Comentarios de Ourensanista69

Comentario Fecha Karma
Pesule, penso que sobre Rompetechos hai máis xente que opina igual, incluso entre os que se benefician (ou aspiran a beneficiarse) do "réxime". Vou dicir unha cousa que vai estrañar, pero é o que penso, e dígoo estando no pleno exercicio das miñas facultades mentais, sexan as que sexan. Destes tres anos na Terceira o equipo que máis me gusta é o deste ano, obviamente non os resultados. Por que?, pois primeiro porque é o que sinto que máis me representa como afeccionado de Ourense (incorporacións de xente moi nova da casa), e segundo porque agás tres partidos considero que o equipo competiu ben, non foi inferior aos rivais e mereceu sumar máis puntos. Bótase de menos algún xogador de garantías a maiores?, pois si, e non digamos agora coas baixas, pero penso que, sendo un plantel de nivel inferior ao das dúas tempadas anteriores, competiu máis partidos preto do seu límite, e para min iso ten valor, outra cousa é que o seu límite é o que é. Respecto ao modelo. Non creo que haxa un modelo mellor que outro, hai preferencias, uns podemos preferir un equipo da casa aínda que compita nestas categorías, e outros poden preferir un equipo con xente de fóra, cun propietario e sen control sobre el a cambio de que poida aspirar a outras categorías. As dúas opcións véxoas igual de válidas, é cuestión do que prefira cada un de nós. O que si estaría ben é que foramos conscientes do que significa cada modelo, e no caso do fútbol popular tradúcese na imposibilidade de chegar a fútbol profesional, e moi probablemente tamén á 1ª RFEF. A partires de aí oxalá poidamos decidir, porque un modelo depende de que haxa inversor e o outro de que continúe esta directiva ou apareza relevo, e hai dous anos xa se viu o relevo que había. E remato con Unionistas. Este ano teñen unha opción polo formato da competición, e aínda así non creo que cheguen a fútbol profesional, estiveron de líderes destacados e ao final clasificáronse por un punto. Un grandísimo logro, non lle quero quitar ningún mérito, pero nunha liga a 38 xornadas dubido moito que se tivesen clasificado. A proba de que nin eles debían contar con isto é que inauguraron campo propio (pagado polo Concello) de herba artificial e que ten capacidade creo lembrar que para 4.500 espectadores, ningunha destas dúas características é válida para fútbol profesional. E o único campo de herba natural é o Helmántico, que é propiedade dun dos donos do Salamanca, e que polo tanto non poderían utilizar en caso de ascenso. Só un dato máis, nos últimos anos só ascendeu a 2ª A un equipo cun orzamento inferior aos 2.000.000, e tiña 1.800.000… Se alguén sabe de onde se poden sacar sen que os poña alguén, que avise. 05 Abr 2021, 10:42 124.63
Agmo70, non creo que se fixese nada mal, cando elaboraron os estatutos a idea era difcultar o máis posible que se repetise o de C.D. Ourense, e nese senso son impecábeis, non sei quen os redactou, pero eu vin os de outros equipos de fútbol popular (Xerez, Unionistas e Ciudad de Murcia) e podo asegurarche que os nosos son os mellores. O que é imposible é coñecer o futuro, dende entón houbo cambios no fútbol, o fundamental é que chegaron máis cartos á 2ª A, co que na 2ª B pasou a haber orzamentos altísimos en equipos con propietarios que poñen moita pasta,. Cando desaparece o Ourense o plantel e o orzamento eran para pelexar polo ascenso, hoxe en día ese mesmo orzamento daría para pelexar pola permanencia, e grazas. En calquera caso, os estatutos poden cambiarse, é precisa unha maioría moi reforzada, pero si se poden cambiar. 03 Abr 2021, 13:08 123.48
Pesule, estou con agmo70, hai uns cen motivos polo que é inviable a unión coa Ponte. Vou obviar 98 e vou citar só dous. Quen se fai cargo dos 650.000 € de débeda ata a pasada tempada máis a xenerada esta? Que nos aporta a unión?, público e ingresos por esa vía dende logo que non, ingresos das institucións?, a cambio do control político do club? Eu antes son partidario de prenderlle lume, así de claro, antes de volver a ter unha U.D. Rompetechos prefiro que non haxa club, supoño que moita xente non pensará igual, pero esa é a miña opinión. 03 Abr 2021, 13:06 123.48
Para a conversión en SAD hai un ano, hai que formalizala antes de rematar a primeira tempada en fútbol profesional. 03 Abr 2021, 12:40 123.48
Agardemos ir recuperando nas vindeiras xornadas a algúns dos lesionados, creo que pode ser clave para a nosa andaina na segunda fase. 03 Abr 2021, 12:38 123.48
Ourensejaps, Modesto é traballador do club e ten contrato laboral, está todo en orde. 03 Abr 2021, 12:11 123.48
Xa, pero non sei por que, pero teño a lixeira sensación de que non van querer 01 Abr 2021, 11:34 75.35
