Non pretendo meter merda, aquí ninguén criticou Bande, nin á súa afeción, nin ao seu presidente, nin aos seus xogadores, as críticas son exclusivamente para Iván González e o seu "particular" xeito de entender o que é un partido de fútbol. Acaso onte non teriades ganado igual sen o seu show?, non tería sido mellor que o partido se puidese ter xogado con normalidade durante todo o tempo?, acaso iso non lle tería dado máis valor á vosa vitoria?, hoxe de que se fala máis na prensa, de que fostes superiores ou do show de Iván? |
10 Abr 2017, 22:35 |
17.95 |
1 |
0 |
+info
|
Eu dou a miña opinión, igual que ti das a túa, gústeche ou non. |
10 Abr 2017, 22:23 |
17.95 |
1 |
0 |
+info
|
O que non entendo é que non reciba unha sanción exemplar pola reincidencia. Non sei se é posible, pero como mínimo creo que debería ser inhabilitado para adestrar en categorías inferiores. |
10 Abr 2017, 21:55 |
17.95 |
1 |
0 |
+info
|
No Verín facía algo similar, se sacaban do partido a determinado xogador do rival había prima adicional. Como tiña que ser a cousa para que case tódolos adestradores se queixasen deles, que ían últimos. |
10 Abr 2017, 21:51 |
17.95 |
1 |
0 |
+info
|
Pareceche que a actitude de Iván González é a de alguén que quere que se xogue ao fútbol?, fuches ti ao Couto? |
10 Abr 2017, 21:48 |
17.95 |
1 |
0 |
+info
|
Lembra que en Bande cando o expulsaron viñeron varios gardas civís, dous estiveron onde el todo o tempo para evitar que se liara, e os outros andaban por alí. Despois do de onte estou seguro que o xoves xa van estar dende o principio.
Mención aparte para que un tipo como este adestre cadetes. É grave o que fai co Bande, pero confiarlle un equipo cadete é imperdonable. Aí tamén o teñen expulsado varias veces, unha delas cando xogaron en Oira contra o Celta, ese día foi por berrarlle aos seus xogadores que lle tiñan que pegar máis forte ao mellor xogador do Celta. Aos pais que estaban polo campo caíaselles a cara da vergonza. |
10 Abr 2017, 19:22 |
17.95 |
1 |
0 |
+info
|
Creo que ao ser expulsións contan para a Copa. |
10 Abr 2017, 18:16 |
17.95 |
1 |
0 |
+info
|
Ao ser expulsión por dobre amarela non sei se o partido de sanción será na Copa. |
10 Abr 2017, 17:27 |
17.95 |
1 |
0 |
+info
|
Claro que o vai facer, pero como ten dous goles de renda non creo que espere ao segundo tempo para empezar o show. Eu non vou ir ao partido, e a peña "polbo a feira" creo que tampouco. Non vou pagarlles unha entrada para ter que aturar as faltas de respeto e as pallasadas dun impresentable que o único que busca é que non se xogue ao fútbol, se queren aguantalo os de Bande e por enriba pagarlle, alá eles, pero só faltaría que a taquilla que poden facer con nós servise para pór ao día os cobros da plantilla. |
10 Abr 2017, 17:24 |
17.95 |
1 |
0 |
+info
|
Decidín non ir a Bande o xoves. Non teño nada contra o pobo, pero négome a pagar un só euro a un equipo que o único que busca é que non se xogue ao fútbol. Non sei se xa pagaron os atrasos que tiñan con algún xogador, pero só faltaría que a nosa taquilla lles servise para pórse ao día. Se Iván González quere facer o pallaso pois que o faga, que lle quede toda a bancada para el. Lamento non ir apoiar aos nosos, pero seguro que o entenden e que saben que estamos con eles. Creo que a nosa peña “polbo a feira” fixo un comunicado no mesmo sentido. |
10 Abr 2017, 17:06 |
17.95 |
1 |
0 |
+info
|
Haxa paz. Se non entendín mal por outros comentarios zubiria1964 debe ser o pai (ou polo menos familiar) dun xogador da Ponte, que ademais non é de Ourense, así que, se estou no certo e interpretei ben, é lóxico que anime a ese equipo e que ao mesmo tempo non teña que ver con eles.
