E non só os 11 titulares(considerando que Pato é un ourensán máis). Os 5 que vai haber no banco tamén son de Ourense. O adestrador, o seu segundo, o preparador fisico, o delegado, todos son de Ourense. E sabes o máis bonito de todo? Que case todos son ourensanistas porque militaron no CD Ourense e nas seccións inferiores. Ninguén está no Ourense pola pasta. Por isto e por moito máis é un orgullo ser deste equipo.
Grazas polos datos Pavel. Felicitacións ó Estradense por ter xente da Estrada e que gañe o que o mereza e que sexa o Ourense, e sorte en Bande que aí si quero que empatedes porque o Bande é outro dos equipazos do grupo.
Forza Ou!! |
16 Ene 2018, 23:36 |
129.72 |
3 |
0 |
+info
|
Primeiro, pretendía dicir "por curiosidade" e escribín "por casualidade". Xa o corrixín. A pregunta era informativa non peiorativa, coma di o Pavel. Pero xa que sacas peito, aquí non ten por que calar ninguén se fala con respecto. Por esa regra o Bande ten máis afección que todos nós xuntos porque cos habitantes que ten o pobo, se ten 50 socios xa nos malla a todos. O do resuposto noso éche pola masa social, non polas axudiñas do concello e deputación. E claro que temos que ascender, pero por categoría de equipo non por presuposto. Non sei se estiveches no Couto na rimeira volta. Sofreces algo? Espero que o domingo non volvas sofrer porque coma ti dis o Ourense debería levar a liga "de calle. |
16 Ene 2018, 15:41 |
129.72 |
3 |
0 |
+info
|
Nós somos sobre 1500 socios galgu e habitualmente imos entre 200 e 400 ós desprazamentos.. Cantos socios ten o Estradense por curiosidade? Que capacidade ten a vosa grada máis ou menos? |
16 Ene 2018, 09:46 |
129.72 |
3 |
0 |
+info
|
A petar o municipal da Estrada e a traer os tres puntos coma é a nosa obriga ante este grandísimo equipo que é o Estradense.
Forza Ou!! |
15 Ene 2018, 11:04 |
129.67 |
3 |
0 |
+info
|
Excuso crónica porque o tocaio cravouna
Ourensanistas, a petar A Estrada. Non queda outra. |
15 Ene 2018, 09:38 |
62.91 |
2 |
0 |
+info
|
A ver se mañá vés ó Couto David. Ti por non invitar...:D:D:D |
14 Ene 2018, 00:32 |
36.62 |
1 |
0 |
+info
|
O que eu che diga. Que se apunten os do Bande e do Puente e malo será que non cheguemos ós 1500 😂😂😂. |
12 Ene 2018, 11:41 |
62.51 |
2 |
0 |
+info
|
Concordo coa túa análise. Deberíate fichar o Faro 😎. |
11 Ene 2018, 11:58 |
36.62 |
1 |
0 |
+info
|
Vouche dicir a miña idea con respecto a Oli. Véxoo coma un lateral moi ofensivo que ás veces se esquece de que hai que baixar a defender. Como ten moi boa condución de bola tamén o vexo coma un volante por ambas bandas chegando até liña de fondo e centrando(centrar ben xa é outra cousa). É unha pena que non se aplique porque resulta moi polivalente. A Codeso véxoo un lateral moi veloz e realmente bo no un contra un, ainda que non ten condución, polo que se desenvolve mellor en tarefas defensivas. É un defensa total. É unha pena que se lle faga de noite ás veces cando curta un balón e hai que facer unha transición porque o manda directamente á grada de preferencia. Para min son perfectamente válidos se ambos asomen que teñen calidade e o poden facer moito mellor. |
11 Ene 2018, 00:49 |
62.51 |
2 |
0 |
+info
|
Non dixen en lugar de, dixen por diante en tal caso. Ou quérelo largar do equipo? Alfredo debe xogar en punta non no medio campo. E Charly claro que ten sitio no once pero o Oli pode ser un bo recambio para o medio campo.Hoxe almorcei leite con colacao coma sempre por? |
10 Ene 2018, 17:06 |
62.51 |
2 |
0 |
+info
|
Paréceme un acerto a fichaxe deste ourensanista que se non se cruzara o Boiro xa estaria connosco antes. O do lateral esquerdo é cousa de Codeso, e Oli por diante porque está visto que no lateral fai augas. Agora faltaría ese dianteiro para apuntalar o equipo que se fose Quintairos coma dicían aí atrás non me me ofendería demasiado. |
10 Ene 2018, 11:26 |
156.17 |
4 |
0 |
+info
|
Equipo rochoso o Valladares. Fútbol directo con calidade nos dous puntas que a pinchan ben. Boa chegada nas segundas xogadas dos centrocampistas que disparan forte sen pensalo dúas veces. O asunto será marcarlles o primeiro. Temos que ser fieis ó noso xogo e os goles chegarán.
Forza Ou!! |
09 Ene 2018, 11:44 |
156.17 |
4 |
0 |
+info
|
A ver se aprendemos dos erros dunha vez porque cada partido que pasa é unha oportunidade menos para rectificar. Aínda que pareza incríbel, a pesar da semidesfeita do domingo seguimos segundos en ascenso directo. A defender con uñas e dentes esa posición.
