Como ides Fontebieita? |
13 May 2018, 18:56 |
220.07 |
2 |
0 |
+info
|
Do primeiro tempo.. |
13 May 2018, 18:45 |
35.57 |
1 |
0 |
+info
|
Final |
13 May 2018, 18:44 |
35.57 |
1 |
0 |
+info
|
Ocasión de Hugo. |
13 May 2018, 18:25 |
35.57 |
1 |
0 |
+info
|
Paradón de Pato. |
13 May 2018, 18:23 |
35.57 |
1 |
0 |
+info
|
Joni. |
13 May 2018, 18:13 |
35.57 |
1 |
0 |
+info
|
Gooooooool do Ourense!!!!!! |
13 May 2018, 18:13 |
35.57 |
1 |
0 |
+info
|
Comeza. |
13 May 2018, 18:00 |
35.57 |
1 |
0 |
+info
|
Ós de Ourense póñennos na grada sen cuberta. Claro, na outra collen uns 100 e apertados. Eles han coller ben. |
13 May 2018, 17:00 |
64.98 |
2 |
0 |
+info
|
Saúdos cordiais dende o futbolín de Baiona. |
13 May 2018, 16:56 |
64.98 |
2 |
0 |
+info
|
Erizana CF – UD Ourense: A conquista do Aral
el 12 MAYO, 2018
0
0
0
0

A UD Ourense visita o Aral (domingo, 18:00 horas) ca intención de sumar 3 novos puntos que os manteñan unha semana máis no alto da táboa. O rival, o Erizana, xógase a permanencia s será un duro rival. Agárdase un desplazamento masivo do ourensanismo.
Antepenúltima xornada ligueira e os cartuchos vanse queimando pouco a pouco. O momento decisivo achégase e o ascenso está cada semana máis preto, aínda que todavía restan 3 finais para acadar o obxetivo. A primeira delas terá lugar en Baiona e enfrontará os vermellos co conxunto local, o Erizana, que se xoga a vida por manterse unha tempada máis en Preferente Autonómica. Os locais desputarán o encontro no Aral, campo sintético e de dimensións moi reducidas e que lles permitiu sacar bo rédito nas últimas xornadas.
Os de Currás chegan a Baiona cunha racha inmaculada na que levan sumados 25 puntos de 27 posibles, con 8 vitorias e 1 empate e acumulando 9 encontros sen encaixar. Os vermellos chegaron a recta final de competición ca moral polas nubes, un núcleo sólido e cun físico envexable, que permite os vermellos chegar máis frescos que o rival os finais de partido. A elo sumouse a recuperación de xogadores con molestias e lesións, valeirando unha enfermería na que agora mesmo tan só figuran os nomes de Samuel, Unai e Adrián.
O técnico vermello repetirá con toda seguridade o XI das últimas xornadas, aínda que podería haber algunha variación. Pato estará baixo paus, ca liña defensiva habitual conformada por Josu, Corzo, Vieytes e Codeso. Na medular Germán e Luis estarán no dobre pivote con Presas ou Durán de enganche, deixando os postos de tridente ofensivo a Alfredo, Joni e Hugo García.
O rival, o Erizana, chega nun momento delicado. Os pontevedreses marchan décimosetimos con 34 puntos, 2 sobre o descenso directo, pero os arrastres de Terceira condenan de momento os de Baiona, os que so lle vale o triunfo, o que os fai más perigosos. Nos últimos catro encontros coma locais, impuxéronse a Gondomar (2-1) e Estradense (2-0) e caeron ante Mondariz (2-3) e Atios (3-4). Resultados con moitos goles nun equipo no que destaca a figura de Borja Zamorano, un extremo zurdo con moito gol e que suma 20 dianas en competición ligueira.
Non estarán sós os vermellos en Baiona, xa que se agarda un desprazamento masivo de siareiros ourensáns, o club fletou un autobus para a ocasión e serán centenares os que viaxen nos seus coches particulares. Afección, chegou o voso momento, xuntos a polo ascenso.
|
13 May 2018, 12:04 |
64.98 |
2 |
0 |
+info
|
Últimas balas en casa para o Bande e o Nogueira
13.05.2018 | 04:03
O soño do ascenso a Terceira División pode reactivarse esta tarde para o Bande (Outeiro; 17.30 horas). Os de Iván González, quintos con 64 puntos a seis do segundo e a cinco do terceiro, deben imporse ao Marcón Atlético e esperar as picadas de Porriño e Atios. Os blanquivioletas están a ser irregulares neste tramo final de tempada, aínda que en casa é complicado sorprenderlles. Os pontevedreses están libres do descenso directo, pero aínda necesitan algún punto máis para esquivar os dous arrastres seguros de Terceira e os que poidan sumarse tras a última xornada nas categorías superiores. Pola súa banda, o Nogueira apenas pode aspirar a escapar do tres últimas prazas, para o que será indispensable sumar o tres puntos no encontro que lle medirá ás 17.30 horas ao Alertanavia no campo da Tella. Todo o que non sexa gañar certificará o adverso final para os de Abel Afonso, que acompañarían á categoría provincial a un Ribeiro que ás 18.00 horas recibe a un Campo Lameiro coa situación moi comprometida por arrastres.
