Agardemos ter algo máis de sorte que na ida no Couto, que non ganaramos aquel partido.., ver para crer... |
13 Mar 2021, 09:01 |
72.52 |
1 |
0 |
+info
|
A visita certamente é complicada, pero non é intre de pensar en tal ou cal rival. Quedan 3 xornadas desta fase e non queda outra que competir cada partido ao máximo.
|
10 Mar 2021, 11:12 |
72.52 |
1 |
0 |
+info
|
0-1, nalgún partido terá que cambiar a racha. |
09 Mar 2021, 12:10 |
72.52 |
1 |
0 |
+info
|
Onte o único que vin en prensa era que non había roturas, no caso de Tiago foi unha luxación pero había que ver se había algo afectado.
O único cartón que se podería recorrer é a de Hugo, pero creo que algunha vez se fixo con algunha acción que se vía clara na tv e nin caso. É Terceira, acta e punto. Ata a punta do ataque a aliñación sae, o que xa non sei é a quen inventaremos de 9. E efectivamente no banco xuvenís, como ben dis, a por todas!!! Non queda outra!!! Son tres puntos moi importantes para os dous equipos. |
04 Mar 2021, 09:47 |
72.52 |
1 |
0 |
+info
|
1-1 |
03 Mar 2021, 21:03 |
72.52 |
1 |
0 |
+info
|
0-0 |
03 Mar 2021, 21:02 |
72.52 |
1 |
0 |
+info
|
1-1 |
03 Mar 2021, 21:02 |
72.52 |
1 |
0 |
+info
|
1-0 |
03 Mar 2021, 21:02 |
72.52 |
1 |
0 |
+info
|
Eu vou apostar por un 2-0.
Sábese algo dos mancados? |
03 Mar 2021, 21:00 |
72.52 |
1 |
0 |
+info
|
JonDillinger, efectivamente dá voltas e non se sabe moi ben a que se refire, eu mesmo non o sei, supoño que terá que ver co que pasou cara ao final do partido con xente que estaba na bancada, pero é unha suposición. Pero unha cousa é cualificar a alguén de falabarato e outra insultar, ou non é diferente?, para min hai bastante diferenza.
Pesule, eu non comparto esa opinión respecto do campo, xa temos xogado en campos aínda máis pequenos e en peor estado, deses non que podes lesionarte só por pisar no sitio equivocado. Para min o estado do céspede é moito máis determinante, nalgún partido no Couto pareceume incrible que non se lesionase ninguén na zona de banquillos, pisaban os xogadores e fundíaselles o pé.
Paco_Mentarista, tranquilo, agradézoche a preocupación por ata onde chegaremos ou ata onde non. Pola miña parte non me preocupa o máis mínimo que ascendades, todo o contrario, eu tamén vos vin xogar no Couto en Segunda B, así que non vai ser a primeira vez que cheguedes á categoría, e a diferenza doutros equipos vós tedes historia e sempre tivestes unha gran afección detrás. Reláxate un pouco, podes facer as mesmas críticas pero con outras formas. |
01 Mar 2021, 16:26 |
114.90 |
2 |
0 |
+info
|
Paco_Mentarista, eu non escoitei nin a Radio Galega nin Palcouvip, pero si escoitei á noite as declaracións de Fernando Currás, e poderán gustarche ou non, e estar en total desacordo, pero non lle chama a ninguén becerro, nin animal nin besta, e tampouco ameaza a ninguén. Non che gustán?, perfecto, critícaas todo o que queiras, pero se pensas que por insultar levas máis razón vives moi equivocado. |
01 Mar 2021, 15:40 |
88.89 |
2 |
1 |
+info
|
Coincido con Pesule, non é tempo de laiarse porque non serve de nada, pero se falamos das cousas haberá que chamarlle polo seu nome, e as lesións son por unhas determinadas entradas de xogadores do Arenteiro que teñen que ser delimitadas (ou non) polo árbitro. O de onte decicidiu que as dúas de Álex no primeiro tempo, máis outra no segundo curtando unha contra non eran merecedoras de cartón, mentres que, por exemplo, unha similar de Viti cortando unha contra si que o era, por non falar da de Hugo ao final. Pois é que o hai, pero non lle botemos a culpa ao céspede, xa nos gustaría que o Couto estivese a metade de ben, e a bo seguro que no Carballiño opinan o mesmo respecto de Espiñedo.
