Comentarios de Ourensanista69

Comentario Fecha Karma
2-0 08 Feb 2021, 10:04 70.37
E Champi debería mirarse o de autoexpulsarse por protestar, xa é a segunda vez. 07 Feb 2021, 15:30 105.73
Partido igualado que debería ter sido un 0-0. Difícil saber se foi ou non penalti sen prismáticos, en calquera caso xa foi, era importante ganar ou polo menos puntuar, non puido ser e agora toca sumar os tres puntos ante o Ribadumia. 07 Feb 2021, 15:28 105.73
https://www.youtube.com/watch?app=desktop&v=X47Wsglmq5k 07 Feb 2021, 12:15 69.25
Está anunciado un carrusel da Terceira para mañá pola tarde pero ningún partido en concreto. De momento só os da segunda b, o Coruxo - Dépor pola mañá e o do Rácing pola tarde. 06 Feb 2021, 23:11 69.25
Botan o partido mañá ás 12 pola canle de YouTube do Rápido de Bouzas. 06 Feb 2021, 13:01 69.25
Coas experiencias que xa levamos en últimos minutos de partidos, e pola importancia dos tres puntois, supoño que se manterá a tensión ata subir ao autobús para volver. 06 Feb 2021, 11:05 69.25
Coincido, penso que é un partido chave para os dous equipos. Unha vitoria sería importantísima para os nosos intereses. Vou apostar pola seguridade defensiva pero sufrindo ata o final, 0-1. 01 Feb 2021, 16:44 69.25
Importante vitoria que debe aportar tranquilidade e confianza nas vindeiras xornadas. Bo inicio de partido con ocasións claras desaproveitadas. Despos do 1-0 perdemos algo o control do partido. No segundo tempo volvemos a saír ben, e sen facer un gran partido, tivemos a eficacia que nos leva faltado case toda a tempada. 31 Ene 2021, 20:43 101.94
O campo de adestramento é un avance importante, por comodidade e facilidade de traballo, tamén supón un aforro importante, pero sen esquecer que tamén hai que pagar por el. De subvención municipal recibimos pouco máis que o Lemos do concello de Monforte, e están en primeira rexional. Dígoo por contextualizar. A publicidade non sei como está indo, pero xa veremos a fin de tempada a que se cobra e a que non, son tempos complicados para case todas as empresas, e non creo que sexa o momento de esixirlles nada, máis que colaboren na medida que poidan, neste tempo que se manteña a publicidade non significa que se vaia a cobrar na súa totalidade, cando moitas delas non saben como vai vir o ano. De socios vaise facer menos da metade que a tempada pasada, e iso que non hai queixa, máis de 1.000 abonados. Das taquillas mellor nin falar, máis o que supón tamén de perda en rifas e bar. En serio aínda pensamos que a diferenza no número de socios nos fai máis potentes economicamente? Acaso o Somozas se mantén cos 200 que van ao campo?, non creo que dean nin para pagarlle a Pablo Rey, ou o Bergantiños?, ou os outros tres da provincia? Imos a contracorrente, e iso ten unhas vantaxes (non depender de terceiros) e uns problemas (non ter os cartos deses terceiros). Eu non creo que falle nada, simplemente hai dous modelos posíbeis, se acaso o que falla é que non somos os suficientes para que este modelo sexa competitivo. No que estamos temos unhas limitacións económicas evidentes que se traducen en limitacións deportivas, que só se poden solucionar se saen xogadores da canteira. O que está claro é que non hai a suficiente masa social que faga o desembolso económico necesario para ter un equipo con aspiracións importantes (2ª B pro), e nunha situación como esta de pandemia, na que se reducen os ingresos ordinarios, posiblemente sexamos o club máis prexudicado. Por outra banda se queremos aspirar a bastante máis vai ter que vir alguén que poña os cartos necesarios, a cambio, evidentemente, de perder o control sobre o club. É un debate que se leva adiado e que máis cedo que tarde haberá que ter. Cada modelo ten as súas vantaxes e as súas contras, e se chega o momento cada un dos socios votaremos que preferimos. 31 Ene 2021, 12:15 101.94
Pesule, tamén penso que imos tardar en poder ir ao campo, polo menos coas cifras que temos na capital non creo que poidamos ir no que resta de primeira fase, e despois xa veremos. Agardo que nos equivoquemos, volver ao campo significaría que a pandemia evolucionou moi positivamente. 31 Ene 2021, 11:54 101.94
Por ver tamén a parte positiva, os rapaces novos están acumulando experiencia e poden ser a base do equipo en vindeiras tempadas, dous deles xa están consolidados como titulares, Dani e Migui. 31 Ene 2021, 11:53 101.94