|
13 May 2018, 11:01 |
64.98 |
2 |
0 |
+info
|
Citas cruciais para o ascenso en Moaña e Atios
13.05.2018 | 04:03
O Estradense ten esta tarde (17.30 horas) en Atios unha auténtica final. Os de Alberto Mariano buscan manter intactas as súas opcións de ascenso. A falta de tres xornadas son cuartos a dous puntos do seu rival de hoxe, que é terceiro; a tres do Porriño e a cinco do líder UD Ourense. "É unha das últimas balas e iremos coa intención de aproveitala", sinalaba onte o adestrador. O equipo viaxa coas baixas dos lesionados Juanito, Esteban, Iván e Óscar, xunto ao sancionado Santi, que cumpre ciclo de amoestacións. Volve Jorge. Pola súa banda, o Moaña quere romper a súa mala serie e volver facerse forte no campo de O Casal (18.30 horas) ante o Porriño. O conxunto de Miguel Fernández sumou un punto dos últimos 12, o que lle afastou dunhas posicións de privilexio coas que nin sequera podía soñar cando arrincou o campionato. Nin Fernández nin o seu persoal queren acabar cun mal sabor de boca un ano extraordinario, polo que tentarán retomar a senda da vitoria e dobregar a uns favoritos ao ascenso.
|
13 May 2018, 10:59 |
64.98 |
2 |
0 |
+info
|
Un forcexo ás portas de Terceira
A Unión Deportiva Ourense encara ante o Erizana (Aral; 18.00 horas) un partido de máis emoción e contacto que fútbol - Unha vitoria achegaría o ascenso aos unionistas, que estarán moi arroupados pola súa afección
X.C. | Ourense 13.05.2018 | 06:22
A Unión Deportiva Ourense afronta esta tarde (Aral; 18.00 horas) a antepenúltima xornada de liga no campo do Erizana, ao que chega líder con tres puntos de vantaxe sobre o terceiro. Unha vitoria deixaría aos de Fernando Currás ás portas da Terceira División, dependendo tamén do que suceda nos duelos dos seus directos rivais, un Porriño que visita ao Moaña e un Atios que recibe ao equipo que máis semanas atesourou o liderado, o Estradense.
En todo caso, a dinámica que describen os unionistas desde hai dous meses e medio, adiantando a seis equipos, permitiulles esquecerse do retrovisor. Ninguén lles descabalgará se seguen gañando, como o fixeron no últimas sete xornadas. E xa suman nove sen goles que lamentar na portería defendida por Pato Guillén.
A meta uruguaio estará protexido en Baiona pola defensa habitual, unha vez recuperados das súas molestias físicas tanto o lateral Josu como os centrais Pablo Corzo e Diego Vieytes. "Non van sobrados -recoñece o técnico unionista, Fernando Currás-, pero o venres adestráronse con mellores sensacións e conto con eles. Outra cousa é como respondan á esixencia deste partido, aínda que ao non ser un campo con amplitude creo que van estar ben".
Cara arriba o plan tamén tende á continuidade. Fran, que tomou a substitución de Joni na autoría de goles providenciales para a UD Ourense, será un dos recambios con que o técnico, Fernando Currás, poderá manexar o partido. O escenario condiciona a proposta. Non haberá espazos, nin tempo para pensar nin tregua ante un anfitrión que apura as súas opcións de permanencia. É o enésimo partido ao límite para os ourensáns, que evitan as confianzas a pesar da loción de vitoria que desprenden os seus últimos pasos polo calendario.
"Cando levas tempo sen perder pode facer pensar que parece fácil gañar, pero non creo que nos pase a nós", entende Fernando Currás. "A idea na que incidimos toda a semana é que é o partido que nos esixe estar máis organizados e concentrados, porque ocorrerán cousas en todo momento. Calquera saque de porta ou de banda pode ser definitivo", engade na súa análise previa o técnico unionista. "O equipo está concienciado, sabendo que custará moito, pero desexando que chegue xa a hora de xogar, tanto o corpo técnico como os xogadores, e iso é boa sinal", apunta un Currás que, só tras cumprir coa premisa de gañar no campo do Erizana, prestará atención ao que suceda en O Casal e O Carballo. "Esperemos que un dos dous se deixe polo menos un punto e que gañemos para depender de nós no último partido en casa. Bastante temos co que hai diante, polo que máxima concentración e a partir de aí demostrar que somos mellores no campo".
