Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Sabedes cando é o sorteo de semifinais? 02 May 2018, 21:43 64.50
Aínda están a tempo de voltar á decencia. Ponte CF e para Oira. Xa o fixo o Arenteiro cando lle trocaran o nome até que se deron de conta que a dignidade dun clube non é o nome qie leve senón a xente que representa e o lugar onde naceu. 02 May 2018, 19:08 64.50
Esta xentalla do Puente non dá puntada sen fío Fontebieita. E refírome á directiva e ós cincuenta que os van ver. Non me refiro ós pontinos loxicamente. Ti faille caso a berdian que sabe o que está a falar. 02 May 2018, 09:24 64.50
Fontebieita, o campo deles sempre foi Oira. A ver se se acostuman e non volven. Ademais, veciños son eles que son do barrio da Ponte. Nós somos de todo Ourense. E amiguiños si pero a vaquiña polo que vale que estes son de todo menos legais 😉. 02 May 2018, 02:58 64.50
Xa demoraba en chegar un troll destes con mal perder. Xa digo, o de chamarlle udo ó Ourense xa os delata. Cando mexen xa lles pasa...😂😂😂 02 May 2018, 02:30 64.50
Todos estes que nos chaman udo xa sabemos de que pé coxean. Envexa pura. Partido que dominamos de cabo a rabo con xente non titular e xuvenís. Fixemos un bo partido con moitas oportunidades que se as as definiramos a goleda sería de escándalo Decir do Monterrei que ten moito mérito o partido que fixeron con tres contras moi ben levadas cando o Ourense estaba volcado para empatar e unha defensa moi ben organizada. E o porteiro é sen dúbida doutra categoría pois salvou ó Monterrei dunha goleada épica coma xa dixen. Pero épico foi o xeito de clasificarnos, coma máis nos gusta, sofrendo. Mais ben merecido o pase, insisto. A xogada do penalty foi moi rápida. Había que estar onde estaba o árbitro para pitalo. Mais, insistiu, fora ou non fora, o partido foi un monólogo do Ourense. Parabéns ó Monterrei pola gran eliminatoria. Agora a pola final do domingo. Forza.Ou!! 01 May 2018, 22:59 35.57
Gondo, se ves a foto da grada, dous tercios para a dereita ollando dende o campo son do Ourense. Un terciio do Moaña aproximadamente. Eu estiven nas Gaiandas e erades bastantes máis. Tamén nós foramos menos a Gondomar. 30 Abr 2018, 18:29 35.56
Menudo partidazo. Sete chícharos. 30 Abr 2018, 01:35 35.56
Completamente dacordo Unionista. Confianzas 0 con este mataxigantes e seguimos co seguinte partido de liguiña de ascenso sen máis. Apertar os dentes e a desputar esta final con humildade e carácter. Forza Ou!! 30 Abr 2018, 01:30 63.95
Vamos afiadoreeeeessss!!!! 30 Abr 2018, 01:18 90.28
Moito Gondo, moito Fonsi!! 30 Abr 2018, 01:14 35.56
Estoume recuperando aínda do golazo do Suízo Joni. Téñoo gravado para o que o queira. Colleuno un rapaz que estaba do meu lado que exclamou: este gol pode valer un ascenso. Saiulle sen pensar. Vitoria traballada e merecida dos nosos ante un correoso e rochoso rival moi ben plantado no campo e fenomenal tácticamente apertando atrás e saíndo ó contragolpe moi veloz polas bandas. Pero este Ourense está sendo e volveu ser unha auténtica pasada en defensa. Temos outros dous centrais nas bandas e os nosos voantes baixan a defender e despois soben coma laterais. É o convencemento dun equipo que xoga coma un so home que é polivalente e exerce todas as funcións no campo salvo a de gardarredes onde o Uruguayo é un xigante para os contrarios. Fai un tremendo paradón antes de que o Moaña anote de rexeite en fóra de xogo(eu non estiven atento ó xogador que colleu o rexeite mais o asistente estaba ben colocado e o Moaña non protestou a xogada). Eu pódome trabucar mais non me pareceu penalty o de Hugo mais si os dous ó suízo que se pediron.un en cada tempo, algún destes, sobre todo o do primeiro tempo si puido ser, pois foi empurrado en carreira cando remataba. Despois o rematazo marcando os tempos de Josu no pico da área coma un auténtico 9 e o paradón espectacular do porteiro do Moaña que chamou á porta da selección galega. E claro, coma comecei a crónica, despois da volea do suízo Joni en parábola onde ningún porteiro pode chegar, o estadio non caiu porque xa está debaixo do corredor do Morrazo. Ledicias as xustas. Non se fixo nada, aínda que o de hoxe foi moito, e a pola seguinte final co mataxigantes Mondariz. Forza Ou!! 30 Abr 2018, 01:06 91.21
Torrepesule deprázase ó partido sobranceiro da xornada. Todos os corresponsais esperamos instrucións. Acompaña na cabina móbil hoxe a don Pesule o noso corresponsal en Moaña Fontebieita. Sen descoidar ós demais compañeiros no resto de partidos concluimos este adianto informativo. 29 Abr 2018, 10:20 35.56
Non é rebote. Miguel Fernández fai tremendo golazo marca da casa cando entraba a despexar en barrena o córner olímpico tamén marca da casa do máxico Frodo porque viu ó central do Moaña nos biosbardos. Era visto. Grazas por todo ó corresponsal de Carruselpesule en Moaña. 29 Abr 2018, 01:17 63.94
Eu discrepo de Fontebieita. O resultado é 0-1. O gol é de Miguel Fernández si, mais marca en propia meta entrando de cabeza en barrena dende o banco cando quería despexar un córner olímpico de Frodo. Forza Ou!! 27 Abr 2018, 21:10 118.66
0-3. 27 Abr 2018, 14:31 35.56
1-1. 27 Abr 2018, 14:31 35.56
2-1. 27 Abr 2018, 14:31 35.56
1-1. 27 Abr 2018, 14:30 35.56
2-0. 27 Abr 2018, 14:29 35.56