Comentarios de Ourense15

Comentario Fecha Karma
Totalmente dacordo contigo berdian. Pareceume xenial o cambio de Presas por Joni, non porq Presas o fixese mal q para nada, senón porq necesitabamos atacar os seus 3 centrais con mais ca un xogador e eu creo q o equipo agradeceuno. O problema estivo cando o Arenteiro ia perdendo q estabamos partidos con 4 xogadores arriba e facia q eles chegaran facil á liña de tres cuartos. Entón aí chegou o cambio de Marquitos, pero o q entrou, Alfredo mantivo o sistema de 4 arriba, en vez de meter o futbol-control de Fonde ou mesmo o maior esforzo defensivo de Luis. A maiores, Alfredo saia de lesion polo q non está ao 100%. Tamen concordo contigo en q evidentemente a nosa idea ao mellor non nos daba nin para empatar, pero eu creo q houbo xente q non entendemos os cambios e estamos no dereito a expresarnos e dicir a nosa idea. E esa idea pasaba por repetir a do resto da tempada, a do control do partido e non facelo un ida e volta. Pero bueno, é un punto mais contra un rival directo pola salvacion q non nos recorta puntos e xa temos 32, asiq ben 16 Dic 2018, 22:51 213.07
Maniatados estivemos na primeira parte. Na segunda entre o show do colexiado e o do propio Arenteiro (sinto na alma ter q decilo) pois non demos continuidade ó grande inicio q tivemos á volta dos vestiarios. Indigno o arbitro para a categoria, pasota e mesmo lonxe das xogadas aparte de decisións q puidese tomar durante o partido. Do Ourense dicir q saimos mal parados en canto a tarxetas e sancions e q non creamos suficiente futbol. En canto o Arenteiro, espero q Gelucho consiga ganar o seu primeiro partido, porq oxala nos salvemos os dous con folgura. Iso si, q no dia de hoxe houbese unhas 15 lesions de xogadores verdes pois é irreal e sabeo calquera. En todo caso creo q o arbitro tiña q habelo parado a tempo e non deixar q unha especie de lesion parase 2 min o partido. Por certo, temos q mellorar defensivamente. Hoxe partimonos moito, e mesmo ganando seguimos cos dous extremos e dous puntas, o q favorecia a chegada do Arenteiro ao borde da nosa area. Hai q ser máis contundentes atras e iremos sumando. De momento 32🔝🔝 16 Dic 2018, 02:04 176.87
E logo a quen vos pretendía levar cara o Celtiga? A parte de Igor, claro 15 Dic 2018, 03:28 173.26
Os de Carballiño iran para onde queiran Nein jajajaja. O caso é q entradas de tribuna non hai moitas e podese encher obligandoos a ir a preferencia, pero dudo q pase eso ata ultimisima hora. 14 Dic 2018, 13:57 136.95
Si oh, si xa ten 6 amarelas home creo JAJAJA. O Losada inventando😂😂 13 Dic 2018, 22:52 173.26
JonDillinger, eu creo q o mellor seria q viñerades ca camiseta verde do Arenteiro, quedaria mellor😉. Graciñas polas palabras sobre o Ponte e nós. E Verdegaio, home, esta claro, en Ourense a capital de provincia témola nós pero a capital ala polo mes de agosto é O Carballiño, ben dito jajaja. En canto ó tema deportivo, non recuperades a ningun dos lesionados? 13 Dic 2018, 10:15 209.31
Da provincia home jajaja. Era un falar. Vese q este ano non viu ó Ourense no Couto nin fotos nin videos, por iso o digo. Pero en definitiva, q si q está aberta a preferencia, espero q veñades os maximos posibles e recordade q no Ourense sempre teredes un clube e afección amigo, porq ver a Portela, Padrón ou Adil recorda ao CD Ourense! 12 Dic 2018, 23:15 173.26
Sempre abrimos a grada de Preferencia porq polo numero de socios fai falta, q na tribuna non quedarian entradas a venda e é obrigatorio deixar un minimo. Asique collemos de sobra jajaja. Forza_Arenteiro, vese q non vés moito pola capital😂😂 12 Dic 2018, 21:14 173.26
O partido por plantillas está igualado. Rui, Portela, Padron, Cassio, Adil, Noguerol inda q non estea, Mitogo, Hugo Sanmartin... ó Arenteiro non o imos descubrir agora. Partido IGUALADO, desde a bancada do Couto tentaremos q se desiguale para o noso lado, Ourense empurrará a favor do Ourense coma sempre! Se somos o equipo fiable q estamos sendo e non recibimos gol podemos levalo a ese ritmo q nos favorece. 1-0! 10 Dic 2018, 23:10 173.26
2/3 da salvación Berdian😉😉. Xa teriamos sobre dous terzos, q sencillamente, seria a hostia💪🏻 07 Dic 2018, 20:20 266.67
