Non digo que non teña mérito, o que digo é que ese resultado é unha excepción e non é representativo do resto da temporada. Eu non fun ver ao Ourense a Francelos así que sobre eles non teño opinión. |
16 Feb 2017, 23:11 |
42.80 |
2 |
0 |
+info
|
O Francelos marcoulle 10 ao Viana e 20 nos 22 partidos restantes, eu a iso chámolle accidente. |
16 Feb 2017, 19:17 |
42.80 |
2 |
0 |
+info
|
A posición de Rubén é a media punta, iso non é nin discutible, pero a razón pola que igual o probaría algo máis arriba sería para pór ao xogador con máis calidade do equipo máis preto da portería, o que quero dicir é que se algunha das que lle cae a Hugo ou a Fran lle cae a Rubén igual hai máis posibilidades de que acabe dentro, por outra banda perderiamos elaboración de xogo. O mellor de todo é que tal como vai a clasificación tampouco hai que volverse tolo. Tamén hai outra cousa, a confianza, se un día entran as primeiras ocasións tanto o equipo como os dianteiros van ter máis tranquilidade ao rematar a porta. |
15 Feb 2017, 00:07 |
42.80 |
2 |
0 |
+info
|
Adrián os días que xogou tampouco estivo moi alá, á marxe de que se pica en canto lle tocan ou lle din algo. Hugo paréceme un moi bo xogador pero con pouco gol, ou polo menos non anda moi acertado. Se se trata de probar eu case que o faría con Rubén máis preto de Hugo, para intentar aproveitar os balóns que deixa. Con todo levamos 19 vitorias e 57 goles, é certo que de estar algo máis atinados poderiamos levar 20 máis, pero aínda así non está nada mal. |
14 Feb 2017, 23:29 |
42.80 |
2 |
0 |
+info
|
Unionista79, creo que na guía se columpiaron, xa por curiosidade mirei en dous sitios e o Viana nunca xogou en terceira, igual se confundiron porque hai un At. Vianés, pero é un equipo navarro. En terceira xogaron: Ourense, Orensana, At. Ourense con varios nomes, Galicia Sport Club Orense, Arenteiro, Spórting Celanova, Ponte Ourense, Verín, Barco e Barbadás. Moi poucos para tantas temporadas de liga. Grazas pola túa resposta e un saúdo. |
13 Feb 2017, 19:04 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Non sabía que o Viana chegara a xogar en terceira, por curiosidade, non saberás en que anos foi?, aproximadamente... |
12 Feb 2017, 20:44 |
73.26 |
3 |
0 |
+info
|
Julio Martínez, man of the match |
12 Feb 2017, 18:15 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Os cambios fainos unha vez empezado o segundo tempo para que os que saen poidan levar ovación dos afeccionados. Sotelo xa houbo partidos nos que non foi convocado, cando estaban case todos, pero nalgún destes últimos era o único que tiñamos para xogar no lateral esquerdo. |
06 Feb 2017, 16:16 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Vitoria xusta ante un Spórting Celanova que a min particularmente me gustou bastante, foi dos poucos equipos que foi quen de xenerar algo de perigo. Agardemos que o de Julio non sexa nada e acabemos de recuperar xente. |
05 Feb 2017, 22:42 |
41.41 |
2 |
0 |
+info
|
Sergio está para xogar, e Cristian e Omar parece que van poder estar polo menos no banquillo. |
04 Feb 2017, 12:22 |
41.40 |
2 |
0 |
+info
|
Unionista79, eu si que o penso, pero máis por partidos de hai uns meses que polos de agora, e sobre todo na casa, fóra paréceme que o equipo case sempre saiu enchufado. E case me parece normal, o Barça contra Granada e Málaga botouse unha siesta, o Madrid contra o Spórting igual, e se iso pasa en equipos súper profesionalizados con xogadores millonarios, non vou ser eu quen llo recrimine a un equipo de 1ª rexional. O equipo sempre respondeu nos partidos importantes, sobre todo contra o Arenteiro, un moi bo equipo que xoga e deixa xogar. Nos últimos partidos eu diría que o que falta é puntería, o día do Maside entraron as dúas primeiras e acabamos 5-0 e fallando outros tantos, pero os días que tarda en entrar o primeiro a cousa complícase. |