Agardemos que o de Amin e Taiago non sexa para moito tempo, polo demais, é probable que teñamos sete baixas entre unhas cousa e outras, pero seguro que sacamos once a xogar, e se no banco hai que levar xuvenís pois lévanse. Xa só quedan catro partidos e hai que disputalos a tope cos que estean dispoñíbeis.
|
01 Mar 2021, 15:38 |
30.08 |
1 |
1 |
+info
|
E que ten que ver o campo nas lesións? Prodúcense porque varios xogadores do Arenteiro entraron a destempo ao longo do partido. Na de Amin, Alex Fdez chega tarde, písao e seguramente se lle xiraría o xeonllo, pódese ver nas imaxes da galega. E sorte tivemos, no segundo tempo houbo outras dúas entradas similares de Eimil e Sylla que puideron lesionar a Varo e a non sei quen máis. Igual hai que darlles as grazas. O campo é pequeno pero o céspede está en perfecto estado, onde é máis doado lesionarse é no lameiro do Couto e supoño que no de Espiñedo.
Sobre esas agresións. Non estiven no campo así que nin idea, pero é raro que estando o público xusto enfronte das cámaras, e sendo antes do descanso, non recollesen nada. Tampouco a prensa, polo menos a Voz e o Faro.
Dito todo isto, sorte ao Arenteiro no que resta de Liga, a vantaxe sobre Arousa e Somozas emepeza a ser xeitosa. Quen chegue con 6 puntos de marxe á segunda fase vai ser moi difícil que llos recurten. |
01 Mar 2021, 13:30 |
295.83 |
3 |
0 |
+info
|
O Alondras solicitou o adiamento do partido do domingo no Couto, non sei se llo concederon, de ser así tería catro mércores antes da última xornada para recuperar tres partidos. Moita marxe non vai ter. |
22 Feb 2021, 23:04 |
113.73 |
2 |
0 |
+info
|
Incrible que vaiamos palmando 2-0 no descanso. |
21 Feb 2021, 18:15 |
112.32 |
2 |
0 |
+info
|
Varo titular e Charly na convocatoria. Ao final as baixas son Amin e Isi. |
21 Feb 2021, 16:38 |
71.49 |
1 |
0 |
+info
|
Vieytes non puido ir por tema laboral, Charly tampouco porque andaba con molestias e supoño que será baixa, e saíron mancados Isi e Varo, pero non sei o alcance. Outra baixa segura é a de Amin, polo cartón vermello.
Don Limpio seguro que segue, recorrerá a sentenza e ao non ser un cargo político ninguén lle vai esixir a dimisión. |
20 Feb 2021, 10:09 |
71.49 |
1 |
0 |
+info
|
De momento non se ten posto a ningún equpo en corentena por positivo do rival no partido anterior, considérase que durante o partido o contacto entre os xogadores non é continuado e as probabilidades de contaxio son poucas. Polo menos esa é a teoría. De igual maneira nun positivo na "vida civil" considérase contacto de risco se se estivo con esa persoa un mínimo de 15 minutos de xeito continuado. En resumo, entendo que o Arenteiro non vai ter que gardar corentena, |
15 Feb 2021, 23:34 |
110.88 |
2 |
0 |
+info
|
Partido serio e tres puntos moi importantes. Agora toca rascar algo fóra nas tres saídas consecutivas que temos. |
13 Feb 2021, 20:55 |
70.37 |
1 |
0 |
+info
|
Outro partido clave e tres puntos importantísimos. Como ben di Ourense 15, na ida puido ganar calquera, de feito prefiro non lembrar todo o que fallamos, cantei tres goles que vin dentro e que ao final non foron porque as mandamos fóra, incluída a última xogada do partido. |
08 Feb 2021, 16:27 |
70.37 |
1 |
0 |
+info
|