O campo permitía xogar por medidas pero lembra que estaba feito un lameiro pola altura da herba. Estaba moi rápido polo mangueirazo que lle botaron e o Gondomar presionaba arriba "de lo lindo". Os dous goles que metemos foron un contragolpe por presionarmos ben no centro do campo un intento de xogar o balón deles e o segundo, unha xogada preciosa de Hugo que marchou até a liña de fondo e deu o pase da morte. Tamén pouco mais fixemos pero o partido foi un intento precisamente de chegar en balons longos polo bo repregue do Gondomar que presionou moitísimo. Estas situacións pódense contrarrestar xogando máis por banda pero en Gondomar non o fixemos.
Na casa, que temos boas dimensións e bastante mellor superficie, a pesar dos "cavacepas" do día anterior, temos que tirar de ADN para sacar adiante os partidos porque o Couto é o noso fortín. |
03 Ene 2018, 10:50 |
128.06 |
3 |
0 |
+info
|
Obviamente Unionista pero o do fútbol de patadón non está no noso ADN. No Couto seguiremos facendo bo fútbol e fóra cando nolo permita o campo, pero si coincido en saír destas categorias canto antes porque non nos corresponden polo que representamos. Tamén coincido en que o Atios ou calquera nos pode gañar porque somos o Ourense e todos veñen ó 200 % contra nós, o cal celebro.
Con toda a humildade e respecto polos demais, temos que ascender porque SOMOS O OURENSE.
Forza Ou!! |
02 Ene 2018, 14:02 |
238.62 |
3 |
0 |
+info
|
David non te lances. Estou dacordo contigo en todo pero o ascenso matemático prodúcese cando os rivais non te poden coller aínda que perdas os partidos que restan. Eu con ascender no último partido en Atios confórmome aínda que dese xeito podería ser de infarto :D:D:D. |
01 Ene 2018, 01:31 |
127.32 |
3 |
0 |
+info
|
Nós levabamos unha racha que daba pena e mira onde estamos. Se as metemos non temos rival porque creamos moitas ocasions no Couto e en Pontevedra. Se somos capaces de corrixir os erros en defensa non temos rival. E co Atios a por eles dende o minuto 0 porque son un equipazo de coidado.
A encher a tribuna.
Forza Ou!! |
31 Dic 2017, 16:01 |
127.32 |
3 |
0 |
+info
|
A miña opinión é que co golazo de Alfredo o Erizana abriuse e aí foi onde perdoamos unha goleada de escándalo. Tamén é verdade que nos perdoaron eles cando foron polo empate. O Erizana é un bo equipo pero con pouca pegada polo que vin onte. O Xurxiño estivo mundial coma en Sanxenxo.
Obxectivo cumprido e agora a sacar adiante o partido do Atios, un dos favoritos a priori.
Ala Ourense!! .
|
30 Dic 2017, 15:09 |
62.39 |
2 |
0 |
+info
|
Cento e pico anos de historia con cento e pico analfaburros dentro e o Carrabouxo que é o único que presta. |
29 Dic 2017, 17:09 |
62.36 |
2 |
0 |
+info
|
Grazas tocaio, a pesar do Losada que é un trapalleiro, este é único diario imparcial que na edición ourensá informa do equipo representativo da cidade e da provincia porque non é manexado pola mafia pepeira da boina que dirixe La Religión. |
28 Dic 2017, 16:26 |
62.36 |
2 |
0 |
+info
|
É curioso que un equipo ultradefensivo coma o Xuventú leve só un gol menos en contra co Ourense que é todo o contrario. |
23 Dic 2017, 11:19 |
62.67 |
2 |
0 |
+info
|
Final, Valladares 0 - Xuventude Sanxenxo 0. O Xuventú dianta a Bande e Ourense por golaveraxe xeral de momento. |
22 Dic 2017, 23:19 |
62.67 |
2 |
0 |
+info
|
Tocaio, as crónicas que sobes quen as escribe? Son un insulto ó periodismo. Non sabe escribir e confunde ós equipos. Que se dedique a outra cousa. |
22 Dic 2017, 14:23 |
62.67 |
2 |
0 |
+info
|
Fáltanos un dianteiro e sóbranos un defensa para conseguir o ascenso folgadamente. |
21 Dic 2017, 14:22 |
36.81 |
1 |
0 |
+info
|
Completamente dacordo. German é un cemtrocampista de corte defensivo con moita clase pero queda desaproveitado na posición de central.
Lin de novo o teu comentario tocaio e non o entendera. Discrepo contigo en que Oli non é bo xogador. Para min é dos mellores que temos pola polivalencia de xogar nas dúas bandas. O problema del véxoo en que ten minutos que desaparece. Iso tamén lle pasa a Alfredo, outro fenómeno co balón nos pés. Temos un señor equipo e hai que limar defectos. Iso é cuestión do corpo técnico. Vieytes é un gran central pero necesitamos a intensidade da segunda parte en Sanxenxo e un punta que vaia ben de cabeza. O resto xa o temos. |
21 Dic 2017, 10:52 |
62.67 |
2 |
0 |
+info
|
Se te fixas no comentario xa escribín que son dous dos mellores xogadores que temos. Só recalquei o asunto de estar atentos en situacións evitabeis. Eu confío e aposto por estes xogadores porque marcan ben e son moi veloces cando queren. |
20 Dic 2017, 16:03 |
36.69 |
1 |
0 |
+info
|
Acabo de ver os dous goles do Xuventú en "Tu mejor gol" e o meu resumo é o seguinte. 1-0 : Curry vaise de Oli en velocidade e centra para que marque Hugo Jiménez anticipándose a Pato e a Codeso. 2-0: Hugo Jiménez vaise en velocidade de Codeso e centra para que Corrales marque a pracer no pico da área ante a mirada de Oli. Codeso e Oli son dous dos nosos mellores xogadores. Temos que estar máis atentos e ocorrerán cousas que non se poden evitar, pero estas si podemos evitalas. |
20 Dic 2017, 13:46 |
62.55 |
2 |
0 |
+info
|
El Sangenjo te jueja el viernes 22 como la lija prufisiunal. Te quieren hacer el selfi de sejundos. A ver se o Valladares lles vai foder a foto 😂😂😂. |
20 Dic 2017, 09:41 |
62.55 |
2 |
0 |
+info
|
Si. Xa estou aló. |
20 Dic 2017, 09:35 |
101.42 |
2 |
0 |
+info
|
Sexto, aproveita este ano para desfrutar do Ourense porque para nós esta é unha categoría de paso e dubido que nos volvades ver o pelo. Para o ano xa estades co Portonovo que é o que manda na zona e ten un campo de herba coma deus manda.
Esa é a vosa liga non xogar co Ourense, con todos os respectos para os equipos modestos ;-) ;-) ;-). |
20 Dic 2017, 01:06 |
36.67 |
1 |
0 |
+info
|
Venres 29 de Nadal, todos ó Couto ante este gran rival e histórico da Preferente galega, o Erizana de Baiona.
Humildade e intensidade para gañar os tres puntos. |
19 Dic 2017, 11:08 |
62.53 |
2 |
0 |
+info
|
95 comentarios. Non está mal. Vamos un partido para atrás ó chat do Erizana xente B-) |
19 Dic 2017, 10:08 |
36.67 |
1 |
0 |
+info
|
Podes falar cando queiras que es benvido sexto pero di cousas con xeito home. Saúdos. |
18 Dic 2017, 23:35 |
36.55 |
1 |
0 |
+info
|