30 no Outeiro veñen sendo coma 10 no Couto máis ou menos. |
24 Mar 2018, 15:22 |
63.20 |
2 |
0 |
+info
|
O quebranoces ha ser un pau para tanguer as vacas mais está bon... |
24 Mar 2018, 01:49 |
36.37 |
1 |
0 |
+info
|
http://www.aemet.es/gl/eltiempo/prediccion/municipios/ribadavia-id32069#detallada |
23 Mar 2018, 18:21 |
36.37 |
1 |
0 |
+info
|
Ó Pesule se tal fállalle a vespa. |
23 Mar 2018, 18:13 |
36.37 |
1 |
0 |
+info
|
A diferenza é que para pagar o Bande ninguén nos preguntou 😠 |
23 Mar 2018, 14:26 |
36.37 |
1 |
0 |
+info
|
O alcalde sei que non é porque se non xa a teríamos Armada no foro.
Quizais é o representante do grupo da oposición en Bande. Quen sabe.
Siga ben don Pesule. |
22 Mar 2018, 23:59 |
36.37 |
1 |
0 |
+info
|
2-2 |
22 Mar 2018, 23:53 |
36.37 |
1 |
0 |
+info
|
Vieytes ten unha microrrotura e será baixa para o domingo
P.R.R. | Ourense 22.03.2018 | 03:46
O central da UD Ourense Diego Vieytes someteuse onte a unha proba médica para determinar o alcance da súa lesión muscular que se produciu no encontro co Pontellas e será baixa para os dous encontros de liga ante o Ribeiro e O Grove e o de Cópaa Deputación, ante o Monterrey. O adestrador, Fernando Currás, tampouco poderá contar co concurso do lateral Oli, que terá que cumprir a sanción dun partido.
A boa noticia será a presenza do dianteiro Fran Martínez que despois de tres meses de baixa xa se atopa en condicións de xogar, un xogador importante para o conxunto unionista, nuns momentos onde é moi importante contar con todo o persoal para seguir soñando co ascenso á Terceira División. O partido do domingo ante o pechacancelas Ribeiro é importante e para gañalo haberá que saír a matar desde os primeiros minutos, ante un equipo peleón. |
22 Mar 2018, 16:20 |
63.20 |
2 |
0 |
+info
|
Vieytes non estará os proximoz 3 partidos por unha microrrotura don Pesule. |
22 Mar 2018, 16:05 |
63.20 |
2 |
0 |
+info
|
Voulle ler o pensamento a Fontebieita: un X :D |
22 Mar 2018, 12:49 |
36.37 |
1 |
0 |
+info
|
É o resultado máis probábel coma co Moaña. O Mondariz pódelle augar a festa a calquera. Con gas e sen gas. |
21 Mar 2018, 22:41 |
36.37 |
1 |
0 |
+info
|
Cando veu o Estradense xogastes no Seixo, e gustaríame saber por que, xa que no Souto poderiades ter gañado bastantes mais partidos. |
21 Mar 2018, 22:35 |
63.20 |
2 |
0 |
+info
|
Aínda porriba que che da o empate? Podería ser pior... |
21 Mar 2018, 22:28 |
36.37 |
1 |
0 |
+info
|
Se chove, en Santa Cruz. Se non chove, no futbolín de San Cristovo. E se chove non chove, un tempo en cada campo.
Pesule, miña sogra éralle moi boa. Unha excepción difícil de atopar. |
21 Mar 2018, 13:57 |
63.20 |
2 |
0 |
+info
|
Dende logo se teño unha sogra pepeira non lle aparezo pola casa. Que sexa do Bande a pesar da turma baltariana que o dirixe non é un inconveniente. O noso Ourense antes estaba infestado de pepeiros e eu era igual de ourensanista que agora. |
20 Mar 2018, 17:08 |
63.20 |
2 |
0 |
+info
|
Iso pódede corrixir mandando ó Puente xogar a Oira que é o seu lugar natural. E os cartos claro que os hai cando se destinan os orzamentos públicos a equipos sen masa social, base nin infraestrutura de ningún tipo. Para iso si hai cartos. |
19 Mar 2018, 18:57 |
63.20 |
2 |
0 |
+info
|
Pesule, vostede coma o Ourense non ten excusa. Un ten que gañar os partidos porque hai equipo de sobra se se lle bota carácter e sentidiño. Vostede ten unha vespa do 74 e ben puido coñecer á muller en Celanova, A Manchica ou mesmo no Bachata. Coido que neses lares hai máis variedade do que na Baixa Limia.
Non chore tanto. |
19 Mar 2018, 15:35 |
36.37 |
1 |
0 |
+info
|
Acabo de falar co presi do Ribeiro e díxome que se vai bo tempo xógase en Sancristobo. Se non, en Arrabaldo. Toca mono de traballo e enfiar a bola na meta rival máis veces do que o contrario coma en todas as finais que nos restan.
Forza Ou!!
|
19 Mar 2018, 13:07 |
63.20 |
2 |
0 |
+info
|
Pensemos única e exclusivamente no Ribeiro, xoguemos no futbolín de Sancristobo, Arrabaldo ou no Xestal. Sinceramente creo deberían solicitar o Xestal porque ÍMOLO PETAR e así farán unha gran entrada. Mais insisto, a nós iso tennos que dar o mesmo. É unha nova final.
Forza Ou!! |
19 Mar 2018, 10:47 |
63.20 |
2 |
0 |
+info
|
A min se me pasa iso pido o divorcio ou troco a vespa por unha Vigo eléctrica e deixo á sogra de fianza. |
18 Mar 2018, 20:36 |
36.37 |
1 |
0 |
+info
|