No penúltimo desprazamento da tempada, os unionistas estarán arroupados como nunca. A exhibición de forza e fidelidade dos afeccionados unionistas fóra da provincia, con picos de seguimento en Valladares, A Estrada e O Grove ata o apoteósico 29 de abril de Moaña, volverá repetirse esta tarde en Baiona. Equipo e afección danse a man para sentir emocións fortes. Se volven coa vitoria da "arribada" ourensanista a Baiona e acompaña algún resultado, poderían consumar o ascenso a Terceira o vindeiro domingo no Couto, catro anos despois do funeral polo Ourense. Se a carambola non prospera hoxe, a tensión continuará.
Pola súa banda, o equipo feminino da UD Ourense disputa o último partido da Primeira Autonómica contra o Deportivo B (Ponte dous Brozos; 16.00 horas). Para a visita ao segundo clasificado, a convocatoria de Rubén García está formada por Noe, María, Loh, Celia, Andrea, Feijóo, Silvia, Dana, Cris, Nerea, Noa, Laura, Zaira e Emma.
|
13 May 2018, 10:55 |
64.98 |
2 |
0 |
+info
|
Graciñas Gondo, esta unidade móbil tiña pensado ir de mañá á praia de Baiona, mais vai ser mellor xantar cedo na cidade das Burgas e poñer proa ás terras da vella Erizana despois para chegar a tempo e con paraugas a este atraínte evento sen esquecer un saúdo ó vento ó paso por Gondomar. |
13 May 2018, 10:30 |
64.98 |
2 |
0 |
+info
|
Eu xa teño visto a ese mal suxeito ruin, marrao e paleto en Telebaltariño e todo o que di é cun odio visceral ó Ourense. Concordo en que é o portavoz dos Baltares no deporte ourensán así que non ten crédito ningún coma a canle pepeira boinista onde traballa. Son vomitivos coma o castrapo inmundo que falan. |
13 May 2018, 01:29 |
249.48 |
3 |
0 |
+info
|
Cal rumor? Que non queren ascender? Quen é o elemento da boina? |
12 May 2018, 21:41 |
249.48 |
3 |
0 |
+info
|
Tamén o Ourense lles gañou 4-0. Iso non quita que é un equipo rochoso que encaixou poucos goles e cun bo porteiro. |
12 May 2018, 16:43 |
249.48 |
3 |
0 |
+info
|
Agradecido por el "plus" que les da la grada
12.05.2018 | 03:40
Los aficionados de la UD Ourense protagonizarán otro numeroso desplazamiento con motivo del encuentro de mañana en Erizana, aunque a última hora de la tarde de ayer todavía quedaban plazas libres en el autobús que fletó el club. Desde la plantilla agradecen el compromiso. "Estamos súper contentos porque los aficionados siempre estuvieron, a las buenas y a las malas, desplazándose a campos lejanos. Supongo que en los partidos les tocará sufrir, en este también, pero que sigan confiando en nosotros, a cañón como lo hacen en todos los partidos. Se nota muchísimo estar arropados por 200, 300 o hasta 400 personas en las gradas. Cuando vamos de visitantes, nos da un plus y un empuje. Dos puntos más de fuerza para sacar los resultados, que es lo que más se necesita en este momento", afirma Luis González
|
12 May 2018, 06:13 |
64.98 |
2 |
0 |
+info
|
O ascenso do 13 de maio de 2012
X.C. | Ourense 12.05.2018 | 03:40
Luís González é dos futbolistas que memoriza. Apenas necesita uns segundos para lembrar que estaba a facer a tarde do 13 de maio de 2012, cando o Barbadás subía a Terceira División tras golear (4-0) ao Ribadumiano campo de Vos Carrís. O de Cambeo fora suplente debido a unha escordadura, pero participou nos últimos minutos: "Tiña bastantes molestias, pero quixen xogar", lembra un Luís González que tamén recoñece que a vida dá "moitas voltas", e máis no fútbol. "No Barbadás vivimos momentos moi bos. O ano do ascenso, cinco tempadas magníficas en Terceira, conseguindo o obxectivo da salvación sen apuros e con grandes compañeiros e adestradores. Dáme mágoa e pena que lles tocase a eles perder a categoría, pero estou seguro de que a recuperarán", indica o centrocampista. Seis anos despois loita por repetir aquela festa no Couto, aínda que sexa cuns días de atraso: "Estou contento de formar parte deste gran club, con esta gran afección e con este gran grupo humano que formamos. Aínda non se conseguiu nada, pero esperemos lograr ese ascenso, que é o máis importante, e a ver se se remata levantando tamén a Copa Deputación".
|
12 May 2018, 06:05 |
64.98 |
2 |
0 |
+info
|