Imos tirar de optimismo.
1-2 |
17 May 2021, 14:59 |
110.28 |
2 |
0 |
+info
|
Válido o modelo da Ponte?, con 650.000 € de débeda xenerados en tan só tres tempadas na 3ª? Por preguntar, que débeda sería válida para 2ªB ou 1ª RFEF? Só outro apuntamento, con ese modelo nós teriamos desaparecido hai dous anos.
E como di Pesule, a por outra vitoria, imprescindible despois da vitoria esta mañá do Arzúa.
3-1
|
16 May 2021, 15:23 |
81.07 |
1 |
0 |
+info
|
Do resto de resultados non hai queixa, incluíndo o empate do Barco, dese xeito hai un punto que se "perde", pero o fundamental é facer o noso, e iso pasa por ganarlle ao Estudiantil, ademais é pouco probable que na vindeira xornada teñamos resultados favorables noutros campos, así que vai ser máis importante se cabe amarrar eses tres puntos antes de ir a Viveiro. |
09 May 2021, 19:45 |
81.03 |
1 |
0 |
+info
|
Pesule, Migui leva unhas semanas con problemas de pubis, non sei cando estará para xogar. |
03 May 2021, 22:08 |
80.40 |
1 |
0 |
+info
|
Partido de moita disputa moi condicionado polas dimensións do campo e por un lixeiro vento. Por unha vez, e agardemos que sirva de precedente, non fixemos concesións atrás. O partido púxose de cara co penalti no minuto 1, no primeiro tempo, axudados polo vento a favor, non pasamos ningún apuro e dominamos o partido, tendo algunhas chegadas con perigo. No segundo tempo dominaron eles, o vento favoreceunos, pero só tiveron dúas ocasións en dous saques de esquina moi pechados que pegaron nos paus. Nós tivemos unha moi clara de Charli que se foi por pouco e acabamos por marcar o segundo nunha contra no 87. En resumo, estivemos serios e concentrados (todos os xogadores, sen excepción), e aproveitamos dúas ocasións, que é o que hai que facer nestes campos, normalmente soe pasarnos ao contrario. Moi bos puntos, máxime vendo o resto de resultados. |
02 May 2021, 21:12 |
79.29 |
1 |
0 |
+info
|
Eu tería preferido dous empates, sobre todo no Ribadumia - Arzúa.
E como viñemos a xogar e non vou perder ningunha mariscada, aí vai a miña porra. Barco, Ponte, Ribadumia e Ourense. |
25 Abr 2021, 14:55 |
78.73 |
1 |
0 |
+info
|
Vale, acepto o teu argumento, entón que máis dan os resultados de onte? Se nós non pasamos a ganar case todo o que fagan os demais tanto ten, precisariamos de que varios equipos non se presentasen a varios partidos para que ademais lles descontasen puntos :-)
Eu non son optimista nin pesimista, non dixen que vaiamos a ganar eses 7 partidos, o que dixen e digo é que, segundo as miñas contas, para que manteñamos a categoría temos que sumar sobre 21 puntos, que non ten pinta que o fagamos?, home, pois moita pinta non ten, máxime despois de peder en Santiago, pero se queremos a permanencia é o que hai. E imposible non é.
Particularmente penso que o Barco sálvase, a Ponte tamén aínda que non por moito, e que o Viveiro descende. Se nos adianta ao final da liga algún dos que empezou detrás penso que xa lle podemos ir dicindo a Fontebieita que nos vaia reservando en Moaña para xantar a vindeira tempada.
Fisterra, Se a dinámica de resultados en xeral é mala, e a de fóra pésima, a de fóra en campos de herba artificial é terrorífica, mete medo. En Fisterra imos ver un partido do estilo de Arzúa pero aínda máis esaxerado. Oxalá ganemos, pero xa che digo que eu nese campo non me xogaría nin un café pola nosa vitoria. |
25 Abr 2021, 12:19 |
78.73 |
1 |
0 |
+info
|
Pois vou discrepar con algúns de vós, coincido con Pesule. Os resultados de onte, aparte da contundencia, eran previsíbeis. E a estas alturas aínda non sabemos se son bos ou malos porque tampouco sabemos a quen temos que deixar por baixo. As diferenzas entre eles son mínimas, e se miramos os puntos que nos levan entón esta tarde xa non nos presentamos ao partido. Eu fago outras contas, que de momento penso que teñen que ser sobre os nosos partidos. O primeiro de todo é cambiar a dinámica, e iso pasa por ganar hoxe si ou si. Dos tres seguintes dous son na casa, e tamén vai haber que ganalos si ou si, e se sacamos algo en Fisterra mellor que mellor. Despois imos a Viveiro, e aí si que haberá que botar contas antes e despois do partido. Para salvarnos penso que imos ter que ganar 7, os 5 da casa (aí coincido en que temos que facer valer O Couto, o día do Viveiro fixémolo a medias, porque encaixando 3 goles por partido, e 2 deles xentileza nosa, vai dar igual o que fagan os demais), e os outros dous deberan ser As Pontes (campo de herba) e Viveiro (rival directo e un dos que imos temos que deixar por baixo, na miña opinión). E quedarían as saídas a Fisterra e Paiosaco para sumar ante algún pinchazo nos outros. Por que digo que un deles ten que ser o Viveiro?, porque imos ter que xogar contra eles, e se ganamos son tres puntos que sumamos nós, tres que non suman eles, e, golaverage ao noso favor. De calquera xeito o urxente é o de hoxe, sen un cambio nos nosos resultados o demais tanto ten. |
25 Abr 2021, 09:52 |
137.59 |
2 |
0 |
+info
|
Case que che vou coller a sorte para o mércores en Santiago contra o Estudiantil. Tal como está a clasificación, e sen Amin, Durán, Vieytes e Varo, non estamos para agardar ao domingo.
