Comentarios de Ourensanista69

Comentario Fecha Karma
Correcto, Gondo, suspéndese a Preferente e as ligas de fútbol base que ían empezar o día 7. 19 Ene 2021, 11:58 68.19
11:37 Deporte federado. El conselleiro aclara que otra de las líneas de actuación es la situación del deporte federado, que hasta ahora funcionaba pero a la vista de la situación actual se ha decidido que las competiciones se suspendan y los entrenamientos sean individuales o máximo de 4 personas y se adapten al cierre perimetral y al toque de queda.De momento se mantiene activa la competición estatal, tanto en competición como entrenamiento, con excepción de toque de queda y cierre perimetral, pero solo en el ámbito estatal. 19 Ene 2021, 11:56 68.19
Coa que vai caer as vindeiras semanas é incrible que pretendan empezar a Prefrente o 31. 15 Ene 2021, 11:01 100.53
Ourensejaps, coincido co que dis e co teu comentario do domingo repecto do partido co Alondras. 13 Ene 2021, 20:39 100.40
Celeste.., nin o City nin o Celta.., pois si que tedes billetes por Moaña :-) 13 Ene 2021, 20:37 100.40
Bale e Isco? Si oh, e quitarllos de enriba ao Madrid, que apande con eles :-) 13 Ene 2021, 13:09 100.40
Vou por partes. Non sei se o fondo ten futuro ou non, o que dixen é que dicir que non se sabe o que ocorre con el non é correcto. Eu non o eliminaría, primeiro porque non se pode agás que se modifiquen os estatutos, e segundo porque se a viabilidade económica vai depender dunha cantidade tan pequena.., mal asunto. Convocar asembleas nesta situación é complicado, por distancias o único sitio parece ser o auditorio, e non nolo poden ceder de balde agás que se trate algún tema referido ao Concello, como nas dúas últimas, na primeira para debater sobre a fusión, e na segunda para “reflexionar sobre a fusión”. Supoño que en breve convocarán asemblea, non sei se poderán facer algo para que poida ser no auditorio, senón a min só se me ocorre a bancada do Couto. Tema económico. Polo que sei aínda había o mes pasado cobros pendentes, polo que aínda non podían pechar as contas, supoño que o poderán facer este mes ou o vindeiro e que despois intentarán convocar a asemblea. Carné Dragón. É certo que inicialmente barallaron esa opción, pero non se aprobou, polo menos a min ninguén me dixo que entraría de balde ao ampliar aforo, e tamén saquei o Dragón. O de ir buscala, nos dous últimos partidos eu saqueina por internet, é moi doado e faise nun minuto, chega un código QR ao email e con ensinalo no móbil na entrada xa está. Non sei se o club perigaría en caso de descenso, pero penso que vai ser mellor non ter que averigualo, por se acaso… 13 Ene 2021, 13:08 100.40
Ourensejaps, de verdade que non é por andar a corrixirte, pero o de que non sabemos nada do fondo non é así. O fondo non se pode usar para gastos sen autorización dos socios, e hai un par de tempadas o que se aprobou en asemblea foi que se usara temporalmente como recurso de tesourería. Hai determinados cobros que tardan en chegar e o que se aprobou foi que se usara e despois se repuxera. Por outra banda creo lembrar que eran uns 28.000 €, para facerlle unha oferta en xuño a Messi creo que non nos vai dar. 12 Ene 2021, 23:36 100.40
Ourensejaps, estás equivocado, como di Paco_Mentarista arrástranse todos os resultados. "Los clubes que se clasifiquen en los tres primeros puestos de los 36 subgrupos accederán a la Segunda Fase para Segunda División RFEF, los clasificados en los puestos del cuarto al sexto accederán a la Segunda Fase por la Fase Final para Segunda División RFEF / Play Off de Ascenso a Segunda División RFEF y los clasificados del séptimo al último lugar accederán a la Segunda Fase por la Permanencia en Tercera División RFEF. Los puntos obtenidos, así como los goles, tanto a favor como en contra, se arrastrarán a la siguiente fase, comenzado cada equipo su fase específica con los puntos y goles obtenidos en la Primera Fase. En los grupos de 21 y 23 equipos, se calculará el coeficiente, siendo este mismo el que se arrastre a las fases específicas." Se alguén quere ver todo o tema do sistema de competición en 3ª e 2ªB pode facelo neste enlace: https://www.rfef.es/noticias/segunda-division-b-y-tercera-division-ya-tienen-sus-bases-competicion-nueva-temporada 12 Ene 2021, 17:53 100.36
