Comentarios de Ourensanista69

Comentario Fecha Karma
Hoxe no Faro,o probable equipo inicial. Para empezar, la UD Ourense propondrá a Lucas Sierra y una defensa con Otero, Tito Currás, Julio Martínez y Senén. En el centro del campo lucharán por protagonismo Aitor y Omar, con Xaco o Marcos Sotelo en una banda y Cristian en la de enfrente. El enganche será para Durán, con la espina clavada del penalti que le adivinó Taranilla en el cara a cara de exourensanistas en la Copa, y Unai llevará el '9'. Pousa, Samuel, Marcos Sotelo o Xaco, Toni y Hugo completan una convocatoria sin los lesionados Fran Martínez, Xurxo y Adrián, ambos con recaída en sus lesiones musculares, y sin Sergio, por motivos personales. El mensaje del técnico de la UD Ourense parte de la prevención: "Nos jugamos el liderato y seguir peleando la liga hasta el final. A ellos, el empate les vale. Buscarán a David Soares y nosotros tendremos que contrarrestar su juego con el balón, pero sin perder la cabeza, que los partidos duran hasta que el árbitro pita el final". Dacosta teme la estrategia: "Hay que tener cuidado porque nos marcaron a balón parado en los dos partidos". 09 Abr 2017, 08:54 383.96
E unha cousa que se me pasou comentar, coincido no que di Ourensanista sobre as lesións. Habería que ver cantos partidos xogamos co equipo titular, titular, eu diría que moi poucos, e en moitos partidos tiveron que estar xogadores que se reincorporaban despois de lesión e que aínda non estaban en plena forma. Por comparar, cando no Madrid falta Modric e non xogan un pemento, ben que aducen que esa é a razón, e estamos a falar dun único xogador nun equipo de 650 millóns de euros... 06 Abr 2017, 20:21 416.21
Supoño que nun par de semanas (pasada a eliminatoria co Bande) farán público o que sexa, así que imos ter tempo de comentalo. Con todo, e sen querer debater máis da conta, eu véxoo clarísimo. Antes había uns pasatempos nos que ías unindo uns números e saía un debuxo, pois ben, se collemos o programa de Telemiño, as declaracións na SER do día seguinte e a tertulia de onte e unimos os puntos, a min paréceme que o debuxo sae moi claro. Ademais, se fose Antonio o que non quixese seguir esa sería a primeira razón que daría o presidente, e non a do cambio de caras e a de escoitar o que quere o público que está na bancada (o di ao principio e ao final da resposta, dúas veces). Cando tes unha razón concreta non dás dúas etéreas. Unionista79, á túa teoría véxolle algún fallo. É certo que ao principio igual non saben como xogamos, pero non lles vai levar toda a temporada sabelo, ao cabo dun mes xa van ter unha idea. E por outra banda tamén poderiamos aplicar a túa teoría a un hipotético ascenso a 2ª B (xa sei que cae lonxe..., non me tiredes pedras), así que se pensamos que para esa categoría o ideal sería, que sei eu, Luisito, que facemos?, intentamos fichalo para 3ª?, xa para Preferente? 06 Abr 2017, 20:11 416.21
Estiven escoitando a tertulia e fixeches un bo resumo, Unionista79. Bo detalle o do presidente do Bande ofrecendo o campo, aínda que non sexa factible. Este ano creo que intentamos adestrar algún día en Velle e todo foron problemas, e iso que o campo é municipal. O que deixa caer o presidente é que se vai cambiar de adestrador por suposto cansancio do público. Eu diría que é máis que posible, tal como o expresou é seguro. Particularmente non o entendo, cambiar de adestrador cando o equipo cumpre o obxectivo con 6 xornadas de adianto e fai o 85% dos puntos resúltame inexplicable. É certo que algúns afeccionados critican o xogo do equipo, nos foros dos partidos pódense ler algunhas desas críticas, pero non entendo que se lle aplique un raseiro máis alto ao Ourense que o propio R. Madrid. Onte estiven vendo un rato do Leganés-R.Madrid, se lle aplicamos algún dos criterios que se puideron ler o outro día polo partido na Peroxa, Zidane non remata a temporada. Por non falar do Dépor-Granada, no rato que vin o Dépor non deu dous pases seguidos, e o Granada, estando a 8 puntos da salvación e con 0-0, perdía tempo. E estamos a falar de fútbol súper profesional. Creo que a directiva debería ter un punto de análise e de obxectividade maior que a dun siareiro calquera, senón mal asunto. Cal vai ser o raseiro para o vindeiro adestrador?, catro primeiros?, se nas primeiras xornadas o equipo non se adapta e perdemos partidos, botámolo xa? Paréceme un precedente absurdo e sen ningún tipo de lóxica, o de cambiar porque "o público quere ver outras caras" sóame, gardando as distancias, ao de cesar a Del Bosque despois de ganar a champions porque había que "actualizar el librillo". En fin, xa veremos como sae todo. 06 Abr 2017, 16:04 416.21