Do partido de onte dicir que foi un exercicio de impotencia. E por se fose pouco os rivais estanse facendo internacionais, terceiro partido consecutivo no que o 1-0 é un tiro dende fóra da área que vai pola escadra. |
19 Abr 2021, 08:48 |
131.19 |
2 |
0 |
+info
|
Pois vai haber que ir mercando unha bufanda... |
18 Abr 2021, 22:40 |
76.43 |
1 |
0 |
+info
|
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2021/04/15/sub-23-dinero-exigencias-poder-participar-futura-primera-rfef/00031618502932591317557.htm
As esixencias que van ter en dous e tres anos os equipos de 1ª RFEF. 18 fichas profesionais, perfecta iluminación artificial, herba natural, aforo mínimo de 4.000 e bancadas nos catro lados do campo. Ah!, e un aval mínimo de 200.000 € . |
15 Abr 2021, 20:37 |
76.43 |
1 |
0 |
+info
|
Despois do visto o sábado eu vou pór 2-3. E por certo, Iker Hurtado tamén é ex do CD Ourense, aínda que case non debeu xogar. |
13 Abr 2021, 18:11 |
156.00 |
3 |
0 |
+info
|
Penso que vai ser máis baixo que o de permanencia na actual 2ªB, aínda que vai depender de como se conforme o grupo. No actual grupo primeiro un orzamento de permanencia viña estando polos 800.000. Por exemplo Unionistas creo lembrar que tiña a pasada tempada 830.000, e o Guijuelo creo que se movía por aí. Vós xa tedes que ter este ano un orzamento interesante para Terceira. Non sei como quedará agora o reparto dos ingresos da Federación, pero en 2ªB creo que eran 70.000 máis. Tamén entrará algo da TVG, en Terceira é unha absoluta miseria, 1.500, en 2ªB hai dous anos o Pontevedra ingresaba algo máis de 40.000. Non é moito pero xa serían algo máis de 100.000 € a maiores. De calquera xeito penso que o principal vai ser a distribución territorial. Os equipos asturianos moven orzamentos baixos, agás os filiais, e deberan ser os rivais máis directos pola permanencia. En Castela si que hai equipos con máis pasta, pero queda por ver se manteñen a distribución do grupo I ou fan unha nova. Hai dous anos, antes de aprobar a reestruturación, nos primeiros borradores Galicia ía con Asturias e Cantabria. Coas clasificacións actuais habería 13 equipos entre Galicia e Asturias, e de Cantabria 4. Cos asturianos deberiades poder competir, polo menos con varios deles, e se meten aos cántabros entón o orzamento medio da categoría aínda baixa máis, no grupo II da 2ªB un orzamento de permanencia andaba polos 600.000 (o Amorebieta tiña 650.000 e andaba por zona media hai dous anos). Se entran os cántabros penso que é case seguro que ides poder afrontar a tempada cun orzamento suficiente para acadar a permanencia, e incluso para facer un bo ano. Se entra Castela e León tamén, pero seguramente vai custar máis traballo ou haberá que arrimar algo máis de billetes. Por outra banda tamén presta máis recibir a un Salamanca que a un Cayón.
