Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Xa que vai de estatísticas, o Gondomar fixo 15 puntos na casa e 14 fóra. Son moitos puntos lonxe das Gaiandas para unha escadra que vai terceira por abaixo. Debemos vixiar as contras de Besada(19) e Vilán(16). 18 Abr 2018, 15:28 63.88
Fontebieita escribe ben que non che entendo un carallo... 18 Abr 2018, 12:03 35.56
O Porriño e o Estradense non ascenden se non poden. Iso témolo moi claro todos. 18 Abr 2018, 11:59 63.88
galgu, dá a impresión que falas do mercado segundo che vai na feira e recoñece que estás quente polo resultado do domingo e punto. O Estradense sofreu unha derrota inesperada que lle ocorre a calquera porque en Baiona tamén non son mancos. Ninguén respondeu ó do "pasillo" ó Ourense xuvenil en Oira. 18 Abr 2018, 11:55 63.88
Éste polo menos non roubou o Master que ten coma algún superior dos do birrete... 17 Abr 2018, 18:59 90.24
Por certo, un inciso antes de que desveledes o autor da machada da pasada xornada. O xuvenil xoga en Oira co Puente B. Haberá pasillo non? 😎. 17 Abr 2018, 18:56 35.56
Puente B, pasillo ó campión 😎 Forza Ourense!! 17 Abr 2018, 18:51 35.56
Sabedes de quen é este comentario? Vouno colar textualmente. "E non mirar para os da Estrada que xa estan casi ascendidos mirar para Moaña Atios Porriño etc. Os da Estrada igual os fan un favor como o ultimo ascenso do Ourense que tuvo que empatar en Cangas.Igual este ano vai de paseo a Atios." Premio de Almacéns Pesule para quen o saiba. 17 Abr 2018, 18:43 35.56
Australopitecus boinens e birretens coma xa dixeramos hai unhas xornadas. Estes o de sapiens nin o cheiraron... 17 Abr 2018, 18:24 35.56
Eu sei que o Puente acadou o ascenso a Preferente por renuncia e posterior desaparición do Barbadás B que fora campión, mais o do ascenso do Barbadás non o sabía. 17 Abr 2018, 11:01 35.56
Na capital hai un réxime feudal traído de Santiago representado polo birrete na alcaldía, e un réxime feudal que advoga na capital e provincia que é autóctono e o representan os da boina na Deputación. Ourense é un feudo pepeiro ancestral e case medieval don Pesule. 17 Abr 2018, 10:55 118.56
Barra libre para tomar o que queiran. 17 Abr 2018, 09:35 63.88
Ós cavacepas do Puente até lles prexudica Oira segundo vin o outro día no partido do noso xuvenil. Está moi ben de céspede. Estes serían campións imbatidos se xogaran todos os partidos(fóra e local) no Souto de San Cristovo, pois ademais de pequeno é un niño de toupeiras. O único prexudicado é o Ourense cada vez que os cavacepas sachan o campo do Couto e xogamos despois nós. Polo demais non che teñen caso. 17 Abr 2018, 00:14 63.88
Esteban, o campo de onte do Erizana é coma o do Bande entón? 16 Abr 2018, 09:45 35.56
O equipo que máis se asemella ó Ourense xogando ó fútbol é sen dúbida o Atios. Sacan o balón de atrás sen patadón e con moito criterio. Un dos centrais, o calvo entrado en anos e o número 10 moreno son unha pasada. Tamén me encantou o Moaña, aínda que cun fútbol moi físico e directo. Dous rivais moi fortes sen dúbida. Hoxe esperaba un empate con pouco gol mais neses casos adoita gañar o que primeiro marca e nesta ocasión foi o Atios. Faltan moitos puntos e a ver o que pasa. 16 Abr 2018, 02:58 63.62
Coincido coa crónica do tocaio. Dominio absoluto do Ou. O Nogueira defendeu moi ben todo o partido. O campo é un monte de coellos. Lástima porque gostei das instalacións e a capacidade do campo con Tribuna e Preferencia cubertas. Vindeira final no Couto cun complicado Gondomar. A seguir apertando os dentes. Forza Ou!! 15 Abr 2018, 21:23 63.62
O campo pode influír mais nunca debe ser unha excusa. Hai que plantexar o partido doutro xeito. Grazas Gondo tomamos nota. Mais quizais para aquelas mellora o Valmartín. 15 Abr 2018, 20:24 35.53
0-1. 15 Abr 2018, 20:18 35.53
Devolvemos conexión a Torrepesule. 15 Abr 2018, 18:58 63.62
A pola seguinte final. 15 Abr 2018, 18:56 63.62