Entrevista a Omar. http://futbolnews.es/ourense/entrevistaomar/ 05 Abr 2017, 18:10 533.00
Mágoa das lesións de Fran e Hugo, sobre todo Fran andaba moi ben. Prestaba que o partido o puidesen xogar os dous mellores onces, aínda así, co que pasamos aí atrás, dúas baixas case parecen poucas. Agardemos ver un bo espectáculo entre os dous mellores equipos da categoría. Forza Ourense!!! 04 Abr 2017, 09:13 416.21
Que non se nota a superioridade?, 22 puntos a 3º e 4º, 29 ao 5º e non se nota..., seguro?, nin un chisquiño? levas razón nunha cousa, se o rival cada vez que nos tirase nos metese gol (algunha vez pasou) e nós aínda fallásemos máis das que habitualmente fallamos, efectivamente teríamos menos puntos. En Antela non merecemos ganar, certo, vímolo todos, pero non lembro ningún outro partido que non o mereceramos. En fin, co voso permiso vou durmir (confío en que a pesares do desastre poida durmir algunha hora) e a prepararme para disfrutar do partido do domingo. Independentemente do resultado, e aínda que non o creades, creo que o vou disfrutar. Unha última cousa, supoño que o Bande estará a facer unha campaña igual de lamentable que a nosa, lembro que en Xinzo ganou 1-2 e ao final, que resultado vos parece aceptable?, para irme facendo unha idea... O adestrador da vindeira temporada que veña confesado, que falta lle vai facer. Boas noites. 02 Abr 2017, 23:42 130.02
Partido entretido entre dous equipos que en todo momento buscaron a portería rival. Como sempre que marcamos cedo, partido controlado no marcador. Cada vez teño máis claro que vexo partidos distintos aos que vedes algúns de vós. Non me acabo de crer que hoxe critiquedes ao equipo, tivemos ritmo, chegada, puxémonos 0-3 á media hora e 0-5 ben avanzado o segundo tempo, malia a isto seguiuse vendo un partido entretido. Síntoo, pero se hoxe criticamos ao equipo, apaga e vámonos. Por suposto que tedes todo o dereito do mundo a queixarvos e a criticar todo o que consideredes oportuno, pero non sei que queredes. 0-8 todos os domingos?, en terceira rexional xa estivemos hai dous anos. Saúdos. 02 Abr 2017, 21:26 14.71
Suspenso para as institucións paréceme unha nota alta, na miña época púñase moi deficiente. Partido clave na Peroxa, ganando teriamos o vindeiro domingo partido grande, disputariamos o primeiro posto co Bande. Senén, Sergio, Toni e Hugo son baixas, e haberá rotación na portería, polo que pon no Faro Samuel xogará a Copa e vai xogar hoxe (e suponse que o domingo) para coller portería. Xogarán Samuel, Otero, Tito, Julio, Marcos Sotelo, Aitor, Omar, Fran, Cristian, Rubén Durán e Unai. No banco: Lucas Sierra, Xurxo, Pousa, Xaco e Adrián. Forza Ourense!!! 02 Abr 2017, 08:37 46.86
Hai dous, benjamín e alevín, e cabe pensar que a medida que eses rapaces suban de categoría haberá que crear os correspondentes C de infantil, cadete e xuvenil. En tres anos pasamos de 8 equipos a 13 e a 17, e de momento o dos campos non variou. Minto, si variou, agora tamén pagamos por usar Miraflores. 01 Abr 2017, 13:13 14.71
Unionista79, o que dicimos Ourense15 e máis eu non é unha opinión, é así. Do traballo coa canteira non podo opinar moito porque a verdade é que non sigo o tema, pero si hai unha cousa que non acabo de ver ben, o aumento de equipos cando non temos campos. Xa sei que da cantidade xurde a calidade, pero habendo algún equipo que adestra nun cuarto de campo non sei eu se sairá moita calidade de aí. Ao marxe de que nos pasamos non sei canto tempo queixándonos de que Pabellón e Ponte tiñan equipos C e D e agora somos nós os que temos varios C, coa diferenza de que a eles danlles campos e a nós non. 01 Abr 2017, 07:56 14.71
Non creo que o vaia compaxinar, se colle o primeiro equipo o normal é que deixe a canteira. E non é unha opción, é a opción. 31 Mar 2017, 20:49 14.71
Hoxe no Faro entrevista ao presidente do A Peroxa. Eustaquio Barbosa Fernández: "El favorito para ganar el partido es la UD Ourense, pero que no se fíen" Suma 21 años como presidente y es sacerdote de A Peroxa y de Celaguantes p.r.r. | ourense 30.03.2017 | 04:55 Eustaquio Barbosa Fernández lleva 21 años como presidente del equipo de A Peroxa y 24 como sacerdote en las iglesias de A Peroxa y de Celaguantes, siendo una persona enamorada del fútbol de un equipo que ha militado en la Preferente Autonómica y que, en la actualidad, disputa la Primera Autonómica. - El domingo llega al campo de O Marco el recién ascendido a Preferente UD Ourense, que todavía tiene posibilidades de quedar campeón de Liga. Su equipo, A Peroxa, ¿va a ponérselo fácil y sumar los tres puntos para no esperar a última hora