Partido importante en Redondela ca baixa, agora si, de Vieytes na defensa. Si somos o equipo q amosamos ser co Boiro e co Ponte estaremos cerca de puntuar nun campo no q so o fixeron dous equipos de sete que o visitaron, e apenas arañaron un punto. Asiq a receita, a de sempre, fortes atras, sen regalar nada e co noso futbol intentar crear algo arriba nun campo mais pequeno ca o noso. Importante coma sempre que vaiamos moitos a Redondela, q só esta a 1 hora de Ourense!!! Vamos! 07 Dic 2018, 19:59 266.67
Monopolizamos a posesión. Contra 11 e contra 10. Empurramos, atacamos por dentro, a balons parados, en balons as costas dos laterais con Joni ou Arce... fumos un señor equipo. O rival adicouse a resistir segun a sua maneira de ler o q lle estaba a pasar. Xogamos ben ó futbol e sumamos outro punto mais q nos permite xa chegar a 30, o cal para unha primeira volta é MAGNÍFICO. Gran esforzo dos nosos, q agora seguro van batallar por todo en Redondela. Por certo, extraordinaria resposta do publico nun mal dia e mala hora de futbol (ponte, solo 45 min, matanzas, pola mañá, tema entradas...) e logramos abarrotar a nosa tribuna a parte dunha maneira moi activa, berrando e empuxando cada balón e en cada disputa. ORGULLO! 06 Dic 2018, 21:05 92.19
Recén ascendido, 15 xogadores que o ano pasado disputaron a Preferente, 13 xornadas: 26 puntos. Esa é a realidade do noso equipo. Hoxe volveu competir ata o 90 q nos meteron o segundo. Esa é a mentalidade. Eu veño contento, porque si se resume, fixo falta un terzo do campionato para que nos ganasen e con eso xa me chega. GRACIAS OURENSE! Por suposto, noraboa ó Barco pola vitoria, ainda que siga a discrepar no prezo das entradas. En terceira non merecemos pagar 15€. NINGUÉN. 25 Nov 2018, 21:56 158.53
Non é a nosa filosofia. Si eu me queixo de q me cobren 15€ a solución non é cobrarlles 18 no Couto e "q se jodan" porq os afeccionados, q somos os q sostemos aos equipos destes niveis, somos os q o acabamos pagando. O problema son os que poñen ese tipo de prezos 20 Nov 2018, 22:53 202.88
Home, club amigo non sei, nunca nos enfrentamos jajaja. E como boa presentación un precioso dia do clube a 15€. A ver si segue a racha. Forza Ou!! 20 Nov 2018, 18:24 202.88
Tal cual Ourensanista69. Son un equipo cun bo porteiro, un central moi veterano como é Alberto Garcia, un medio do campo de moita tecnica, de ter balon e despois conta con velocidade arriba, como a Benja ou Pedro. Por iso, creo q debemos ir a morte á grada, porq o rival ten potencial de sobra para armarlla a calquera. Recordade q non é o equipo q mais perde senón q araña moitos empates, o q demostra q inferiores non son 16 Nov 2018, 11:00 232.90
Pois será q teño a Curras moi metido na cabeza. Pero eu creo q si xogamos a morte imos facer unha temporada moi digna. Si quedamos de 12° ben, de 9° ben e si xa quedamos no top 8 seria a hostia. Pero polo menos hai q matarse a traballar con pasión e a min polo menos eso xa me chega. Porq si xogas ao 100% e perdes pois é porq o rival é mellor (hai bastantes na categoria) e xa esta, sen mais. Eso temos q sabelo e a partir de ahi crecer, q Ourense merece q o loitemos!! 14 Nov 2018, 23:59 175.89
Eu é o q vexo. Estamos ao 100% en todos os partidos e ainda asi en bastantes empatamos. O dia q baixemos un chisco imos perder e ben perdido, mentres tanto imos competir ata onde cheguemos q era o noso obxectivo. Competir=Salvacion 14 Nov 2018, 23:25 175.89
Non pode resultar enganosa. É enganosa. Non hai esa diferencia de q levemos o triple de puntos ca eles. O partido parte de moita mais igualdade do q parece. Se estamos ao 90% perdemos. Hai q estar ao 100% 14 Nov 2018, 23:22 175.89
O partido do Porriño é tan difícil coma o do Bergantiños. Nós somos 15 de preferente do ano pasado e eles todos menos 3 fichaxes. Ademais, xa nos ganaron o ano pasado 0-1. Asiq hai q meter ritmo e quitarlles o balon, q senon nos farán un traxe q teñen calidade de sobra, o seu problema, o fisico (dixoo o seu mister). Ademais, non perdeu moitos partidos. Logrou empatarlle a media liga 14 Nov 2018, 23:14 175.89