|
12 Abr 2021, 19:31 |
127.82 |
2 |
0 |
+info
|
Na 2ª RFEF o orzamento para competir na categoría vai ser evidentemente superior ao da Terceira, pero penso que pode ser máis ou menos accesible para os que ascenden, falo de loitar por zona media e permanencia, outra cousa vai ser ascender a 1ª RFEF, aí van estar os transatlánticos afundidos, e seguramente para pelexar polo ascenso si que se vai precisar dunha carteira moi ben “preparada”. |
12 Abr 2021, 18:21 |
127.82 |
2 |
0 |
+info
|
A min a reestruturación non me gusta, e non o digo por estar na 5ª, creo que co sistema actual convivían na 2ªB equipos de orzamentos moi potentes (Dépor ou Rácing, por exemplo) con outros máis modestos (Coruxo e Guijuelo), e estes últimos podían ver nos seus campos a rivais de certo nivel. Entendo que o cambio é coa intención de que os potentes se concentren na 1ª RFEF e que a Federación poida vender os dereitos de TV (cousa que xa veremos se é posible, este ano non o permitiron), un Murcia - Córdoba seguro que ten moita máis audiencia que un Alcorcón - Fuenlabrada, pero aos equipos máis modestos ese tipo de equipos vailles quedar lonxe, penso que para a maioría dos equipos da actual Terceira a 1ª RFEF vai ser de moi difícil acceso. É certo que sempre haberá na 2ª RFEF un Pontevedra ou un Compostela, pero tamén o había moitas tempadas na Terceira. Do que se “esquecen” sempre é do financiamento que debera acompañar ás categorías, debera haber unha maior aportación da Federación ao fútbol non profesional (procedente da LFP), por exemplo na 2ª RFEF aumentan os gastos e non sei eu se o farán na mesma medida os ingresos. |
12 Abr 2021, 17:34 |
127.82 |
2 |
0 |
+info
|
Mágoa do empate do sábado, o certo é que como as defensas estiveron moi frouxas o partido tivo moita ida e volta. Houbo ocasións moi claras para ganar pero eles tamén tiveron bastantes contras que non finalizaron ben. Os resultados dos demais partidos foron bos para os nosos intereses, pero toca ganar xa, e Arzúa non sería mal sitio para facelo. |
12 Abr 2021, 09:44 |
155.87 |
3 |
0 |
+info
|
Parece que recuperamos a Amin e máis a Tiago, polo menos para a convocatoria. Son boas novas. |
10 Abr 2021, 10:52 |
105.05 |
2 |
0 |
+info
|
Pois si, parece ser que para o último punto da asemblea os deste foro xa levamos os deberes feitos. :-)
Eu creo que o equipo ten que manterse na 3ª RFEF si ou si, que pasaría cos abonados e demais ingresos en caso de descenso é algo que prefiro que non teñamos que descubrir.
|
06 Abr 2021, 13:54 |
154.47 |
3 |
0 |
+info
|
O Estudiantil ten unha baixa de longa duración, Toño Vázquez, o que non sei é se é por un accidente de coche. Aparte, para este partido, tiñan outras catro, unha por acumulación de cartóns e tres por molestias físicas. O positivo no test vai aparte, pero a coincidencia con esas baixas é o que fai sospeitar, e polo visto non só a nós, a Federación non confirmou a suspensión ata última hora do sábado. En calquera caso está feito, o partido está adiado. Pola nosa parte a intentar recuperar lesionados e a pensar no Viveiro. |
05 Abr 2021, 14:15 |
124.63 |
2 |
0 |
+info
|
Eu tampouco me enfado, nin moito menos, simplemente opino que non é posible. Aparte do "intringulis" do seu cambio de nome, que dificulta acordos, e que é moi difícil consensuar intereses tan distintos. Eu supoño que eles pensaron na fusión porque queren que alguén cubra a súa débeda, e ninguén o vai facer por un club de Terceira sen afección, nós aportariamos esa afección, ademais dunha capital, e por tanto a posibilidade de que houbera algún interesado. Pero se nós apostásemos por ese modelo non os necesitariamos a eles, xa que a súa débeda sería un estorbo. E eles non van vir ao noso modelo porque significaría o peche e perder os cartos postos no club. Auga e aceite, intríngulis aparte.
Eu tampouco sei quen virá pór eses cartos, e tamén coincido no da necesidade dun pulo, o que me pregunto é, que pulo?, porque polo menos a min non se me ocorre. Si introduciría un matiz no que comenta agmo70, e é que a categoría que merecemos non depende do lugar, neste caso dunha cidade, senón do que teña detrás (afección, apoios...), e sexamos claros, ao depender case en exclusiva da afección (case metería nesa categoría a publicidade), Ourense non ten a suficiente para ter un club deportivo nunha categoría de elite se non hai inxección económica externa , e xa non falo só de fútbol ,pode ser triste pero a min paréceme que é así.
E o do Arenteiro xa o explicou Pesule. |
05 Abr 2021, 14:01 |
124.63 |
2 |
0 |
+info
|