Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
O asunto é que a quen foden sempre é ó Ourense. Tres dos mellores non poderán xogar contra un rival directo e todo o demais son historias. Mexan por nós e din que é temporal. 10 Dic 2017, 00:09 853.26
A miña aliñación :Pato, Oli, Julio Martínez, Germán, Xurxo(era lateral en segunda e na copa xogou ahí de marabilla); Luis por diante da defensa. No medio campo Charly, Durán e Johnny, e arriba Alfredo e Adrián. No banco Samuel, Codeso, Pousa e Tito. Daqui pode haber variantes pero por calidade e xente non hai problema. Só colocalos onde teñen que xogar e os experimentos de bombeiro, os xustos. 09 Dic 2017, 16:39 126.80
Creo que pode xogar Xurxo por Josu co recambio de Pousa ou Oli pola dereita para a segunda parte e Julio Martínez ou Germán por Pablo Corzo coa opción de Codeso ou Tito durante o partido. A batuta de Fran poden levala Rubén Durán ou Omar se está recuperado. E non esquezamos a nosa grande fichaxe desta tempada: o limiao Charly que é unha autética frecha polas dúas bandas. Hai mimbres suficientes para o cesto ourensanista. 09 Dic 2017, 02:36 100.94
Entón por aí andan coma nós, que en Mondariz demos pena atrás. 08 Dic 2017, 22:29 100.94
Menuda malleira levaron os de Bueu. Os mellores que pasaron polo Couto xunto co Moaña. Hai que sacar os tres puntos co Baiona para manter a posición. Forza Ourense!! 08 Dic 2017, 20:36 154.98
Pasa o Allariz por un total de 6 - 7 nos penaltis. 06 Dic 2017, 20:08 36.44
Bo partido do Ourense en ataque e defensa ante un Ribeiro moi frouxo que trata ben o balón pero sen batida. Gran partido de Xurxo de lateral e de Charly de media punta. O gol de Durán, marca da casa. A ver quen nos espera en cuartos. Forza Ourense!! 06 Dic 2017, 18:51 61.75
Pasa o Francelos nos penaltis : 4 - 2. 06 Dic 2017, 18:45 36.45
Grazas por subir o do Faro tocaio. Teño moita vontade de ver ó noso GRANDE CAPITÁN Xurxo hoxe. A ver como se encontra. Quizais é o líder que precisamos no campo e non temos. A pasar a cuartos. Forza Ou!! 06 Dic 2017, 15:33 61.73
Aparcamos a liga até o domingo despois do pau de Mondariz. Temos que refrendar o bo resultado no futbolín de San Cristovo para pasar a cuartos. Forza Ou!! 05 Dic 2017, 00:35 61.73
Grazas pola crónica e a crítica tocaio. Estou dacordo contigo totalmente. O noso goleador no lateral e cando imos perdendo e un menos entón si os xogadores volven ó seu sitio. Que tal se COMEZAN no seu sitio e presionamos ó principio coma cando imos perdendo? Agora a pensar na Copa e mentalizarse que os partidos se gañan no campo, non dende o autobús. 04 Dic 2017, 00:20 36.44
Non fun á Lagoa e non podo opinar realmente pero isto non pinta nada ben. Se defendemos mellor é perdemos igual prefiro perder atacando e dando boa imaxe. 03 Dic 2017, 18:49 36.44
Entón a ver se multiplicamos. A petar A Lagoa. Forza Ou!! 03 Dic 2017, 14:25 -2.37
Nova oportunidade para poñer terra de por medio e achegarse ó líder pero coma sempre con respecto dun rival que iniciou a caída en picado do Bande. A petar A Lagoa. Forza Ou!! 27 Nov 2017, 15:58 36.44
Cos Okupas CF teremos un partido máis na casa. Iso é positivo, salvo que lles pagamos as nóminas ese mes e o que lles dan Baltarilandia, Chunta de Jalusia e Concejo de Urense ese día mėteno en kleenex pra chorar a malleira que lles vai cair. Forza Ou!! 27 Nov 2017, 15:49 36.44
Boa crónica tocaio. Nada que engadir. Agora a recuperar do esforzo contra un dos mellores equipos que pasou polo Couto e a facer bo este empate en Mondariz. Forza Ou!! 26 Nov 2017, 19:52 36.44
O DEREITO que ten o Puente a xogar no Couto é o que lle deu a Xunta do PP, que odia ó Ourense por non podelo manipular. DEREITO tería o Carballeira,que é da zona do Couto E NON SE CÓMPRE e ten que ir xogar ás Lagoas creo. DEREITO ten o Ourense a xogar os partidos tranquilo cando coincide co Puente e NON SE CÓMPRE. Este é o dereito que aplica este tipo de xentalla que ten o pider: o que perxudica ós que non pensan coma eles. Forza Ourense!! 25 Nov 2017, 09:25 89.26
Non pensemos nos pontinos porque de momento van xogar no Couto e só o tempo, que pon a cada un no seu sitio, os vai poñer de volta en Oira ou en Quintela de Canedo 😜. Discrepo con que o que máis nos beneficia é a vitoria do Estradense porque co empate recortámolles dous puntos ós dous se gañamos e do outro xeito tres só ó Sanxenxo. Loxicamente, prefiro que gañe o Estradense se gaña algún. 22 Nov 2017, 23:47 36.44
Partido complicadísimo ante un dos mellores do grupo pero moi irregular fóra da casa. Boa oportunidade para descontar puntos co líder, co terceiro ou cos dous. A humildade é o traballo estannos levando polo bo camiño. Esta é a senda para lograrmos o obxectivo. Forza Ou!! 20 Nov 2017, 01:38 60.59
Na esquerda eran case todos ourensanistas e na dereita estabamos mesturados con maioría deles(polo menos estaba o que berraba moito que eramos o equipo da deputación de Ourense). Díxenlle que puxera lentes, que somos o Ourense non o Bande nin o Puente. Claro que non foi penalty. Claro que merecemos gañar a pesar de non xogar ben hoxe. Obvio que o mellor volveron ser os tres puntos nun campo grande que parecía un lameiro pola altura do céspede. Seguimos segundos e a manter a posición contra o Moaña no Couto. Forza Ou!! 20 Nov 2017, 01:02 60.26