Eu non podo ir a Marcón porque me toca traballar, e ben que me fastidia porque o equipo necesítanos coma sempre e teño a sensación de que vai responder coma en Beluso con garra e oficio. A ver se facemos unha segunda volta boa fóra da casa e esquecemos o de onte no Couto porque non merece a pena darlle voltas.
Ale Ourense!! |
19 Feb 2018, 15:42 |
130.91 |
3 |
0 |
+info
|
Un par de apuntes persoais. Dos 8 goles que marcou Joni creo lembrar que foron todos vindo dende atrás e entrando polo centro. Por tanto onde debe xogar Joni? Na banda? Discrepo. Coincido coa idea de que Unai está desaproveitado na banda. É un rematador. Por último, por que Frodo na banda dereita se pode romper pola esquerda coa velocidade que ten? Concordo que estamos desaproveitando as bandas e por iso non chegan as ocasións. E a base de ocasións chegan os goles.
Foron máis de dous apuntes pero todos coinciden en que nos falta banda e chegar unha decima de segundo antes que o contrario ó balón.
Xa sabemos que vai pasar en Marcón verdade? Alguén lembra o de Beluso?
Máis nos vale.
Forza Ourense!! |
19 Feb 2018, 11:24 |
36.30 |
1 |
0 |
+info
|
😂😂😂😂😂😂😂😂😂😂😂😂
Pesule, es mundial. Eu parto o cu de rir contigo. |
19 Feb 2018, 10:59 |
36.30 |
1 |
0 |
+info
|
A ver que é obvio que con Frodo e Hugo e Joni quizais se gañaría hoxe por un xenialidade do primeiro ou o último. Non o nego e até o subscribo. Pero é que era o Alerta de Navia, non o Porriño nin o Atios. Non hai esquema de xogo e iso é o preocupante porque cada día xogamos pior e isto é unha cuestión táctica non técnica dos xogadores porque hoxe un a un loitaron coma micos pero ves que corren coma polos sen cabeza. E claro que hai tempo de sobra pero con esta falta de liderazgo e estratexia dende o banco vai ser moi difícil.
Eu fun un acérrimo defensor do corpo técnico até nos piores momentos mais isto xa pasa de castano obscuro e non se pode defender o indefendíbel. Para min o equipo esta porriba de calquera adestrador. Non hai centro do campo, o Duri multiplícase e acaba reventado o pobre, O Pato manda balóns arriba sen sentido, xa o dixen máis veces, e iso é porque llo mandan facer. Considero que é un luxo telo. Coma tantos outros xogadores que temos. Os rivais no Couto sempre chegan un chisco antes do que os nosos ó balón, e iso non é calidade, é preparación fisica. Repito, hai que facer algo xa e non creo que teña que ser traer dianteiros. |
18 Feb 2018, 23:22 |
36.30 |
1 |
0 |
+info
|
Discrepo tocaio. Hoxe mereceron perder os dous. Por iso empataron. O Alertanavia ten un pase e para min ten todo o mérito do mundo. Pero o Ourense non pode facer o ridículo con este campazo, esta afección e estes xogadores. Punto e final. |
18 Feb 2018, 20:45 |
36.30 |
1 |
0 |
+info
|
Esperpento no Couto cun Ourense que non xoga a NADA. Aquí hai que tomar medidas urxentes porque aínda estamos a tempo. E non é un dianteiro nin un defensa porque equipo hai para non facer o ridículo co Alertanavia. |
18 Feb 2018, 19:45 |
40.88 |
2 |
1 |
+info
|
Pesule, a baixa Limia e Galiza quéimana os mesmos que a apagan. Os negocios pepeiros sempre son así. O fin xustifica os medios.
Hoxe temos que gañar si ou si e despois ollamos o que fixeron os outros, mas ollalo antes non serve de moito.
Forza Ou!!
|
18 Feb 2018, 11:48 |
63.01 |
2 |
0 |
+info
|
A cultura galega existe ben antes de toda esa españolada que nos invadiu e que fala Pesule, mais iso é un tema doutro chat,,,
Aquí Forza Ou!! |
16 Feb 2018, 03:24 |
63.01 |
2 |
0 |
+info
|
Pesule. contigo a morte coma vermello que es. Pode que non comparta o xeito mais si o fondo da túa crítica. Eu teño mágoa de que un equipo ourensán histórico coma o Bande fique esquecido e afundido cando esta mafia que o goberna o abandoe á súa sorte.
Ogallá non aconteza nunca e ascendan connosco porque é un equipo ourensán.
