Xa levan 8 anos prometendo o parque acuático de Monterrey e ainda non empezaron. Moito me temo que nisto vaiche ser o mesmo. O campo do Couto é representativo da provincia, coma o son os resto de estadios do país e , salvo que o transfiran ao Concello, segue a ser propiedade da Xunta de Galicia e non creo que o solté así como asi e menos, coa corporación que temos na cidade. |
16 Sep 2021, 09:26 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Xa ratificada a lista de Currás, queda darlle encaixe estatutario ao feito de que teña un soldo como presidente, cousa que non o pode facer. Sería poñer un home de palla e él como director xerente, non lle vexo outra. En canto ao presuposto debería ser sinxelo de acadar, a pouco que a xente se anime e o equipo responda. Se non hai ascenso, prefiro a liquidación e a disolución,
! |
08 Sep 2021, 16:25 |
-49.28 |
1 |
1 |
+info
|
Interesante asamblea a de onte por varios motivos. Por unha banda, porque queda claro que Currás asumiu o control do clube con todas as consecuencias, presidente "de facto", para que o equipo saíra con certas garantías de competir polo ascenso, diante de un certo valeiro de poder da anterior Xunta Directiva. Entendo que ninguén vai a competir con él nas eleccións e o tempo lle dará ou non a razón a ise convencemento que ten nun futuro prometedor do clube. Por outra banda, a profusión de datos foi mais extensa con respecto de outras veces, cousa que se agradezeu na asamblea e chegando ao interese por formular preguntas ao respecto. Creo que nos quedou claro aos presentes que, en calquera categoría, o clube xa é unha "empresiña" que move bastante pasta e que directa e indirectamente reporta ingresos a moita xente que, ademais, está facendo o que llé gusta. A ventaxa que temos os socios e que temos que estar informados de todo e que somos nos quen aproba as contas e de momento non se debe nada. O futuro dirá se isto ten un camiño longo ou curto, pero a min persoalmente me satisface mais que o sistema de directiva tradicional ou o de SAD. Deportivamente, o equipo para as duas prazas de ascenso parece solvente, así que a por todas dende o principio. |
13 Ago 2021, 07:37 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Faltoulle tempo aos pámpanos de La Región para destacar con balbordo e ledicia indisimulada as "desavenencias" que levaron a Durán e Atanes a fichar polo Barbadás. So faltaba que un equipo non poidera facer un proxecto novo con cambios de xogadores, ainda mais con novo adestrador. Antes ainda informaba do Ourense en Preferente o Laureano (creo que é socio), agora meteron ao argentino Clinaz. Prepararse para o ninguneo total. Agardo que sexa recíproco por parte da Xunta Directiva, que creo que xa está sendo. |
07 Ago 2021, 20:44 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Por concretar, que non o sabía ata fai un rato. Borja Atanes deixa voluntariamente o equipo, cando tiña contrato en vigor. Chegaron a un acordo porque él non estaba cómodo no clube. |
03 Ago 2021, 17:12 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Todo o crédito para o novo proxecto que parece verdadeiramente solvente, pero varias preguntas quedan para facernos. Tan inasumible era reforzar algo a plantilla cando se lle viron as orellas ao lobo?. Os porteiros, posto clave, eran apostas de futuro que agora se rexeitan? Con que ingresos extra conta F. Currás como para adicarse en exclusiva ao novo posto de presidente-xerente e que dean as contas do que parece un clube careiro? Ofrécese carnet de Preferencia, non será un exceso de optimismo para as entradas que pode obter o clube ? |
03 Ago 2021, 12:19 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Co cabreo que colleu o presidente Mouriño coas axencias de xogadores e o ultimátum que lles deu, ten pinta de que iste proxecto non é curto prazo, senón que xa falou de estragar dous ou tres anos de canteira con tal que os que se formen en casa Celta non estean representados por axencias de futbolistas. Non sei se será un farol, pero él é o dono e pode facelo sen atrancos nin discrepancias. |
01 Ago 2021, 13:01 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Referiame a que hai varios xogadores de fora de Ourense que para adestrar a noitiña, ou se desplazan ou viven aquí. O ano pasado, alguns xogadores compartian piso. Iso encarecerá o orzamento, supoño, ainda que como dis, por ahí andará, pero, en todo caso, importante para Preferente. |
01 Ago 2021, 11:01 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Parece que o romanticismo rematou no Ourense. Durán recoñece que quería continuar e non entrou nos plans do novo adestrador. A impresión que da é que se vai a por todas cun proxecto gañador pero que ten pinta de non ser barato. |
31 Jul 2021, 23:08 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Que patético é o fútbol cando se dan situacions coma as deste fin de semana cos ascensos da Preferente Sur. O loxico era xogar os partidos pero, en condicións idoneas e nunca pola forza e con amenazas. Ver sentados os do Gran Peña mentras lle marcaban o gol, con retirada posterior, parece do seculo pasado. Din que o Arnoia forzou ao límite a situación coa Federación. Aquí, na prensa local, todos caladiños, festexando que subían os do Ribeiro porque lle ganaron a un equipo que viña de coña. A segunda parte seica foi vergoñenta .
