Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Sabes que hai un por aí que sempre foi o Puente CF(unha barriada de Ourense) e agora quérennos quitar o nome? Por iso cho digo. Pois nada, supoño que serás do Estradense. Coidado co Bande que ten un equipazo tremendo, aínda que vós tamén. 10 Sep 2017, 17:18 55.26
Por certo. Hugo está para xogar mañá? 09 Sep 2017, 23:35 32.67
vendeta ninguén te insultou. O que pasa é que as verdades doen. Facer o que? 09 Sep 2017, 23:30 77.85
Esquecíame do CD Barco. Un equipazo tamén de terceira que mete 1000 afeccionados en Calabagueiros e de categoria tamén moi superior ó Oirense CF a pesar de compartiren a mesma división deportiva. 09 Sep 2017, 21:31 125.55
Vaya. Xa comezan os Trolls. Xa demoraban. Se te refires ó Oirense CF, o que muda de nome para aparentar o que non é e xoga onde non lle pertence grazas ó PP, lémbroche que Ourense só hai ún, a UD Ourense, herdeiro do CD Ourense e da UD Orensana. Tamén o Barbadás e o Arenteiro xogan en terceira e teñen bastante máis categoría que o Oirense CF, que hoxe en dia non representa nin ó marabilloso barrio da Ponte do que procede e do que renegou coma todo malnacido. Forza Ourense!! 09 Sep 2017, 21:22 125.55
A iso me refiro. Cando Ourensanista69 non sobe ás crónicas do Faro do Ourense xa as subo eu. Incluído o partidazo do Couto ante o Estradense. Forza Ourense!! Ourense somos nós!! 09 Sep 2017, 20:48 125.55
futbol39, queres dicir o Atios e o Bande claros favoritos? Non sei, non coñezo á UD Atios pero a SD Bande, seguro que é favorita. 09 Sep 2017, 18:12 102.96
Moitas grazas tocaio, es un crack. É moi intetesante que traias aqui ás novas do equipo representativo da cidade e a provincia. Eu cando podo tamén as subo. Forza Ourense!! 09 Sep 2017, 16:49 125.55
É verdade que o Bande xoga fútbol directo, é verdade que na defensa dan patadon para arriba e non se complican pero tamén é verdade que saben moi ben ao que xogan e o que queren. Son un equipo moi serio con grandes xogadores. Iso é innegabel. Rivelino, estiveches en Valladares? Eu si estiven e vin un equipo de vermello que tentou xogar ó fútbol e o conqueriu por momentos a pesar da estrada con herba sintética, e outro de azul que xoga o patada a seguir ainda que teña dous xogadores máis. Se a realidade son burradas é o que hai. E o Estradense meteuse atrás e renunciou ó contragolpe. Nunca dixen que xogaran patada a seguir. Mentres o Ourense non marcou defenderon super ben pero se vas a empatar a Ourense, perdes. 08 Sep 2017, 01:10 55.26
probabelmente haxa que avisar ó administrador. 07 Sep 2017, 03:04 77.85
Non cabe dúbida que o Bande é tan favorito coma Ourense ou Estradense. Xogan un fútbol directo tipo Valladares porque teñen un futbolín no Outeiro. Pero olliños nos campos grandes porque son moi rápidos ó contragolpe. Plántanse na porta en tres pases. 07 Sep 2017, 00:51 55.26
Onte falabamos na tribuna do Couto que se chegamos a 2000 socios vai andar xustiña no sucesivo. Como vedes o tema? 05 Sep 2017, 00:40 55.26
Levou unha malleira do Ourense se non che importa, udo é roupa deportiva. O mellor que teñen (Pignol) expulsáronllo asi que non xogará. Que teñades sorte coma todos os ourensáns da Preferente. 05 Sep 2017, 00:33 138.79
O de Charly é cousa del ou dos compañeiros? Charly ten un descaro e proxección enormes. Pouco a pouco irá entrando no equipo. 04 Sep 2017, 16:41 55.26
Alberto Mariano: "A diferenza non estivo no catro goles" 04.09.2017 | 04:05 O adestrador do Estradense considera avultado o marcador. "O partido foi unha demostración fehaciente de que o Ourense é un gran equipo. É xusto vencedor, aínda que foi un castigo excesivo para nós. A diferenza do partido non estivo no 4-0. Son un equipo serio, que sabe ao que xoga, difícil superar, e nós pecamos de bisoñez defensivos, de non gañar os duelos físicos e non saber cortar xogadas". Mariño entende que o 2-0 foi definitivo: "Falamos no descanso de parecernos máis a nós mesmos, porque saímos cohibidos, e ata o 2-0 tivemos máis balón e profundidade. Daquela o resultado pesou moito". 04 Sep 2017, 06:17 236.16
