Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
O meu resumo: o Ourense gañou con moitos apuros ante un equipo rochoso e ben plantado.O mellor, coma tantas veces, os tres puntos. Debut dun rapaz que leva unha marcha máis que o resto do equipo e que me fai lembrar no fisico e toque a James. 05 Mar 2018, 09:51 63.13
galgu, o que máis nos convén é gañar os nosos partidos porque nos vale calquera das dúas prazas. Basta que pensemos nos outros partidos para que fallemos nós. Levamos 4 finais. 2 gañadas e duas perdidas. A pola próxima final no Grove Ala Ourense!! 04 Mar 2018, 23:31 116.78
Fontebieita, La Religión, como lle chamamos de mote ou Folla Parroquial, é un esterqueiro territorio Baltar e ANTIOURENSANISTA. O único xornal que che vai dar unha idea aproximada do Ourense é o Faro, con sorte de que Losada non fumara esa noite 😂. De onde es e que equipo segues se se pode saber? Saúdos. 03 Mar 2018, 22:02 190.54
Pois que Bande é unha vila importante da baixa Limia cun equipo histórico da provincia. E banda é a que se fixo cargo deste equipo co diñeiro dos demais. 03 Mar 2018, 20:35 217.37
Fontebieita estás mal imformado, Baltar e a sua culimalla ACABARON co CD Ourense. E Baltarín e a súa culimalliña non vai poder co UD Ourense por moito que desvíen cartos públicos para o Puente, o Bande e o baloncesto. En canto ós ascensos o fútbol non é astroloxía e lémbroche que o Ourense foi subcampión de inverno. 03 Mar 2018, 19:19 217.37
Altamente patético berdian...🤑. 03 Mar 2018, 09:07 190.54
Espero que onde vai a pegata da ITV lle poñas o escudo do Ourense e a bandeira vermella onde a luz de atrás para respectaren ó clube da capital na baixa Limia. 02 Mar 2018, 21:07 190.54
Acóplalle un gardachuvas á vespa que para a volta vai chover. 02 Mar 2018, 19:25 190.54
https://m.accuweather.com/en/es/ourense/307768/hourly-weather-forecast/307768?ptab=c&day=3 02 Mar 2018, 19:14 190.54
Se na tribuna collen sobre 1800 persoas sentadas e somos sobre 1500 socios, se xuntamos afeccionados do Campolameiro(han ser tantos coma Bande e Puente xuntos, ou sexa entre 20 ou 30), e fútbol provincial, creo que vai haber que chegar cedo. 02 Mar 2018, 18:54 190.54
Esta xentiña alpabarda ten un lema: "más vale lu malu conucidu que lu buenu por conucer y tutal te son tudos ijuales". Non te mates Pesule que non van aprender. 02 Mar 2018, 16:14 190.54
Sabedes algo da quedada para subir a Miraflores hoxe? 02 Mar 2018, 10:39 217.37
Non sei se dá para ler a foto que subín pero tamén non podo entrar na web subscriptora do Faro. 01 Mar 2018, 13:45 36.30
Probabelmente había un presuposto axeitado para facer un bo campo de futbol en Bande. O que pasa é que certa banda politica imputada por todos lados infla os presupostos e despois fai os campos de futbol cuns cartos que só chegan para canchas de tenis porque os xogadores que traen de superior categoría cobran por encima das posibilidades dun equipo sen masa social para pagarlles. 01 Mar 2018, 13:43 90.59
Pois os dirixentes políticos que están nas directivas de certos clubes con masas sociais de categoría autonómica. 01 Mar 2018, 12:18 36.30
Non sei se é verdade que lle chamou equipo ourensanista ó Puente. Espero que sexa un desliz do reporteiro, cousa á que xa nos ten acostumados. 01 Mar 2018, 10:42 104.17
Subín a foto da entrevista aquí á sección do partido. 01 Mar 2018, 10:37 104.17
Pedrotomas, igual che dixo Ourense71, revisa o vocabulario ó referirte ó equipo da cidade. E claro que somos unha referencia na división que esteamos. O que pasa é que os nosos recursos para fichar son NOSOS, non da Deputación, Concello ou Chunta de Jalisia. 01 Mar 2018, 10:19 104.17
O que pode facer vostede, mestre Pesule, é, cada vez que un especimen destes apareza de refugallo por aquí, agasallar o comentario primate cun gran GÚSTAME cal youtuber e así ninguén perderá as ineptitudes desta prole descerebrada de homínidos primitivos 👹 28 Feb 2018, 18:11 104.17
Eu cando vexo un comentario dos boinens e os birretens doulles un negativo coma os profes na clase ós burros. Só cumpro coa miña obriga. Non podo evitar avaliar a incultura. 28 Feb 2018, 15:04 104.17