Polo que lin na reforma prevista non se vai tocar o céspede, si as bancadas e a zona de oficinas para ampliala e darlle máis espazos á Ponte (agardemos que tamén nos toque algo). Creo que o investimento total ía andar polos dous millóns, están orzamentados uns 700.000 para o 2021, co que o resto sería en anos vindeiros. En realidade o que se precisaba é facer un novo no mesmo sitio, como se fixo en Pasarón, na drenaxe non se debeu tocar nos últimos 30 ou 35 anos, consecuencia?, o peor campo con diferenza das capitais galegas e o único que non tivo reforma integral ou se construiu de novo. É o que hai. Coinicido con Don Pesule, cos rebrotes que se intúen para xaneiro teño dúbidas de que empece a Preferente nese mes, eu apostaría máis por marzo, o que ocorre é que iso non significa que non vaia haber descensos, poden empezar máis tarde, ou pode que haxa descensos igualmente, a idea da Federación é ir nas vindeiras tempadas cara grupos de 16 tanto na Terceira como nas dúas Segundas B. 17 Dic 2020, 02:01 66.24
3-0 15 Dic 2020, 23:08 66.24
0-1 09 Dic 2020, 10:17 65.34
https://youtu.be/nhMWIBqCiA0?fbclid=IwAR2WO3kh5bAQFfgzCtGZMJWJo5AVPcxkc50dujsBgHFsuDunKjugwa83k5M 08 Dic 2020, 16:20 65.34
Si, pola canle de Youtube do Ourense 08 Dic 2020, 14:03 65.34
2-0 07 Dic 2020, 20:04 65.34
golfinho, nas redes do Ourense publicaron o seguinte: Aviso | As autoridades sanitarias permiten a entrada, para o Ourense-Choco, de 1.000 persoas. Polo tanto, ábrese a venda de entradas para todo o público. Especificacións: ◽️ Tribuna: Só para socios/abonados (4€). ▫️ Preferencia: Socios/abonados (2€); Público xeral (10€). 👉 Obrigatorio presentar carné de abonado 2020/2021. 👉 Estadio de O Couto de 17:30 a 20:30 horas. 07 Dic 2020, 10:40 65.34
agmo70, este club e este modelo teñen unhas limitacións evidentes, que son máis ou menos as que enumeras nalgunhas das preguntas que fas, pero entón imos chamarlle ás cousas polo seu nome. A alternativa non pode ser facer un proxecto ambicioso cuns cartos que nin hai nin vai haber, senón un cambio de modelo. Pois vale, haberá uns socios a favor e outros en contra, pero é un plan válido e que se pode levar a unha asemblea. Agora ben, pretender facer un proxecto con aspiracións claras de ascenso cos ingresos deste ano é ciencia ficción, e criticalo paréceme inxusto. Unha das cousas que preguntas é se non hai cartos para estar máis arriba, pois apostaría a que non, chega con facer un cálculo rápido do que se pode estar ingresando por abonos e taquillas par ver a diferenza respecto tanto do ano pasado como do orzamentado para esta tempada. Nas outras preguntas que fas coincido, pero o problema é que este modelo ten limitacións, outra cousa é cambiar o modelo, que, efectivamente, se se quere aspirar a algo máis é a alternativa. Por outra banda non sei se será moi doado atopar moitos inversores interesados, dígoo pola experiencia de hai pouco máis dun ano e polos veciños, que cando foi o da hipotética fusión falaban de que tiñan inversores e aí seguen. 06 Dic 2020, 10:24 86.13
Só unha pregunta para os que comentades a necesidade de facer un proxecto que aspire ao ascenso, con que cartos? En Unionistas pasaron este ano de 2.200 a 2.500 abonados, e non poden ir, de momento, ao fútbol. O prezo do abono mantívérono en 140 €, e non só iso, algo máis de 500 abonados fixéronse colaboradores pro, que significa pagar 240 € pola tempada. Aquí o abono baixou de 90 € a 40 € e o número de abonados , polo que vin en redes hai un par de semanas, baixou á metade. Igual este ano tocaba axudar un pouco máis e criticar un pouco menos, pero a afección que temos é a que hai. Repito a pregunta, de onde saen os cartos para ese proxecto? Se tedes algunha idea non é necesario que me contestedes, seguro que na directiva volo agradecen. 06 Dic 2020, 08:15 65.34
1-0 22 Nov 2020, 23:45 64.11
0-1 18 Nov 2020, 10:09 64.11