Currás: "Quedo coa química que houbo coa bancada" 04.09.2017 | 04:05 O adestrador da UD Ourense destacou a relevancia que tivo o gol inicial, ao fío do descanso: "Foi un primeiro tempo disputado, ante un bo rival que nos fixo estar ao noso mellor nivel. O gol chega nun momento importante porque te vas ao descanso con vantaxe. Non saímos todo o ben que debésemos e apareceu o segundo gol, que rompeu o partido. Aí os futbolistas sóltanse, os espazos facilítano todo e quédome coa química, con esa conexión coa bancada. Percibina, igual son optimista, pero a xente que veu terá gana de volver e iso ímolo a perseguir toda a tempada, porque hai marxe de mellora". Currás viu ao equipo conectado: "Sairán as cousas mellor ou peor, pero confiamos moito no traballo do día a día e gustaríame que o compromiso e a solidariedade fose aceno de identidade en todos os partidos. É nosa maior arma e hai que traballar para que non decaia". O técnico eloxiou tamén a achega dos cambios: "Os goles aumentan a confianza, pero máis que pensar en números con todo o que queda por diante, quedo coa riqueza dos que saíron. Unai mete, Carlos fixo dous ou tres xogadas e soltouse, Xullo e Perico achegaron. Os goles son consecuencia de todo isto". 04 Sep 2017, 06:16 236.16
Tres puntos, catro goles e mil socios A UD Ourense celebra a súa primeira vitoria en Preferente co respaldo dos afeccionados do Couto X.C. | Ourense 04.09.2017 | 04:05 A Unión Deportiva Ourense sumou a súa primeira vitoria en Preferente o mesmo día que pasou o milleiro de abonados. O estadio do Couto rexistrou ademais unha excelente entrada para darlle un cálido recibimento aos de Fernando Currás. Para acabar de disipar o amargor da derrota inaugural en Valladares , o resultado foi amplo. Exageradamente quizais ante un Estradense que baixou os brazos co segundo gol, pero necesario para un bloque en crecemento no que asoman a cabeza futbolistas que anuncian tardes divertidas. Tres retoques presentou a segunda aliñación da UD Ourense con respecto ao accidentado debut. Oli uniuse ás baixas dos lesionados Durán e Bruno. Codeso pasou ao lateral esquerdo, Germán atrasouse ao centro da zaga e á medular incorporouse a dupla Omar e Fran Martínez. Súa foi a xogada do gol, o mellor do primeiro tempo. Omar viu só a Fran no balcón da área e Fran viu aínda máis só a Jony na dereita. A definición estivo á altura da asociación tras varios descoidos previos dos locais. Un remate raso, sen opción para Coke. Non tivo moito máis traballo o porteiro do Estradense. Interveu aos 9 minutos nun centro de Jony cabeceado por Fran. Todo os demais foi un dominio sen abafos. Resolucións defectuosas tras incorporacións polos flancos, preferentemente pola dereita. Tras o descanso, o Estradense gañou mordente con Arturo e Juanito. E o partido rebentou os corpiños. Arturo atopou corredor pola dereita no 53 e serviu o pase de gol a Borjita, pero Josu interpúxose no remate. De inmediato, Jony conduciu por dentro, serviu a Hugo e, tras o recorte, sacou un remate que retivo o porteiro. O Estradense buscou os balóns ás costas dos defensores e Pato tivo que estar ao quite, aínda que a meta uruguaio non necesitou paradas de mérito por segundo domingo. A reacción visitante quedou truncada cun avance de Fran que Pignol converteu en gol cando Hugo dispúñase a empuxala. O verinés despregou a súa mellor versión, con Alfredo e Jony como socios para abrir a zaga. Nos seus primeiros cambios no Couto, tras o 2-0, Currás meteu músculo na medular con Xullo e apostou por Unai como substitución de Hugo. Xa no tramo final debutou o xuvenil Carlos. O de Xinzo iniciou a xogada do terceiro. Foise do defensor, serviu á dereita e Alfredo puxo o balón no segundo pau o balón. Cabeceou Unai e Pignol sacou o balón co brazo. Alfredo anotou o penalti. Quedou tempo para o cuarto, obra de Josu e Unai. 04 Sep 2017, 06:15 236.16