04 Feb 2017, 00:32 |
41.40 |
2 |
0 |
+info
|
Comparto as opinións. A saber quen foi o descerebrado que o fixo, tampouco é a primeira vez que hai actos de vandalismo, nin aquí nin noutros sitios, lembrade o que pasa cada pouco nas termas, ou o que pasou en Montealegre ao pouco de abrir. Creo que o momento deportivo é bo, o equipo intenta xogar ao fútbol, unha veces con máis acerto que outras, e os resultados son bos, en 21 partidos de liga houbo 17 vitorias, e sacámoslle 11 puntos aos perseguidores, e todo iso a pesares de levar varias semanas con moitas baixas, e algunhas delas moi importantes segundo a miña opinión, como son as de Xurxo e Omar. O domingo hai partido complicado, o campo pode estar pesado e o Sporting Celanova pelexara ben no partido da primeira volta, e a diferenza doutros equipos está acostumado a xogar nun campo de boas dimensións. |
03 Feb 2017, 23:45 |
41.32 |
2 |
0 |
+info
|
Non creo, polo que mirei o domingo pola tarde o tempo dá algo de tregua, outra cousa pode ser na costa, co que zoou o vento onte pola noite no burato que é Ourense, en Pontevedra e A Coruña a cousa tivo que estar "entretida". A base xoga os sábados, e hoxe aínda entra outro temporal, normal que suspendan, non creo que ninguén se queira arriscar a que haxa accidentes. |
03 Feb 2017, 16:16 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Joder..., o que hai que ver. |
02 Feb 2017, 20:33 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Que pasou? |
02 Feb 2017, 20:23 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Mellor que chova agora que non máis adiante, se non o mirei mal quédanos este partido e o seguinte contra o Francelos para ter O Couto para nós, nos últimos cinco partidos coincidimos coa Ponte como equipo local, así que uns o sábado e outros o domingo. Como o desta finde sexa daquela vai quedar o campo bonito.O torto se non quere mirar para outro lado polo menos que deixe de mirarnos fixamente. |
01 Feb 2017, 17:05 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Non sei que che diga, o posto de porteiro é moi específico, non é o mesmo o caso de Pousa, aparte de que o rapaz vale xoga ao lado de Tito ou Julio, e Dani xoga máis arriba, a min o do porteiro paréceme máis delicado, o que está claro é que non se vai a arriscar a unha recaída e a perdelos por máis tempo, tendo en conta ademais que xogamos na casa e apenas nos chegan, pero eu para ese posto si que arriscaría un chisco. |
31 Ene 2017, 11:13 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Creo que xa o fixo nalgún partido máis de fóra, agora mesmo non lembro cal, non é por conservar, creo que a idea é que nos campos onde é difícil combinar e o rival vai estar moi pechado, que o equipo en lugar de combinar e entrar polo medio, busque máis o desborde por banda e o centro. |
31 Ene 2017, 11:06 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Hoxe no Faro: "Por lo que he hablado con Lucas -explicó Dacosta- hay esperanzas de que pueda jugar, pero antes de decidir nada hay que verlo entrenar. Está animado, lleva ya un mes y medio de baja y a ver si se encuentra en condiciones de poder adelantar algo el regreso, aunque de momento no está descartado que Samuel pueda jugar". |
31 Ene 2017, 10:49 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Igual o que forza para volver é Lucas, Samuel veremos, do resto nada de nada agás sorpresa (Aitor, Omar, Xurxo, Sergio e Senén lesionados e Tito sancionado). Visto o visto, con que non se nos lesione ninguén maís e teñamos porteiro eu xa me conformo. |
30 Ene 2017, 18:51 |
41.32 |
2 |
0 |
+info
|