favor e non canta tanto 14 Jun 2021, 19:53 10.90
Non xa. Referiame a Primeira e Segunda. En Terceira, play off de ascenso do segundo ao quinto. O primeiro sube directo. Descenso por clasificación e depende o número de cada territorial mais arrastres de arriba. Tampouco se poden durmir os do medio. De Galicia a Terceira non caeu ninguén pero Sporting B, Oviedo B, Guijuelo, Atletico B, Recreativo de Huelva e algún coñecido mais si que baixaron. 14 Jun 2021, 19:49 10.90
O da Terceira galega é ilóxico, salvo que contaran que baixara algún da arriba, de Segunda B. Se se confirma que somos a única comunidade con 17, non se debería tolerar. Liga de 16, escasa, pero a RFEF busca mais profesionalismo en Primeira e Segunda RFEF e mais amateurismo en Terceira. A min, persoalmente, gústame o novo sistema porque entre os Play Off e os descensos, ningún equipo vai a estar en terra de nadie. Lembremos que de Primeira vaixan 10 de 40 e en Segunda 27 de 90. Iso é unha barbaridade, pero vai mellorar a competición, sen dúbida, e vai a provocar movementos de clubes todos os anos. 14 Jun 2021, 16:07 10.90
Entendo que pasara todo o que pasou, tampouco o Fisterra fixo demasiado, pero como ourensán me apetecía que aquela utópica salvación dos tres se conseguira, e pouco faltou, pero os nosos compañeiros socios fundadores Camilo e Rubén non foron quen de motivar aos rapaces trotamundos e de nomes exóticos. 13 Jun 2021, 23:01 10.90
Polo que se vai sabendo, o Puente pasou do partido de onte. Magoa, que se podian salvar os tres ourensáns e agora baixen proxectos consolidados para que ascendan catro preferentes da mini liga. 13 Jun 2021, 22:02 10.90
E dalle con que a cidade se ten que identificar cos dous equipos. Cada quen segue a quen lle pete. Haberá quen vai a ver fútbol ao Couto de maneira indistinta a un ou a outro (sobre todo os adestradores, que entran de gratis), pero a maioria dos ourensanistas imos animar ao noso equipo, esté na categoría que esté. Como dis, con paciencia, chegaremos algún día, e se non, foi unha experiencia que non esqueceremos. 13 Jun 2021, 10:59 94.89
Resultado previsible. A actitude non a podo comentar porque non vin o partido. Os que se salvan son os que o merecen ao longo do ano. O Ourense foi moi irregular perante a tempada e, ademáis, dispuxo dun orzamento moi baixo. O Puente tiña a posibilidade de recoller simpatías polo favor, pero unha vez que non puido ser, quedará para a lembranza o feito e mais nada. Os rapaces do Puente veñen a progresar nas suas carreiras e, para o ano o noventa por cento xa se irán para outros sitios. Pase o que pase, manteñamos o sentemento e o apoio ao clube e xogadores, defendendo o noso dereito a xogar no Couto en calquera categoría. Xuntarse alí cada quince días é o noso cordón umbilical. Forza Ourense sempre. 12 Jun 2021, 23:52 94.89
Xa comenzaron as novas da Segunda e Terceira RFEF. En Segunda cinco descensos e pode que seis nalgun caso, o que fai a categoría moi difícil. En Terceira, mentres que en toda España os grupos van a ser de 18 equipos, como ano de transición aos 16 definitivos, en Galicia decide a Federación Galega que sexan 17, condenando a proxectos consolidados ao descenso e dando entrada a catro preferentes que saen dunha liga de dous meses e que van a representar un 25% dos equipos do ano que ven. Non ten sentido, sexa o Ourense o perxudicada ou sexan Barco ou Arzua. Con respecto ao arreglo do último partido, mellor que non se necesite, polo ben du fútbol. 09 Jun 2021, 15:54 492.84
A teórica rivalidade que hai entre UDOURENSE e OURENSECF é ficticia. Nunca existiu porque istes equipos non existían fai sete anos. Sí había un Ponte Ourense (antes Puente CF) e un CD Ourense que xogaban partidos amigables, porquenon coincidiron nunca en competición oficial. 07 Jun 2021, 15:58 305.23
Evidentemente, se se descende é por merecementos. Pero non estamos falando dun Valladolid-Celta ou un Alemania-Austria do Mundial 82, estamos falando de Terceira División, de xente semiprofesional. Insisto que non debe ser muy fácil plantexar un partido así. Con respecto ao fracaso ourensan, non estou dacordo. En proporción poboacional temos o que nos corresponde (tres ou catro equipos). Discutible o de os dous clubes da cidade (poderia ser un so) pero xa sabemos a traxectoria do Ponte Ourense. 07 Jun 2021, 08:40 10.90
Se o Puente gaña, dependemos de nós. Se o Barco gaña e o Arzua empata, válelles aos dous o empate no derradeiro. Pero xogar ao empate sen arriscar e sen que note demasiado tamén é unha situación complexa. O mellor, pola pureza da competición, sería que se xogaran a plaza entre eles, sempre e cando nós fixeramos seis de seis. 07 Jun 2021, 00:02 10.90