ok juanmis. Quen é teu irmán? 04 Sep 2017, 00:59 213.57
juanmis somos o OURENSE non udo. Partido moi completo do Ourense en defensa e ataque ante un Estradense ultradefensivo e moi ben posicionado no campo ata que encaixou o primeiro. A partir dai abriron liñas e caiulles a goleadora ó contragolpe. Gustoume moito a construcción atacantes polas bandas que fixemos no primeiro tempo co Estradense moi ben mentido atras e a transición na segunda parte. Forza Ou!! 03 Sep 2017, 21:31 236.16
Interesante reporte o do Deza. Este é o de Ourense. A UD Ourense estréase no Couto ante o Estradense O conxunto que adestra Fernando Currás quere sumar a primeira vitoria do campionato - A principal novidade será a presenza de Fran Martínez P.R.R. | Ourense 03.09.2017 | 06:12 A Unión Deportiva Ourense disputa hoxe o seu segundo partido da historia na Preferente Autonómica. O seu rival, a partir das 19.00 horas no campo do Couto, será o Estradense, actual líder. O equipo visitante derrotou con claridade ao Ribeiro por 5-0 na xornada inaugural do campionato, mentres que o conxunto unionista perdía na súa saída a Vigo co Caselas por 2-1. Para este partido o técnico unionista, Fernando Currás, ten dúas baixas por sanción, a do centrocampista Bruno e Rubén Durán, e a de Aitor. por problemas de traballo. O resto do persoal está convocada para afrontar o encontro desta tarde. O adestrador ourensanista afronta o partido con moita ilusión e ganas, despois da primeira derrota. "Imos ter enfronte a un dos equipos que parten a priori por loitar polas dúas primeiras prazas de ascenso a Terceira División. Un equipo que se reforzou con bos xogadores e que na primeira xornada souberon gañar con claridade ao Ribeiro. Despois dunha derrota, o partido seguinte sempre é máis complicado. Repetirémolo toda a tempada porque é así, é unha categoría supercomplicada e igualada e de momento enfrontámonos a un equipo que, aínda que nós iniciamos sen sumar, eles sumaron o tres en casa con solvencia. É un dos equipos que estará arriba, as referencias que temos deles certifican o cartel de favorito, porque ten bos futbolistas. Temos que facer as cousas ben esta tarde, ter confianza no traballo que facemos no día a día, co que estamos encantados, e que se vaia reflectindo nos partidos que xogamos cada domingo. As baixas de Rubén Durán, que é a referencia no club, e Bruno espero que non se noten e que os que saian no seu lugar fágano ben, pero o importante é gañar o partido e sumar o tres puntos, pois o próximo encontro volvémolo a xogar en casa ante o Caselas, e ademais espero o apoio dos nosos incondicionais durante o noventa minutos de xogo". Posibles formacións Nin Fernando Currás nin o adestrador visitante, Alberto Mariano Estévez, quixeron pronunciarse en canto ás formacións de saída. No conxunto unionista, todo parece indicar que o once máis probable podería estar formado por Pato, Josu, Pablo Corzo, Miguel Codeso, Oli, Germán Pérez, Luís González, Fran Martínez, Alfredo, Joni e Hugo. O Estradense podería repetir o mesmo equipo que gañou na primeira xornada ao Ribeiro, con Diego Álvarez, Ander Bellido, Martín, Pignol, Berto, Borja, Juan Rei, Munín, Javi Vázquez, Arturo e Abalo. Espérase un bo ambiente nas bancadas para presenciar o primeiro partido da tempada diante dos seus incondicionais. 03 Sep 2017, 12:58 564.79