Non estou demasiado de acordo, creo que o equipo se deixou ir nalgún partido, Antela, Peroxa.., pero non creo que ande demasiado mal, e as baixas teñen que notarse, se pasa noutras categorías, máis nesta. Levamos tempo sen Xurxo e sen Omar, que para min son básicos á hora de ter e xogar o balón. O outro día só tiñamos un defensa, Tito, os demais eran dous medios e un xuvenil (que o fixo moi ben). Se teño que pórlle un pero ao equipo é a falta de definición, temos pouco gol para todo o que xeneramos, houbo días que fallamos moitísimas ocasións (Cortegada, Maside...). Hugo paréceme moi bo xogador, pero creo que lle falta ter algo máis de gol, e Cristian e Xaco non andan tan atinados como o ano pasado. |
30 Ene 2017, 00:12 |
41.24 |
2 |
0 |
+info
|
Gondo200, en ningún intre dixen que me molestara, iso si, pensei que eras do Ourense CF e por iso me sorprendía a pregunta, nada máis. Polo que respecta aos estranxeiros xa fixen un comentario a semana pasada e non quero repetirme, o que dicía era que se o Ourense CF ficha estranxeiros é porque na canteira da provincia non atopa xogadores para aspirar ao ascenso, cousa que fala moito e mal da nosa canteira (a da provincia). No caso do Areas creo que o tema vén porque o ano pasado ficharon algún, e como lles foi ben con eles pois repetiron e aumentaron a aposta. E tranquilo Zubiria1964, que non son un troll, ou polo menos non o pretendo. Un saúdo, |
29 Ene 2017, 21:43 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Non sei por que entrades ao trapo de determinados comentarios. Somos un equipo de 6º división, e un dos poucos desta categoría que polo menos intenta xogar ao fútbol, unhas veces o conseguimos e outras non, aparte de que hai campos nos que polas súas dimensións e estado é imposible. A semana pasada o Sevilla queixouse do estado do Sadar para poder facer bo fútbol, e estamos a falar de fútbol super profesional, e nós temos que facer un fútbol primoroso en campos, algúns de terra, que son pouco máis grandes que canchas de tenis... Neses campos o que hai que facer é ganar se se pode, e punto. Cando houbo condicións o equipo deu a talla, ou non lembramos os partidos contra o Arenteiro? Respecto do Bande, dá igual como xogue, é a sorte de non ter afección nin público, que non hai ninguén nin para criticar, ou acaso imos envexar a un equipo que ten de organizador do xogo ofensivo ao porteiro?, cando xogamos alí pasouse todo o partido colgando balóns na olla dende a súa área, o que se di fútbol de alta escola. Entendo que sexamos críticos, pero sen pasarnos, non vaimaos a esixirlle máis a un equipo de rexional do que se lles esixe aos profesionais. Perdón polo "ladrillo" e un saúdo. |
29 Ene 2017, 21:32 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Ten narices que vos queixedes dos estranxeiros do Areas, que se queixen os outros 18 equipos vale, pero vós... Haberá cousa dun mes vin unha reportaxe sobre o Areas, se non me falla a memoria creo que tiñan 9 estranxeiros (creo que todos portugueses ou con pasaporte portugués), ademais creo que había tamén alguén no corpo técnico, que é quen os trae, agora non lembro se era un secretario técnico ou o adestrador. Como xa dixeron non hai límite, incluso se non fosen comunitarios creo que tampouco o habería, ao non ser categorías profesionais. Hai anos xogara un albanés chamado Stroni no Lemos e nalgún outro equipo (primeiro estivera no Ourense). Saúdos. |
29 Ene 2017, 21:20 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Me parece que tedes unha idea da canteira demasiado idealizada. O equipo da Ponte trae xogadores de fóra, o Barbadás igual, o Arenteiro non pero en cambio ten algúns xogadores bastante ben pagados para unha categoría como a Preferente. Ou son todos parvos ou é que a canteira de Ourense (da provincia) é unha ruina, por moito que haxa equipos en división de honra. Non teño visto aos do Ourense CF, pero sí teño visto ao Pabellón e explícase perfectamente que os equipos que queren ser competitivos teñan que tirar de talonario. Que é unha vergoña?, pois sí, que a canteira non dea para ter equipos punteiros en Preferente (5º división) fala moito e mal dela, pero se o nivel fose suficiente seguro que os puñan, neste nivel non traes xogadores de fóra se os tés na casa. Ourense15, se o ano vindeiro nós queremos pelexar na Preferente polo ascenso, tamén imos ter que fichar xogadores pagando o mesmo que Arenteiro, Ourense CF ou Barbadás, e senón tocará andar por zona media alta, pero seguramente non daremos para máis. Saúdos. |
22 Ene 2017, 21:23 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|