Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
https://www.google.es/url?sa=t&source=web&rct=j&url=http://www.transfermarkt.es/hugo-sanmartin/profil/spieler/441189&ved=2ahUKEwi-oObd8ZjZAhXEDuwKHVuaDbsQFjAAegQIDRAB&usg=AOvVaw0O2AM83nRkwA8ay0xtoYna 09 Feb 2018, 14:04 63.19
Lembras a Richi? O pequeniño do Porriño e ex do Coruxo. É similar. Moi móbil. Pode xogar en calquer posto da dianteira incluido dianteiro centro a pesar da súa estatura. 09 Feb 2018, 14:02 63.19
Zapeu, o de que cobran ben supoño que vai por Pablo Carnero porque no caso de Hugo Ssnmartin dubido bastante que cobre... 09 Feb 2018, 13:17 63.19
Obviamente porque "sobra" algún defensa e "falta" algún finalizador. 09 Feb 2018, 12:58 63.19
Hugo xogou en segunda b e agora en terceira. Pablo está en segunda b. Son futbolistas e noves contrastados. Todo o que sexa mellorar e respectando o presuposto, benvido sexa. 09 Feb 2018, 12:12 63.19
O malo é que polo horario moita xente curra e non pode ir. 08 Feb 2018, 20:14 63.19
Subín dúas fotos do campo das Laxes. Non sei se se ven, eu véxoas. 08 Feb 2018, 18:21 63.19
Os que estean teñen que saír a morder e non sestear en todo o partido. 08 Feb 2018, 15:46 63.19
Concordo convosco, cuclillas e berdian. En Ourense queremos fútbol e tamén rugbi pero na liga de rugbi. E cando se recuperen os teóricamente titulares voltaremos á senda do triunfo con ese plus de saber que a clasificación deunos un aviso e non podemos volver afrouxar en ningún tramo máis da tempada. 08 Feb 2018, 10:55 63.19
Está de primeiro co Santa Coloma na Primeira División andorrana. Podía vir para o ano ;-) 07 Feb 2018, 00:46 36.48
Aínda anda no Andorra o Noguerol? 07 Feb 2018, 00:39 36.48
Quédome co fútbol de toque obviamente. O outro é rugbi e pode valer para ascender pero a iso eu non vou. Manías que teño eu. Que hai que dar un patadón nun momento dado ou se o campo é futbolín e non hai espazos? Pois xógase máis directo e máis físico. Sen problema. Pero na casa hai que tentar de xogar ben que para iso temos un campazo. Non soporto ver eses boleóns de Pato ao extremo. Xa sei que é cousa miña pero fútbol é fútbol e o outro é rugbi e non me mola. 06 Feb 2018, 21:56 63.19
Celestin, dixen que era un futbolín coma o do Bande. Para facernos unha idea, o porteiro saca e ocasión de gol. É un campo pequeno entre os pequenos. Podo saber onde está a falta de respecto? Onde se poden ver unhas fotos de As Laxes? Que capacidade ten a grada? 06 Feb 2018, 18:33 36.48
Eu penso que aínda que gañemos en Beluso hai que mover ficha, facer algún descarte e traer alguén que supla carencias cando haxa baixas inesperadas. 06 Feb 2018, 12:06 63.19
Eu creo que o da preparación física é determinante nas lesións musculares. E o dos campos pequenos tamén inflúe en equipos con máis posesión que tentan tocar o balón coma nós porque ó haber menos espazos se o rival presiona arriba ou no centro do campo hai que ter moitísima calidade coma teñen Durán, Fran ou Luis para saír desa presión. E aínda así vancha roubar fixo. O que si estou botando en falta no Couto é o xeito de sacar o balón dende atrás. Agora cólleo Pato e patada a seguir á banda cara Charli ou Joni. É o prezo de ter menos Xurxos na defensa con valentía e xeito para xogar ó fútbol, ainda que non o entendo porque Vieytes, Josu e Germán teñen calidade de sobra para sacar o balón xogado nun campo grande coma o fixo o Atios e o fai o Estradense. Nos pequenos xa hai que facer outro fútbol, non queda outra. 06 Feb 2018, 00:00 63.19
Hai praza para dous e ó mellor para tres. Nós ó noso Pesule. 05 Feb 2018, 19:00 63.19
Este é o futbolín que nos espera. https://www.paxinasgalegas.es/campo-de-futbol-municipal-de-laxes-281103em.html 05 Feb 2018, 17:16 63.19
Se recuperamos a Frodo vai ser un notición. 05 Feb 2018, 15:10 36.48
Hai que recuperar a Xurxo, Fran e Omar polo menos para uns minutos e tamén a versión boa de Joni. Pode xogar Charli? 05 Feb 2018, 14:36 36.48
Si. É outro Outeiro. A ver se facemos un "Durán" sen Durán. 05 Feb 2018, 09:09 63.19