Eu creo qur neste chat todos remamos na mesma dirección e lle queremos ó Ourense. Pero a veces non está mal opinar acerca do que se pode corrixir aínda que non guste ó corpo técnico porque eu sigo pensando que a cousa é máis de preparación física e táctica que de fichar a un 9. Os futbolistas son atletas que se teñen que planificar e coidar para que poidan render adecuadamente non equipo. Iso é, modestamente, o que penso que falla no noso querido Ourense porque xogadores con calidade para ascender vaia se os temos. |
04 Feb 2018, 23:40 |
63.19 |
2 |
0 |
+info
|
O inimigo do Ourense é o Ourense mesmo. Neste caso nin o Puente nin o Bande teñen moito que ver. O árbitro non nos mete os goles en contra tamén. Vieytes é unha boa fichaxe pero concordo en que o problema é: a que xogamos e en que condicións físicas e de planificación estamos para ter tantas baixas. |
04 Feb 2018, 22:34 |
63.19 |
2 |
0 |
+info
|
Que opinades da preparación física?: Xurxo recae, Fran lesionado e continúa, Alfredo rompe, Joni hoxe deu pena, Unai e Adrián non están ben e Durán rompe. Vedes algunha responsabilidade no corpo técnico(preparación física) ou é erróneo pensar isto? |
04 Feb 2018, 21:39 |
63.19 |
2 |
0 |
+info
|
Hoxe tocamos fondo. Non vexo ideas. É certo que faltaban Codeso, Fran, Germán e Alfredo pero non hai excusas. O equipo hoxe non xogou a nada. O Porriño con moi pouquiño levou o partido. |
04 Feb 2018, 18:55 |
63.19 |
2 |
0 |
+info
|
A ver se se compre o que dixo Charli. A partir de agora, a sumar de 3 en 3.
Forza Ou!! |
04 Feb 2018, 15:34 |
36.48 |
1 |
0 |
+info
|
A ver se o bon de Fran aplica esas dúas parrafadas no campo que son moi acertadas e esquece a que lle soltou ó árbitro o día que foi expulsado. Porque o seu discurso é fundamental na creación e finalización do equipo. |
03 Feb 2018, 12:59 |
63.19 |
2 |
0 |
+info
|
Non sei se inventa parte dos reportes. Si sei que é un trapalleiro de coidado o tal Losada. |
02 Feb 2018, 11:22 |
103.86 |
2 |
0 |
+info
|
Conforme recuperemos á xente van caer as vitorias fóra. Xa veredes. |
02 Feb 2018, 02:03 |
103.86 |
2 |
0 |
+info
|
O que ten que dicir o míster é repetir o que dixo na presentación. Imos traballar a tope con este gran plantel para tentar de ver a todos os rivais dende a cima da clasificación ó final da tempada. O demais sobra. |
01 Feb 2018, 16:07 |
130.57 |
3 |
0 |
+info
|
Apareceron pinturas rupestres en Vilardevós. Parece que se xuntaton os da Baixa Limia e os da Ponte Canedo e foron de picnic.😂😂😂.
Eu coincido no que dis polos comentarios do míster. Se estiveramos entre os dous primeiros poderíamos dicir que non hai queixa. Pero se remata agora a competición teríamos que gañar a eliminatoria co As Pontes e esperar os ascensos a 2B.
Vexo a Xoel, Adrián e Hugo como dianteiros centro natos. Os dous últimos con pouco gol. Será Xoel o ariete que precisa o Ourense? Démoslle tempo para madurar.
|
01 Feb 2018, 11:30 |
130.57 |
3 |
0 |
+info
|
É o que ten facer as cousas a correr. Un auténtico trapalleiro. |
31 Ene 2018, 11:30 |
130.57 |
3 |
0 |
+info
|
Que son churras e merinas? Que che quede ben claro a ti e ó teu unionismo que seguimos sendo o Ourense cunha letra diferente no nome por asuntos administrativos e da débeda que deixou o PP da voina no NOSO clube. Unionistas sodes moitos no fútbol. Ourensanistas só somos e seremos nós guste ou non guste ós que nos fundiron cando tiñamos a letra C en vez da U. |
31 Ene 2018, 09:40 |
77.09 |
3 |
1 |
+info
|
troity, tedes moi bo equipo pero non esquezas que o Ourense é moito máis potente que o ano pasado. Anque coincido contigo en que o Bande é moi perigoso no Couto pola velocidade e verticalidade que ten. Asemade penso que os dous temos mellor equipo que o Estradense. |
30 Ene 2018, 14:52 |
63.19 |
2 |
0 |
+info
|
Unionista, discrepo dalgunha cousa que parece que obvias constantemente.
Ti pintas unha tal UD Ourense que acaba de chegar ó fútbol e o ano que ven vai ir por prmeira vez, esperemos, por toda Galiza e que é coma calquera equipo aínda sendo un equipazo e tal e tal.
Pois non. Un equipo é a súa afección, e esta afección é de segunda división guste ou non. Un día quitáronnos o equipo que representaba a Ourense e á provincia pero volvémolo facer e aqui estamos de novo, Si, aqui estamos de novo. O Ourense voltou, partindo de cero pero cunha afección de segunda división que xa tiña. E iso é o plus que os demáis non teñen aínda que sexan auténticos equipazos. Cando es líder no Tour de Francia o maillot dáche ás. A camisola do Ourense dalles ás ós xogadores. Por iso con baixas importantísimas empatamos en Sanxenxo e Salceda á heroica. Con este bache debido ás lesións, e non tanto ó xogo, imos a tres puntos do líder e a un do Bande que non me canso de dicir que é un tremendo equipo anque xogue ás canicas. Como será cando teñamos a todos os mimbres. Non imos arrasar, claro que non, pero seguro que faremos moitos puntos fóra do Couto, a nosa casa. Ese é o plus de ser o Ourense.
Ala Ourense!! |
30 Ene 2018, 00:40 |
63.19 |
2 |
0 |
+info
|
O que dis da racha fóra é verdade pero se mantemos a racha na casa, a mellor do grupo, ascendemos si oy si. |
29 Ene 2018, 12:12 |
36.48 |
1 |
0 |
+info
|
Non puiden asistir ó partido pero despois de ler todos os comentarios concordo coa análise de berdián e o tocaio. Con esta actitude de loita e se imos recuperando tocados e sancionados acadaremos o ascenso ansiado aínda que xoguemos ás canicas.
Forza Ou!! |
28 Ene 2018, 23:36 |
63.19 |
2 |
0 |
+info
|
Ostiazo non sei pero fracaso seguro. Hai que empatar. |
28 Ene 2018, 18:36 |
36.48 |
1 |
0 |
+info
|
Tanto ten. Eles non xogan. Hai que empatar. Que entre Xoel. |
28 Ene 2018, 18:33 |
36.48 |
1 |
0 |
+info
|
Fichamos a Vieytes e márcannos de córner? Mal rolo entón.
Vamos Ou!!. Último esforzo. |
28 Ene 2018, 18:30 |
36.48 |
1 |
0 |
+info
|
Vamos Ourense!! |
28 Ene 2018, 18:22 |
36.48 |
1 |
0 |
+info
|