Mudando de tema, sábese algo de se terán minutos Alfredo e Fran para asistir ó noso 9 Joni o domingo? |
15 Feb 2018, 11:39 |
49.55 |
3 |
1 |
+info
|
Típico caso de clube feito polo teito e sen infraestrutura de ningún tipo. Só os cartos do Concello e a Deputación. Altamente patético. Por certo, os pepeiros xa teñen un xeriátrico en Bande e están moi interesados no fútbol para fastidiar ó Ourense pero acaban de botar a un velliño que non reúne os 1200 € para pagarlles. |
14 Feb 2018, 03:54 |
23.04 |
2 |
1 |
+info
|
E o que di Ourense15 e o que eu digo é o mesmo. Estamos facendo a mellor base de Ourense(porque coma dicían dous de Boiro, a canteira é para as pedras), e nuns anos vai ser o Ourense do futuro tanto en nenos coma nenas(este campo aínda algo escaso e con moita marxe de mellora). Os "contrastados" son fundamentais para chegar o antes posíbel a terceira. Despois o desnvolvemento da nosa base e a masa social dirán até onde quere chegar este gran equipo chsmado a ser o espello da mocidade ourensá. |
14 Feb 2018, 02:54 |
90.74 |
2 |
0 |
+info
|
Digamos que a política do equipo é mixta. Por un lado ficha talento contrastado para ascender e por outro monta unha base que é modelo na provincia e tenta fichar xogadores noviños sempre da provincia e da cidade. Os contrastados son ourensanistas que non estarían aquí se non tivesen sangue vermello. En canto a Bruno, outro vermello contrastado estivera onde estivera, coido que non confiou en si mesmo se cadra porque probabelmente tería acabado coma titular indiscutíbel no Ourense. É unha mágoa. |
12 Feb 2018, 23:38 |
36.50 |
1 |
0 |
+info
|
Estou completamente dacordo con berdian e con moitas cousas de cuclillas que se ve que vive o fútbol coma unha relixión. Creo na honradez e compromiso do noso mister.
Opino que un xogador de fútbol ten que ter humildade e esperar a súa oportunidade e se Bruno non está no Ourense é por decisión propia exclusivamente. El prefire ser cabeza de rato que rabo de gato. E se tivese humildade quizais seria cabeza de gato. Sigo pensando que habería que dar algunha baixa aínda que lle doa ó adestrador e traer alguén que sume para acadar o ascenso. |
12 Feb 2018, 19:33 |
36.50 |
1 |
0 |
+info
|
A miña opinión segue sendo a mesma respecto ós rivais directos. Se o Porriño gaña saca tres puntos por ningún o Estradense. Pero se empatan, os dous van perder dous puntos con respecto a nós se gañamos. Dous o Estradense e dous o Porriño. Sempre interesa o empate entre rivais directos e o Porriño podes crer que é tan ou mais rival que o Estradense para nós. E o Moaña e o Atios non che digo nada. |
12 Feb 2018, 01:40 |
-4.49 |
2 |
1 |
+info
|
Partido que coma o do Valladares hai que gañar si ou si e, coma o de Valladares, foi unha tremenda inxustiza non traer os 3 puntos de Navia por superioridade e ocasións. Xogar coa defensa moi adiantada penalizounos moito asi coma un penalty absurdo igual ó do Couto co Atios.
O dito, a vingar aquel enganoso resultado de 3-3.
Forza Ou!! |
11 Feb 2018, 15:53 |
-4.49 |
2 |
1 |
+info
|
Parece que o equipo captou a mensaxe da afección e da directiva. Primeiro tempo moi bo con presión en todo o campo e só a mancha da cantada da defensa e de Pato no gol do Beluso. Logo enmendouse con boas paradas. Segunda parte de repregue ó contragolpe que surtiu efecto.
Este é o camiño a seguir.
Forza Ou!! |
10 Feb 2018, 21:13 |
259.05 |
4 |
0 |
+info
|
Creo que alguén prognosticou en Palcou os goles de Joni e Corzo de córner. Pois acertou. |
10 Feb 2018, 21:07 |
77.08 |
3 |
1 |
+info
|
A ver o que pasa cuclillas. Dende logo se nos pasamos do presuposto non interesa ningún deses dous, e se os Durán, Luis. Fran e Omar non se recuperan ben para lles xerar ocasións a estes, ben seguro, dous bons noves, pouco importa traelos ó equipo. |
09 Feb 2018, 18:20 |
63.19 |
2 |
0 |
+info
|
Atopei unha guia comparativa moi interesante que revaloriza a Pablo Carnero pois o sitúa con 30 anos, sendo os dous do 1988.
https://www.transfermarkt.es/vergleich/spielervergleich/statistik/def/spieler/441189&62954 |
09 Feb 2018, 14:57 |
63.19 |
2 |
0 |
+info
|
Dacordo contigo Pesule. |
09 Feb 2018, 14:06 |
36.48 |
1 |
0 |
+info
|