para mantener la categoría? -Lo primero que quiero dar es la enhorabuena a la UD Ourense por su ascenso a la Preferente Autonómica y a sus directivos, que han conseguido con su trabajo y el respaldo social su tercer ascenso consecutivo. En cuanto al partido del domingo en O Marco el claro favorito son los hombres de Antonio Dacosta, pero el Peroxa va a salir a sumar la victoria, pues aunque vamos en una zona tranquila no nos podemos fiar y espero que suene la flauta y los tres puntos se queden en casa. - Llevar 21 años como presidente del club es complicado en los tiempos que corren. ¿No cree que antes era más fácil conseguir subvenciones y las empresas apoyen como lo hacían antes? - Para ser presidente de un equipo modesto te tiene que gustar mucho el fútbol, pues te quita muchas horas y yo como sacerdote tampoco tengo mucho tiempo. El tiempo de las vacas gordas se acabó, aunque tengo la suerte de que el Concello de A Peroxa siempre me apoya dentro de sus posibilidades, pero en cambio los ciudadanos de A Peroxa tenían que ser más cariñosos con el equipo de su pueblo y tratar de apoyarlo un poco más. Creo que el domingo tienen la oportunidad de demostrarlo llenado el campo de O Marco, pues viene un gran equipo como la UD Ourense y puede ser un partido muy bonito para las dos aficiones. Lo que tengo seguro es que va a ser un partido con mucha deportividad por parte de los dos dos equipos y de los seguidores de los dos clubes. Tenemos que recibirlos como se merecen por su ascenso y que llevan tres años trabajando para ser el legado del desaparecido Club Deportivo Ourense. - El equipo de A Peroxa preparó una alineación al principio de temporada para estar más arriba. A falta de seis partidos para finalizar la liga, aún tendrán que seguir remando para no pasar apuros, ¿no? - No creo que tengamos problemas para mantener la categoría al final de la temporada en los seis partidos que restan para finalizar la Liga. El problema que tuvimos es se hizo una plantilla muy competitiva e incluso fuimos u no de los equipos que le ganamos al Bande en nuestro campo, pero nos ha pasado factura el tener cuatro jugadores importantes lesionados y ahora hemos fichado dos juveniles para apuntalar el equipo para los partidos que restan para finalizar y que nos pueden aportar algunas cosas. - A punto de finalizar la Liga y de cara a la próxima temporada, ¿cree que la competición va a estar más fuerte si bajan el Verín y Polígono San Cibrao das Viñas? - Espero que no bajen el ni el Verín ni San Cibrao, pero de momento no quiero pensar en la próxima temporada, pues lo que tengo que hacer es pensar en la que estamos y haber como acabamos el año. 30 Mar 2017, 07:37 14.71
E unha última cousa, e que conste que onte xa me tiñades convencido de que non había contradición no tema do adestrador, pero parece ser que levaba eu a razón. 28 Mar 2017, 14:19 46.86
Hoxe saímos no programa de deportes da SER, supoño que estará o Cachaldora, outra boa peza. 28 Mar 2017, 14:16 46.86
Unionista79, dá igual que ascendan, non van ter público. Hai tempo o presidente do Barbadás nunha entrevista (creo que na Voz) fixo un alarde de sinceridade. Dixo que cando desaparecera o Ourense egoistamente se alegrara, porque pensou que os socios irían ver ao Barbadás e aumentarian moito a súa base social, pero que se equivocara, que non aumentaran os socios o máis mínimo. O fútbol non é racional, é sentimento, e algún dos que somos do Ourense porque imos ao campo dende pequenos e que poderiamos ser socios da Ponte porque somos veciños do barrio, nunca iremos polo intento de usurpación do nome. Hai anos na miña casa fomos socios dos dous, do Ourense porque era o noso equipo, e da Ponte porque era o equipo do barrio, un veciño xogaba nel e outro amigo estaba na directiva. Co que pasou nin me plantexo esa posibilidade, e dáme igual a categoría onde estean. E fastídiame, non é normal que un lle teña manía ao equipo do seu barrio, pero é a consecuencia do que fixeron. 28 Mar 2017, 14:13 46.86
Hmmm, eu si vin contradición, por un lado que Antonio se ganou o dereito a decidir se segue, e por outro lado que a decisión é da directiva, pero é certo que é percepción miña, non é moi claro. 28 Mar 2017, 00:15 12.97
O único que estivo ben da outra parte foi Fabián 28 Mar 2017, 00:05 12.97
Particularmente, e é a miña opinión, unha vez que contestou primeiro Antonio, Modesto debeu respaldar o que dixo, independentemente do que se fale ou decida posteriormente. 28 Mar 2017, 00:03 12.97
Coincido, non sei a que imos, sinceramente creo que sen un cambio previo no trato que nos dan deberiamos pasar deles. 28 Mar 2017, 00:02 12.97