Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Este Trina para min que é de repolo e non de piña. 02 Abr 2018, 14:45 64.37
O que está clarísimo é que ó Bande só lle vale a vitoria porque o Ourense gañou no Outeiro. En ningún momento falei que ó Ourense non lle beneficie o Couto. Os resultados están aí. Pero o Bande practica un fútbol directo e son moi rápidos á contra. Benefícialles o Couto. Non podemos tapar o sol cun dedo. Se evitamos os roubos de balón en mediocampo e andamos fortes nos balóns aéreos e non xogamos a velas vir coma no Grove e si con sentidiño e paciencia e POLAS BANDAS, contrarrestaremos o xogo do Bande porque este equipo sabe moi ben a que xoga. Depende de nós. No patada a seguir gáñannos por goleada. No fútbol combinativo rápido e preciso gañaremos nós. 02 Abr 2018, 01:09 90.98
En Monterrei pésima primeira parte e aceitábel a segunda. Creo que o Bande é favorito neste partido porque nun campo grande e con xogadores veloces o patada a seguir leva as de gañar. En campo pequeno fomos superiores nos tres partidos que xogamos en Bande porque nós xogamos mellor ó fútbol cando a superficie é boa. Esta é unha opinión obxectiva lonxe dos forofismos pepeiros que se len por aquí. Forza Ou!! 01 Abr 2018, 22:46 118.99
Se o Bande tivese un mecenas que soltase a pasta DO SEU PETO e non do peto de TODOS OS OURENSÁNS, por suposto que nada en contra. Aínda apoiaría ó Bande. Mais isto non ten xeito, é un esperpento total da mafia pepeira. 01 Abr 2018, 15:09 36.36
http://www.laregion.es/articulo/deporte-local/el-rinconcito-del-galaico/20180203082818766872.html Fontebieita, aquí che deixo un artigo da folla parroquial onde fala ampliamente do Galaico CF. 01 Abr 2018, 01:55 64.37
Ou1, estás máis perdido do que un polbo nun garaxe. Dixen polo ben do fútbol non porque o Bande non poida gañar no Couto senon porque o que representa o teu equipo é o que non debe ser o fútbol. Un equipo feito a base do talonario dos ourensáns sen infraestrutura nin socios nin valores deportivos nin culturais. Vestidos co alleo. Comida para hoxe e fame para mañá. Non me vou alegrar nadiña cando desapareza ou vaia de cabeza a categoría autonómica por impagos. Vaino pagar o pobo de Bande que é o menos culpado. Entendes agora por qué con estas mafias perde o fútbol e gañan os políticos? Forza Ourense!! 01 Abr 2018, 01:45 118.99
Non Fontebieita, o Galaico desapareceu hai moito tempo. Pertencía á base do Ourense. Ou1, non me metín contigo, só dixen a verdade. O sábado que gañe o mellor e polo ben do fútbol que sexa o Ourense. Seria perfecto o partido o sábado máis tarde ou o domingo á hora de sempre. Non entendo os motivos do troco de horario. Mais que todo sexa polo ben do Ourense obviamente. Eu teño a sorte de poder estar nesta ocasión. 31 Mar 2018, 17:34 36.36
O Moaña é o equipo revelación da Preferente por humildade e xogo práctico sen florituras. Gustoune moito no Couto xunto co Atios. 31 Mar 2018, 17:21 36.36
Completamente dacordo. Sábado noite ou domingo deberíase xogar. 31 Mar 2018, 07:24 36.36
Dacordo cos tres. Con Wey, berdian e o don Pesule. Eu engadería algo ás seguintes finais: sexamos nós mesmos. Con esa fracción de segundo máis rápida que agora temos e esa concentración que demostramos hoxe mais QUE NON NOS QUEIME A BOLA OS PÉS, que hai calidade. Xoguemos o balón, baixémolo que aí somos bos se o facemos con velocidade. Non deamos pelotazos que sí PERDEMOS COS 19 rivais do grupo. Sexamos nós mesmos e seremos moito máis complicados de bater. 31 Mar 2018, 04:01 64.35
Ben podia ser ás 19:30 ou 20:00 porque moito ourensanista traballa e estáse solapando co Pavillón - Ourense de xuvenís que apetece moito velo. 31 Mar 2018, 03:46 36.34
Grazas polo apunte presi. Xa coloquei ben a hora. Forza Ou!! 31 Mar 2018, 03:39 64.35
Socios do Ourense: 1500. Quedan 200 e pico para futbol provincial porque entre Bande e Puente non creo que cheguen a 50 entre directivas, primos, irmáns e demais familia. A cousa vai estar xustiña. 31 Mar 2018, 03:33 64.35
Pesule aí tes ó teu antiprotón, Ou1. De Ourense e vai polo Bande. Ti es de Bande e vas polo Ourense. A diferenza é que a túa elección é de xente intelixente 😜 31 Mar 2018, 00:00 132.03
Visitacampos, a prensa ou a afección nunca pode deixar ó Ourense en Preferente. Os rivais e a onoperancia do propio Ourense seguro que si. O Milocho do Menfis(establecemento colaborador) díxome sempre que ascendemos en Baiona. Eu insisto en que a nós non nos vai iso. Preferimos sofrer e será en Atios. Esperemos a ver. A crónica xa a fixestes vós. Ourense querer e non poder. O crack Frodo está moi desaproveitado a pé mudado porque está moi marcado e nin Code(gran defensor) nin Josu(un líder) soben a banda para centrar. Temos as bandas de adorno. Pero é unha crítica persoal construtiva. Deamos grazas a deus que temos a Pato porque se non vimos cunha torta de queixo redonda do Grove hoxe na mochila. Bo punto a pesar da arrecheira que collín ó final. Agora os bandidos... perdón... os bandeses... 😆 30 Mar 2018, 23:50 63.84
Ocasión de Germán 30 Mar 2018, 19:09 36.34
Entra Unai por Frodo 30 Mar 2018, 19:08 36.34
Ocasòn de Fran 30 Mar 2018, 19:04 36.34
Entra Duri por Luis 30 Mar 2018, 19:04 36.34
Paradón de Patk 30 Mar 2018, 18:59 63.84