Forza Ou!! |
09 Ene 2018, 00:07 |
62.51 |
2 |
0 |
+info
|
Pavel, concordo contigo en que son malísimos, e xa falei que o de onte foi demérito do Ourense por perdoar á contra e meternos atrás nos últimos minutos. Pero non vou permitir que veña un hater do Puente dicindo que os árbitros nos benefician porque realmente prexudican a todos.
Nas últimas 5 tempadas o campión de inverno ascendeu. E até a posición do Atios incluido vexo serias opcións de calquera para acadar o ascenso directo. Isto está igualado e moi emocionante.
Ala Ourense!! |
08 Ene 2018, 10:48 |
128.06 |
3 |
0 |
+info
|
Nós non ne nesitamos diso para ascender, sacámoslle máis de vinte puntos ó terceiro.
Este ano ascenderemos con menos puntos a pesar da mafia de Pontevedra. E aprende a escribir.
Forza Ourense!! |
08 Ene 2018, 00:17 |
128.06 |
3 |
0 |
+info
|
A miña sincera opinión é que perdoamos a sentencia en demasiadas ocasións e o Atios empatou merecidamente porque o buscou até o final, fora penalty ou non fora. Un equipo coma o Ourense non pode entregar o balón nos últimos minutos botando o esférico fóra ó patadón e pedindo a hora. Creo que temos calidade de sobra para sacar a bola xogada e matar ó contragolpe. Con esta actitude vai ser complicado alcanzar a meta. En Sanxenxo encantoume a actitude da segunda parte. Hoxe foi penosa. |
07 Ene 2018, 19:31 |
128.06 |
3 |
0 |
+info
|
A UD Ourense, a regresar con bo pé
Os de Currás deben dobregar ao equipo menos batido da liga no seu fortín do Couto
07.01.2018 | 03:09
Un adeus e unha benvida danse a man esta tarde (16.30 horas) no estadio do Couto. A Unión Deportiva Ourense e o Atios despiden a primeira volta da liga no grupo 2 de Preferente e abren o ano 2018 con ambición compartida. Os ourensanistas necesitan o tres puntos para manter o asedio ao liderado e os porriñeses para engancharse ao vagón dianteiro da clasificación.
Unha carambola podería mesmo coroar ao conxunto que adestra Fernando Currás no encontro que pecha a primeira parte da liga. Se lle gaña ao Atios e o Estradense perde no campo do Valladares faríase co liderado. Na parte da premisa que lle toca, a UD Ourense contará ao seu favor co factor O Couto, onde só escaparon dous dos 27 puntos que se puxeron en xogo desde o pasado mes de setembro. O desta tarde será o segundo que xogue de forma consecutiva en casa e aínda quedará o do próximo domingo contra o Valladares. Con fortaleza doméstica, os descoidos cometidos a domicilio atenuarán a súa incidencia na táboa.
En canto aos recursos humanos, o técnico unionista terá polo menos unha baixa a maiores con respecto ao partido que pechou o ano contra o Erizana. Aquela noite o central Pablo Corzo viu a quinta amarela do primeiro ciclo, polo que a defensa exponse á enésima reformulación. Para o plan de ataque, decimado por unha lista de ausencias que inclúe a Fran Martínez, Adrián, Unai e Omar, todo apunta ao regreso ao once de Jony.
A UD Ourense necesitará a súa mellor versión para frear o adiantamento que vén realizando o Atios na táboa clasificatoria. Se levan esta tarde o tres puntos do estadio do Couto, os de José Tizón converteranse nun rival máis polos dous postos de ascenso. Proba do seu potencial foi a vitoria no feudo do Estradense, aínda que mediou un penalti discutido co tempo esgotado e unha mala mañá na definición do vixente líder.
O porteiro do Atios, Álvaro Gómez, Vitas, é o menos batido da liga despois de 18 xornadas. Encaixou 18 tantos e en seis partidos mantivo os seus dominios intactos. A UD Ourense marcou cada domingo desde que empezou a liga, pero necesitará un repunte de eficacia para superar unha das probas máis difíciles.
|
07 Ene 2018, 12:12 |
128.06 |
3 |
0 |
+info
|
Ademais diso cávanse cepas no Couto o sábado á noite, por iso non convén que chova moito para evitar as fochancas que aparecerán nese caso. Tocaio, parabéns polo ben que definiches ós cavacepas. |
06 Ene 2018, 01:56 |
128.06 |
3 |
0 |
+info
|
Visitacampos, sabes o que é o touciño?
E a velocidade?
Porque se comparas a eses cavacepas do Puente co Ourense creo que confundes ambos termos. |
05 Ene 2018, 00:38 |
128.06 |
3 |
0 |
+info
|
Xa lles gustaría ser neandertais. Estes eran humanos dunha especie diferente ó sapiens, máis capacidade craneal pero con dificultades para falar pola disposición da larinxe. Estes son dúas especies de Australopitecus: os da baixa Limia, Australopitecus boinens, e os de Oira, Australopitecus birretens. |
04 Ene 2018, 18:01 |
128.06 |
3 |
0 |
+info
|