Agora veñen tres partidos importantes, no medio a clasificación está moi igualada e ten pinta de que vai seguir igual ata o final. Despois da derrota contra o Alondras os puntos de mañá son básicos, tanto pola moral do grupo como por seguir na pelexa da sexta posición. 31 Ene 2021, 00:09 101.94
Coincido coa opinión de Ourensejaps, creo que se nota que temos un plantel moi xustiño, ademais nesta situación e con cinco cambios é moi importante ter fondo de armario, aínda así creo que é o ano que mellor estamos xogando ao fútbol como conxunto. Entre que posiblemente falten un par de xogadores determinantes e que tampouco andivemos sobrados de sorte, o caso é que temos menos puntos dos merecidos, e que cando o equipo non xoga ao máximo a realidade é que non nos dá para ganar e facemos un partido como contra o Alondras. Incluso xogando ao máximo do noso nivel o día do Choco empatamos. É o que hai, no económico dependemos case en exclusiva do que xeneramos, mentres que outros equipos non dependen da súa afección para ter un equipo competitivo, a proba está nestes días, peche de campos e de ingresos, e sen embargo bastantes equipos reforzáronse con xogadores de fóra de Galicia, dende o Arousa ao Barco pasando polo Estradense. É o que hai e non vale laiarse, e se se quere outra cousa hai que cambiar de modelo. Mentres tanto o que toca é axudar no que se poida, como ben din Ourensejaps e Pesule, porque o de animar no campo aínda vai tardar un chisco. 31 Ene 2021, 00:04 101.94
Hoxe vén no Faro que no Alondras hai dous contaxios novos, en total catro. Contan con poder empezar os adestramentos para a semana. Adianteime ao corresponsal no Morrazo :-) 27 Ene 2021, 12:24 101.79
Polo que vin en prensa o de parar as competicións estatais depende do goberno central, supoño que vía CSD, e parece ser que a idea ao principio da tempada era que non se parasen. Particularmente paréceme un disparate que se xogue a Terceira sen público, para min non ten sentido, e moito menos cunha competición na que se adían máis partidos dos que se xogan. O normal sería suspender a competición ata que o público poida volver aos campos, aínda que fose coas restricións actuais, pero claro, que se actúe cun certo sentido común semella que é moto pedir. 25 Ene 2021, 21:56 101.71
Na web da Federación Galega aparece o partido como adiado. 21 Ene 2021, 22:56 100.55
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2021/01/21/federacion-espanola-descarta-suspender-competiciones/00031611231719574104798.htm 21 Ene 2021, 16:24 100.55
Todo o tema de corentena, probas e demais depende de Sanidade. O máis normal é que se todas as probas dan ben se suspenda o partido (cúmprese a corentena) e autoricen os adestramentos para a semana vindeira. Isto último é opinión miña, non é información. 21 Ene 2021, 16:11 100.55
El Barco-UD Ourense, en riesgo El encuentro está pendiente de aplazamiento - Sí se disputarán el Arenteiro-Choco y el CF Ourense- Arousa L.G Ourense | 21·01·21 | 04:02 La provincia de Ourense, en lo que a tercera división se refiere, ha sido especialmente afectada en esta tercera ola epidemiológica. Los estragos se han hecho notar con las distintas suspensiones y los partidos en duda a los que se añade uno más, el de este domingo, CD Barco-UD Ourense. Los unionistas se desplazarían a Calabagueiros por calendario deportivo, no obstante, sobre la jornada vuela la posibilidad de la suspensión a falta de la confirmación de la Federación. Se detectaron dos positivos en la plantilla ourensana y se detuvieron los entrenamientos, así que los jugadores que dieron negativo tienen que pasar una nueva PCR. Están citados para hoy mañana y pasado por lo que el tiempo de cuarentena finaliza el propio día 24 y apunta a un aplazamiento. Tampoco jugó el pasado domingo el Ourense CF aunque en su caso, no porque contasen con ningún problema relacionado con el coronavirus directamente, sino porque su enfrentamiento era contra el Arenteiro que si tenía la plantilla afectada. Este domingo retoman el campo de O Couto y lo hacen frente al Arousa que también ha visto sus dos últimos partidos aplazados. Los carballiñeses llevan dos semanas sin poder reactivar sus entrenamientos a causa de que 10 miembros de la plantilla fueron positivos. Desde ayer han vuelto paulatinamente a la normalidad y, si todo transcurre así, el domingo se enfrentarán al Choco de Redondela, aunque aún sin decidir el campo puesto que el Espiñedo no se encuentra en buen estado. 21 Ene 2021, 11:44 100.55