Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Partido bo do Ourense na primeira parte e de contención na segunda. Bo en xeral para o patacal en que se está a converter O Couto. Recital de Presas dando asistencias e facendo regates de cintura. Un par de cantadas de Vieytes e Pato que nos puideron custar algún gol. O Pontellas tentou xogar ó fútbol por medio do número 10, un gran xogador, e unha vez máis por banda mais hoxe fomos mellores. Esta final sacámola adiante. A pola vindeira. Forza Ou!! 18 Mar 2018, 20:27 63.20
Aitior69, gústache. roupa deportiva fo Ourense? Iso é a udo. Vaina comprar e cala. 18 Mar 2018, 20:11 36.37
O domingo 1 de Abril Pesule. O día que a sogra o manda ó fútbol na vespa para non o aguantar. 18 Mar 2018, 20:06 36.37
Pois utilizar o diñeiro dos ourensans para un equipo sen socios e ningún tipo de infraestrutura. E iso sábelo, non sei para que o preguntas. 17 Mar 2018, 22:10 36.37
O Bande é un histórico da primeira autonómica ourensá e ten todos os meus respectos a afección e os xogadores. Mais a directiva e o adestrador son uns impresentabeis. 17 Mar 2018, 15:59 117.69
Ou7, o Ourense fíxase en equipos grandes e con identidade propia, non nos promocionados polos concellos e deputacións do PP. 17 Mar 2018, 14:26 117.69
Fontebieita, os de pataca tédelos para o ano: o Antela de Xinzo da Limia que vai segundo no grupo 4. Os de Bande coma o Pesule sonche de ovella e de becerro, aínda que a directiva do Bande éche máis de porco(puro chourizo). 15 Mar 2018, 18:40 36.37
As figuras non fan un equipo mais axudan e os partidos onde xogaron as estreliñas todas o Ourense gañou. Entón, futbol39, dacordo contigo en parte. Isto non xustifica as derrotas porque temos reservas de moito nível así que non valen excusas para o que ten pasado até o de agora. Penso que a preparación fisica se pode mellorar e veremos que acontece nestas 11 finais porque dende o Estradense até o Nogueira todos queren gañar e teñen equipo para facelo. 15 Mar 2018, 18:21 63.20
O Moaña é un conxunto que pode gañar en Mondariz porque xoga moi ben á contra mais é verdade que o Mondariz ten mamado o seu campo e é moi perigoso na Lagoa. Moi difícil o prognóstico. 15 Mar 2018, 12:16 36.37
A xornada 38 porá a todos no seu sitio incluido o Bande 😆 14 Mar 2018, 16:05 63.20
Dixen figuras, non xogadores con experiencia. É diferente. Frodo, Pato, Xurxo, Fran, Duri, Vieytes, Josu, son figuras para esta categoría. O Pontellas ten un gran estratega no corpo técnico e iso é o salientábel desta escadra, non que teñan ó máximo goleador do grupo. 14 Mar 2018, 14:34 63.20
Estades falando do pepeiro corrupto explotamarroquinas? Vaia elemento o amiguiño do Feigó. Outro que tal baila... 14 Mar 2018, 10:31 36.37
Se o Ourense repite os rexistros da primeira volta ascenderá en segunda posición con moita igualdade entre todos porque a liga está moi interesante. 14 Mar 2018, 10:28 36.37
Vése que non liches o kamasutra Tikitak 😆😆😆 12 Mar 2018, 16:17 36.37
Estes teñen un entrenador con maiúsculas. No partido de ida fixéronnos un traxe á contra xogando por banda e sen bombear un só balón. A min encantoume eate equipo pola aposta táctica que teñen e a súa preparación física sen teren ningunha figura no equipo. Se somos mais rápidos podemos sacar o parrido asiante. Se botamos a soneca machúcannos á contra. 12 Mar 2018, 11:13 63.20
Hoxe tivemos borrasca no Grove por iso non xogamos. Acertaches. A ver que acontece no sucesivo...😆😆😆 12 Mar 2018, 00:23 36.30
É que estes de Sanguengo son pepeiros do birrete e mandan mais ca vós os da boina, por iso río tikitak...😆😆😆 11 Mar 2018, 19:47 36.31
Parece que na Baixa Limia houbo borrasca 😆😆😆 11 Mar 2018, 19:08 36.31
😆😆😆 11 Mar 2018, 19:02 36.31
Turu o que eu penso e pensa moita xente é que está fallando o corpo técnico. Temos moita calidade pero os rivais chegan ós balons divididos antes que os nosos. E o de fichar xogadores é que non queremos pasarnos do presuposto porque a nós non nos dan os cartos o concello e a deputación coma ó Bande e ó Puente. Así de simple. 11 Mar 2018, 16:44 36.30