Por outra banda, no Ourense, sorprende un pouco o tema dos porteiros. O ano pasado se arrisca cos dous chavales e este ano, nunha categoría inferior, de momento, non se conta con ningún. Será por tema de estudos, porque eu era partidario de seguir con eles. |
29 Jul 2021, 20:22 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
A idea está clara para a nova tempada. Equipo sólido e con un obxectivo indisimulado. Penso que o Couto ten que ser un fortín donde non se poden escapar moitos puntos aproveitando as suas características, sen olvidar o bo xogo para enganchar á xente. Fora hai que tirar de oficio e amarrar o que se poda en campos complicados. Xa o ano de Preferente se viu que ninguén regala e menos contra o Ourense. |
23 Jul 2021, 13:07 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Lembro dous golazos de Rubén, un en Bande dende o medio campo e outro na copa contra o Arenteiro dende fora da area. De Alfredo, o de falta en Santiago e outro na Illa de cabeza o primeiro ano de Terceira. Aparte, dous homes comprometidos e cunha calidade indiscutible. |
21 Jul 2021, 23:22 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Tiago vaise ao Puente. Loxico que queira estar nunha categoría superior. Pero, paradoxicamente, é un paso atrás porque un xogador coa sua proxección tiña que ser un sub 23 de Segunda RFEF. Recoñezamos que o ano pasado non estivo ao nivel que se esperaba e iso notouse moito no equipo. Espero que volte a ser o de antes. Moita sorte. |
21 Jul 2021, 16:24 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Hugo García, Viti, Varo. E unha noticia magnifica polo que supón de implicación e o carisma que teñen nos seareiros. Agardemos mais novas deste tipo. |
19 Jul 2021, 23:27 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
O que propón Fernando Currás é unha aventura persoal na que deixou claro que vai a ter unha remuneración económica. Entendo que será presidente e empregado, supoño que dentro da legalidade se a asamblea de socios o autoriza. Pero na asamblea o propio Currás dixo que tivera contactos co proxecto interesado e non lle debeu convencer o que oía ou igual era que prescindía de él (de iso non comentou nada). Tamén dixo que xa conseguira varios colaboradores para a nova directiva. Un paso atrás para coller impulso. A min váleme e ben se pode esperar un ano se se fai un equipo atractivo e de futuro. |
12 Jul 2021, 23:34 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Agora a Preferente Sur non a poden xogar por covid e falan de remate da competición. Ascensos a dedo? Desfeita da Federación Galega por empezar esa mini liga e perxudicar a quen traballou dez meses en precarias condicións con descensos salvaxes. |
10 Jul 2021, 09:48 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Se é verdade o que se dixo con respecto aos xogadores que dan un paso adiante e deciden quedarse en Preferente perdendo cartos, e todos temos en mente catro ou cinco, penso que se pode ver con bos ollos a nova tempada. Se a pandemia o permite, o ano que ven poden voltar a ser unha festa os partidos no Couto e fora se o equipo é competitivo. Non nos quedemos so coa tristura do descenso niste ano tan atípico no que a Federación se columpiou cunhas normas esaxeradas. |
07 Jul 2021, 20:53 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Algunha xente na asamblea do luns enfádase porque non escoitamos a proposta de un proxecto interesado no clube que é o mesmo que houbo sempre, é dicir, xestionar os cartos directos da entidade e os que obteñan como dirixentes. Iso xa o fan o Arenteiro, o Barco, o Puente ou o Verin. Sacas o Carnet e vas ao futbol e apandas co que hai. Iso non che garantiza, nin ascensos, nin bo futbol nin boa xestión. Pódeche ilusionar o mesmo que un proxecto popular, coa diferenza que, agora, nos decidimos como se gastan os cartos e con quen, sen por iso, poñer un euro mais. A min convenceme o tema e a quen non pode ver futbol de mais categoria co Arenteiro, co Puente ou na tele. Mentres haxa xente que se ilusione por comandar o futuro do equipo, eu apoio. |
07 Jul 2021, 14:59 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Como aficionado ao fútbol penso que en unha ou duas tempadas estará todo mais claro. A min o cambio estructural do fútbol semiprofesional gústame. Paréceme que a categoría mais irrelevante a futuro vai a ser a Segunda RFEF. Leín un artigo periodistico sobre iste tema e os clubes con estructura profesionalizada e con historia que compitan nesta categoría enfróntanse a unha liga pouco atractiva da que quererán sair canto antes. A Terceira quedase curta con 16 clubes pero creo que estará mais disputada e entretida. Todas estas reflexións as fago pensando no futuro do Ourense e que teñamos claro que hai que ter os pes no chan. Estando en Preferente para o ano hai que ser mais humildes e presumir diso ainda que nos quede un longo camiño. Mais importante que a billeteira é a estructura de clube. Os ascensos son bonitos pero a Segunda nova non vai a encher a xente . |
28 Jun 2021, 00:08 |
-19.58 |
2 |
1 |
+info
|
Supoño que nos contarán do que se falou no Concello o venres. A postura do alcalde xa sabemos cal era, fusión, faltanos por saber que pensa o clube neste verán tan importante para o futuro. |
26 Jun 2021, 18:58 |
-47.59 |
1 |
1 |
+info
|