Comentarios de Ourensanista69

Comentario Fecha Karma
Só dous apuntamentos. O do ascenso da Preferente non sei como quedará, o Xuvenil de Ponteareas anunciou que non ía xogar máis. En calquera caso os ascensos a dedo non van ser, nas normas da competición está especificado que facer no caso de que non se remate, que sexa xusto ou non xa é un tema distinto. E respecto do inversor, Pesule, neste caso andas equivocado, non é unha cortina de fume, o inversor existe e é serio. Outra cousa é que non queramos cambiar de modelo. E outra tamén é que ao haber unha opción de continuidade eles non queiran levar a proposta á asemblea. Xa se explicou na última o motivo deles, e francamente, necesitando un 80% se estivese no seu lugar eu tampouco a presentaría sen apoio da directiva. 12 Jul 2021, 17:17 85.61
Non van ser todos os grupos da Terceira de 18, como os ascensos dende Preferente decidiunos cada federación autonómica ao final cada grupo vai ser de seu pai e súa nai, agás nova directriz da federación española, e non creo que a vaia haber porque a estas alturas é imposible unificar criterios, os grupos van ter dende 16 equipos ata algún con 21. O que si xa está aprobado é que para a seguinte tempada todos os grupos teñen que ter 16 equipos, 27 Jun 2021, 17:01 55.13
1-3 15 Jun 2021, 20:10 26.57
boteneutral, non sei se será o peor campo da categoría, pero si que se debería cambiar o céspede artificial, é imposible xogar ao fútbol. Iso si, que agarden ao luns da semana que vén :-) 15 Jun 2021, 08:27 272.71
No caso de que a Barco e Arzúa lles valese o empate na última xornada non sei por que terían que xogar "sen que se note demasiado". E logo non se notou hai anos nun Valladolid - Celta? Se lles vale o empate pois mala sorte para nós, é unha circunstancia do calendario, e baixaremos porque non sumamos os puntos suficientes. 07 Jun 2021, 01:05 82.28
Coincido no da implicación, e a que me resulta case sorprendente é a dos seareiros. Noutras épocas, e coa clasificación que levamos, no segundo tempo contra o Paiosaco o habitual tería sido que os asubíos se escoitasen na Cañiza, e sen embargo a xente apoiou ao equipo. Particularmente alégrome, posto que ese comportamento coincide co meu xeito de ver o fútbol: o meu equipo, con xogadores que me representan e aos que vou animar, e sobre todo cando as cousas non van ben. Nunca foi o habitual no Couto, igual a semente do fútbol popular prendeu máis do que se pensa, que sexa suficiente ou non xa se irá vendo. 30 May 2021, 13:47 110.29
ShinChan79, eu non digo as cousas claras por dous motivos. O primeiro é que estou farto de que contemos absolutamente todo do noso club mentres os demais apenas dan información algunha, e xa non me refiro aos veciños, mira que información hai en internet das contas e demais de Arousa ou Bergantiños, por exemplo. Segundo, non ten moito sentido que non deixemos pasar á prensa ás asembleas e ao día seguinte expliquemos todo por redes sociais. Hai algo que ocultar?, non. Van sabelo igualmente?, por suposto, pero polo menos que leven o traballo de buscar a información e mentres tanto aínda os podemos vacilar un pouco. 27 May 2021, 22:17 -154.51
Teixeiro, o expulsado foi Nacho Currás, o segundo adestrador. 27 May 2021, 20:03 82.28
Ourensejaps, déixaos, xa o lerán na prensa 26 May 2021, 17:54 82.28
Estivemos coas parvadas do noso futuro e non se nos acordou, pero para a seguinte xa me encargo de pedir que se meta na orde do día 26 May 2021, 16:23 82.28
2-0 26 May 2021, 15:47 82.28
JonDillinger, semella que che molesta que haxa capital privado interesado no Ourense, resulta curioso que ese capital non se interese polo club de Oira, que tamén xoga no Couto e que para ser mercado só hai que pedir cita nun notario, ou nalgún equipo recén ascendido a 2ª RFEF, e sen embargo si teña interese nun club que é posible que na vindeira tempada estea en Preferente. Igual non fixemos tan mal as cousas. 26 May 2021, 15:39 -154.50
Sorpresa absoluta. Podería ter estado ben que se confrontasen proxectos, pero penso que xa non se vai chegar a iso. 26 May 2021, 09:57 82.28
Estou de acordo, con seis xogadores de garantías poderíase pelexar arriba, o que dubido é que xeneremos os recursos suficientes para pagarlles. Penso que ese ascenso só podería chegar cando tivésemos varios canteiráns de nivel ao mesmo tempo, e iso non se sabe cando podería ocorrer. De momento toca agardar ao que nos digan mañá. 24 May 2021, 18:55 82.28
Eu son socio dende o inicio. A miña liña vermella marqueina xa hai unhas semanas (control político) e non semella que vaia a ocorrer en ningunha das opcións que se nos poidan presentar, que xa veremos cales son, porque igual non hai tanto onde elixir, xa o veremos o martes. No caso de que poidamos decantarnos entre un modelo ou outro, o que si penso é que debemos tomar a decisión sendo conscientes do que supón cada un deles, e ser consecuentes. Non vale apostar por seguir con este modelo e pedir determinados obxectivos deportivos, e tampouco vale cambiar a SAD e pedir ter control sobre a mesma. No tema económico deste modelo coincido plenamente coa argumentación que fixo Pesule. 24 May 2021, 12:25 82.28
Moi bo segundo tempo, a pesares de xogar con 10 e encaixar gol na primeira ocasión deles, dominamos o partido, empatamos e tivemos un par de ocasións para levarnos os tres puntos, unha moi clara de De Dios que non chegou por un pelo ao remate. Pouco ou nada que reprocharlle ao equipo, pero ao final o resultado non acompañou e só sacamos un empate. Toca seguir remando. 23 May 2021, 21:16 82.27
Primeiros vinte minutos igualados e sen ocasións. A partires de aí fixémonos co control e o dominio do partido. Tivemos dous nan a man co porteiro, o primeiro sacouno a córner, e no segundo despois de regatealo sacouna un defensa debaixo dos paus. E no último minuto do primeiro tempo sacáronlle o segundo cartón a Champi, moi riguroso, pero xa sacara outros 5 para os dous equipos por pouca cousa. É o árbitro que pitou na ida no Couto e que expulsara a Varo. Veremos que pasa no segundo tempo. 23 May 2021, 19:04 82.27
Ourensejaps, haberá que reflexionar, e cada un dos socios faremos a nosa, pero unha excepción en 12 tempadas e 48 ascensos non serve de exemplo, e menos nunha tempada cos condicionantes desta, e cunha fase de ascenso en dúas eliminatorias a partido único, en lugar das tres e dobre partido habituais. Agás o Real Unión hai moitos anos que non ascende un equipo vasco. É un gran éxito do Amorebieta, pero se pensamos que vale de exemplo penso que nos estariamos enganando. 23 May 2021, 13:56 82.27
No que si coincido é en que os cartos en fútbol non garanten o éxito, e exemplos hai unha chea deles todos os anos, pero non dispór deles si que fai case imposíbel ese éxito. 23 May 2021, 13:45 110.28
O do outro día foi un pau, tanto polo resultado como polo xeito de darse. Gústame a analoxía que fai Pesule, creo que exemplifica moi ben o que pasou. Quedamos sen apenas marxe de erro, o partido de Viveiro pasa a ser vital. 18 May 2021, 21:29 82.27