Agmo70, non hai problema en que disintas, para iso están os foros, para opinar, e no teu caso das bos argumentos. Non digo que non leves razón no que expós, o que digo é que a solución ao noso problema traeríalle problemas a un maior número de equipos. Que che parecería que tivésemos que xogar tres partidos seguidos fóra? Ademais, o único que se pode axustar no calendario é a orde de xogar na casa ou fóra, a orde dos rivais vén predeterminada por unha instrución da federación española, o primeiro do grupo sur xoga contra os do norte na seguinte orde, 6º, 5º, 4º, 3º, 2º e 1º. O segundo, a Ponte, xoga contra 5º, 4º, 3º, 2º, 1º e 6º, e así sucesivamente. ë dicir, os rivais de cada xornada están definidos, e o único que se pode cambiar é xogar na casa ou fóra. Cando nos puxeron no primeiro calendario sen coincidir coa Ponte había equipos do norte con 3 partidos seguidos fóra e na casa, tanto na primeira como na segunda volta. E sinceramente, se eu fose algún deses equipos pareceríame que estou competindo en inferioridade de condicións. A Federación optou por prexudicarnos a nós e ao Ponte en lugar de facelo con varios equipos do norte. Gústame?, pois claro que non, ten todas as desvantaxes que acertadamente enumeras, pero non por iso deixo de entender o motivo. Igual podería arranxarse cambiando a orde de rivais, pero nese caso a responsabilidade é da federación española, que non o permite. Eu mirei o calendario, cambiando a orde de rivais non sei, pero sen cambiala no vin xeito de arranxalo e que fose satisfactorio para todos, e nese caso só queda elixir a quen prexudicas. Preferiría o primeiro calendario?, eu por suposto que si, pero entendo que no norte non o queiran. E respecto aos problemas que enumeras dicir que levas toda a razón, en todos e cada un deles. 31 Mar 2021, 23:00 75.35
De calquera xeito agora xa non debería chover demasiado, así que o campo debera aguantar. No ano de Preferente tamén coincidimos varios partidos coa Ponte cara o final da tempada. Eu case vexo máis problema en xogar antes que os rivais e que saiban o resultado, sobre todo nas últimas xornadas. 30 Mar 2021, 21:01 75.35
Tal como estaba o calendario, co Ourense xogando na casa cando o resto dos equipos do grupo sur xogasen fóra, había equipos do norte que tiñan tres partidos seguidos na casa (o Viveiro) e algún que tiña tres seguidos fóra (Fisterra), e na segunda volta ao revés. Iso non pode ser, igual poderían arranxar doutro xeito, pero sempre habería equipos do norte con dous partidos seguidos na casa ou fóra. É unha faena?, pois si, pero ten certa lóxica que se intente prexudicar ao menor número de equipos posible. 30 Mar 2021, 20:57 75.35
Si se explican, tal como estaba o calendario, co Ourense xogando na casa cando o resto dos equipos do grupo sur xogasen fóra, había equipos do norte que tiñan tres partidos seguidos na casa (o Viveiro) e algún que tiña tres seguidos fóra (Fisterra), e na segunda volta ao revés. Iso non pode ser, igual poderían arranxar doutro xeito, pero sempre habería equipos do norte con dous partidos seguidos na casa ou fóra. É unha faena?, pois si, pero ten certa lóxica que se intente prexudicar ao menor número de equipos posible. Na última xornada xogamos os dous fóra así que non vai haber problema para o horario unificado. 30 Mar 2021, 20:54 75.35
Grazas polos ánimos e sorte ao Estradense na segunda fase. Non hai posibilidade de reforzos, xa non se pode fichar na Terceira. 29 Mar 2021, 20:59 122.14
Non creo que haxa moitos goles no partido, os dous xóganse moito e calquera deles que cobre vantaxe vai procurar "gardar a roupa". 25 Mar 2021, 19:18 121.07
Deberías desexarlles sorte no foro do Ponte-Rápido, para que poida agradecercho a súa gran e numerosa afección. 25 Mar 2021, 16:31 121.07
Xa non se pode fichar na Terceira, onde si poden fichar é na Preferente. 25 Mar 2021, 14:45 121.07
Queda case igual, só que agora no Ponte - Rápido só nos vale que gane a Ponte, se empatan ou gana o Rápido quedamos fóra. o resto segue igual. 25 Mar 2021, 08:00 121.07
Opino igual, a análise de Ourensejaps é correcta e moi acertada. Supoño que nalgún momento haberá que falalo en asemblea. 24 Mar 2021, 18:01 121.07
Tómolle prestados a Jorge Paz os cálculos que fixo e publicou en Facebook. "A Quiniela para a salvación na última xornada da 1ª fase queda así: Estradense-Ourense 2 Arenteiro-Ribadumia 1X OCF-Rápido 1 Atios-Barco 1X Se o OCF perde co Alondras este mércores, entón engadimos outra opción ao OCF-Rápido, xa non sería necesario un "1", tamén valería un "2" Outra opción, que perda o Choco e gañe o Barco, pero non o Ribadumia...tamén nos vale." 24 Mar 2021, 09:04 74.26
Mintegui é baixa segura?, semellaba que reaparecería mañá. É unha baixa importante para eles. 20 Mar 2021, 15:58 73.71
As posibilidades de. meterse entre os seis primeiros son poucas, en calquera caso os tres puntos do domingo valen para as dúas cousas, para seguer con opcións na última xornada e para sumar tres puntos importantes de cara á segunda fase. Estaría ben ir recuperando xente, as baixas chegaron en moi mal momento. 17 Mar 2021, 12:41 28.66