Zubiria1964, Oira é o campo no que xogaba o Ourense CF antes de facelo no Couto e onde aínda xogan as categorías inferiores do club. |
10 Abr 2017, 14:21 |
17.95 |
1 |
0 |
+info
|
Zubiria1964, se estiveches no partido verías que botou media hora facendo xestos á bancada, dende o penalti ata que o expulsan. |
10 Abr 2017, 01:21 |
14.71 |
1 |
0 |
+info
|
E o ano pasado co Verín que era?, a prepotencia dos outros 19? |
10 Abr 2017, 00:57 |
14.71 |
1 |
0 |
+info
|
Caneco56, tedes xogadores de sobra para 1ª rexional e Preferente, con outro adestrador teríades resultados similares e igual viades algo de fútbol. Polo que lle escoitei ao voso alcalde a idea é dar a coñecer algo máis Bande en Galicia a través do fútbol, igual deberiades ir pensando se é polo tipo este polo que queredes ser coñecidos. Mirade o que falaban del e do Verín o ano pasado na terceira, e por envexa non era, quedaron últimos. |
09 Abr 2017, 22:38 |
14.71 |
1 |
0 |
+info
|
Non sei se hai imaxes, pero se as houbese habería que presentar denuncia na Federación, puido haber incidentes por culpa do tipo este, incluso cando chegaba a vestiarios seguíase encarando con todo o mundo, puido provocar un altercado e iso é algo que debera ter unha sanción exemplar. |
09 Abr 2017, 21:22 |
383.96 |
2 |
0 |
+info
|
Impresentable Iván González e lamentable o árbitro. Non houbo altercado público de casualidade. Iso si, inxusta expulsión de Iván González, e digo inxusta porque o mesmo polo que foi expulsado no 85 estívoo facendo dende o 56, se o árbitro e o línea lle permitiron durante media hora provocar constantemente ao público non sei porque o botaron a 5 minutos do final.
Do partido. Primeira media hora claramente nosa, con gol, un par de ocasións e dúas xogadas nas que Cristian se quedaba só diante do porteiro e que foron anuladas por fóra de xogo que non era (estaba sentado xusto na liña). A partires de aí o Bande fainos moito perigo nos balóns centrados, Lucas salva un gol cantado e teñen algunha ocasión máis aparte do gol. No segundo tempo saen mellor eles e pítannos un penalti que eu non vin, volve a collerme enfronte e non sei o que pitou, eu dende logo non vin nada. A partires de aí acabouse o partido, faltas constantes do Bande (xa no primeiro tempo) sen que houbese amonestacións (o 10 deles cortou non sei cantas veces o xogo), expulsións e cartóns aos nosos por protestar e provocación constante de Iván González. Coa que montaron no seu banco, o colmo xa é a expulsión de Eligio.
Non teño nada contra Bande nin, por suposto, contra a súa xente, pero négome a felicitar ao seu equipo polo partido que fixo hoxe no Couto. |
09 Abr 2017, 21:02 |
383.96 |
2 |
0 |
+info
|
Como supoño que en cousa de dez días ou así explicaran o que consideren oportuno, case mellor adiar ata entón a charla sobre o tema. Só unha puntualización, non dixo que se fora, o que comunicou é que non sería o adestrador a vindeira temporada. |
09 Abr 2017, 16:40 |
416.29 |
3 |
0 |
+info
|
Como xa comentei, non entendo o relevo, nin por fútbol nin por resultados. Dito esto, que o relevo sexa Currás paréceme ben, creo que alguén da casa sempre lle vai dar un plus ao equipo, polo menos así o vexo eu. Non sei como xogan os seus equipos, polo que me comentaron o xuvenil intenta xogar ao fútbol, así que por esa banda tamén me parece correcto, que viñese alguén a facer fútbol directo acabaría por botar fóra do Couto a unha parte do público. Con todo repito o do outro día, relevar a un adestrador cos números de Antonio senta un precedente perigoso, dependendo dos reforzos para o propio Currás pode ser un marrón que se manteña ese nivel de esixencia. |
09 Abr 2017, 13:02 |
383.96 |
2 |
0 |
+info
|
Non lle deades máis voltas, non hai varias opcións, Fernando Currás de adestrador, e como di zapeu, Nacho Currás de segundo. |
09 Abr 2017, 12:09 |
383.96 |
2 |
0 |
+info
|
Tamén no Faro confirman que Antonio xa comunicou ao vestiario que non vai ser o adestrador a vindeira temporada. |
09 Abr 2017, 08:56 |
383.96 |
2 |
0 |
+info
|