Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Ourensansempre, tes moita razón no que dis. Isto ten mala pinta despois do visto. Houbo quen falou de pedir firmas para botar ós de Esgos. Imaxina como está o patio. E imos a tres puntos da promoción. Situación surrealista pero real. Forza Ou!!!! ❤️ 💙 ❤️ 19 Ene 2020, 19:43 9.32
Non sei o que vai pasar daqui ao final. O que teño claro é que o corpo técnico é o mesmo e o plantel moito mellor co do ano pasado. O fútbol non é matemática pero deberiamos ir a máis cando recuperemos os lesionados. Ourense 4 - 0 Paiosaco. Forza Ou!!!! ❤️ 💙 ❤️ 15 Ene 2020, 23:57 83.97
De que piñeiro caería este acaguachita? 😁 O primeiro gol do Vilalbés efectivamente foi precedido de que o Ángel saiu a por uvas e esqueceuse do balón. O do Viti é máis do mesmo. Que conste que son dous grandes xogadores pero pasou o que pasou. Hoxe a polo Arzúa a tope xogue quen xogue. Forza Ourense!!!! ❤️ 💙 ❤️ 12 Ene 2020, 13:57 36.33
Presas é outro que esquecín dicir. E tamén quero deixar moi claro que eu a Frodo non o sento en ningún equipo no que estea, pero si que o poño de extremo pois na Preferente acho lembrar que foi o segundo máximo goleador do equipo. Ten un potencial bárbaro arriba, é bo en calquera posto pero insisto en que está desaproveitado. O equipo ten DÚAS FRECHAS por banda que son Frodo e Arce que tamén poden xogar a banda mudada e non están sendo utilizados para xerar ocasións e goles porque teñen moito gol. Que nos metan goles non é bo, pero pior é que non xeramos NINGUNHA ocasión para metelos. Por certo, non me disgusta Josu de central con Gabi no lateral pero Vieites é importantísimo. Só hai que ver o que ocorre cando non xoga ou cando é trocado. E Viti é un gran centrocampista pero mirade cando entra atrás tamén o que pasa. É a humilde opinión dun amante do Ourense que valora moito os vosos comentarios pero que ve o que está pasando, nada máis. Forza Ou!!!! ❤️💙❤️ 08 Ene 2020, 22:43 85.74
Graciñas chancas. E de Jar, un fenomenal lateral esquerdo con moita marxe de mellora, sábese algo? 08 Ene 2020, 16:58 89.64
Vamos Barbadas, a asaltar O Carballo!!!! 2-3. 08 Ene 2020, 10:24 36.33
Vamos Gondomar, a remontar posicións que a promoción está a unha vitoria. Por certo, alguén me explica quen é o Gondomar FB? 1-3. 08 Ene 2020, 10:17 90.79
Despois do penoso espectáculo de Vilalba, coma xa viramos contra o Fabril e o Polvorín, onde o Ourense NON SAÍU DO VESTIARIO, imos ver se somos dunha vez o Ourense ou esa banda que os da telegaita, de Oira e os da Deputación e Concello rezan que sexamos. Onde están os Jar, German ou Dani moto Pedrosa? Están para facer bulto? Todos estamos co equipo pero creo que hai interrogantes ás que temos dereito unha resposta. O Arzúa é un rival de coidado pero se seguimos sen ser conscientes de quen somos e o que representamos seremos o equipo que en Vilalba volveu quedar no vestiario. Corpo técnico e plantel, podemos perder calquera partido porque somos humanos, pero non ARRASTRÁNDONOS polo campo como fixemos en Vilalba. Foi PENOSO. Defendemos unhas cores dignas de moi poucos xogadores. Ou mudamos a mentalidade de quen somos ou non merecemos ser chamados Ourense. Ourense 2, Arzúa 0. 08 Ene 2020, 09:59 -145.18
Nova vitoria do Ourense coa porta a 0,o máis salientábel. O Silva cun menos dominou o segundo tempo cunha nova boa actuación de Ángel. Agora a seguir consolidadando a melloría defensiva no difícil campo do Rácing Vilalbés. Bo Nadal a tod@s e Forza Ou!!!! ❤️ 💙 ❤️. 22 Dic 2019, 19:09 -15.92
A ver se continuamos co bo balanzo defensivo porque arriba case sempre mollamos. Deste xeito achegarémonos a ese cuarto posto que todos queremos. È posível con intensidade defensiva e concienciación das cores que levamos. Forza Ou!!!! ❤️ 💙 ❤️ 14 Dic 2019, 23:44 -94.44
Vamos Arenteiro!!!! Este domingo xogades na casa a pouco que traiades xente ao Couto. Os okupas do Puente co equipo das Institucións ourensáns son moi perigosos e teredes que apertar os dentes. Hai que fixar ben as marcas porque son moi bos ao contragolpe e pódenvos facer un traxe. O Arenteiro ten moi bo equipo e se xoga un partido serio en defensa ten as súas opcións. ForzArenteiro!!!! 💚💚💚 02 Dic 2019, 10:22 112.56
Gran partido do Ourense a pesar do resultado. Moi enganoso. O que máis gostei foi que o equipo non lle perdeu a cara ó partido indo tres goles por baixo. Algo totalmente inxusto por outra parte. Estivemos a punto de igualar un partido que merecemos gañar por ocasións e xogo. Se isto segue así seguiremos de menos a máis e acabaremos arriba. Seguinte final contra o Bergan recuperando xogadores e sensacións. Forza Ou!!!! ❤️ 💙 ❤️ 21 Oct 2019, 01:44 -120.99
Dame risa o que di o Pato na Religión. Que da gusto estar nun clube que estivo en primeira. Pois moralmente é asi coma nós, que estivemos en segunda, mais na práctica non porque tanto o CD Ourense como a SD Compostela desapareceron administrativamente. Este é ó Campus Estelae que despois pasaron a chamar SD Compostela por un baleiro legal. Así que por ese lado a excusa de marchar non cola. Haberá outras que non sei e respecto, iso que quede claro. Agora, que nos deixou tirados, deixounos. A por eles domingo. Forza Ou!!!! 11 Oct 2019, 15:01 -54.34
Ourense 2, Compos 0. 07 Oct 2019, 10:59 -139.98
Vamos Ourense. Temos mellor plantel que o ano pasado salvo na porta aínda que o Ángel no é mal porteiro. O ano pasado fomos darriba para abaixo. Este ano vai ser ó revés. A volta de Arce é inminente e foi un punto de inflexión. Este ano tamén o vai ser. Forza Ourenseeeeeeeeeeeeee!!!! ❤️ 💙 ❤️ 07 Oct 2019, 10:58 -96.39
1-2. 15 May 2019, 21:12 107.24
2-1. 15 May 2019, 21:11 107.24
2-0. 15 May 2019, 21:10 36.33
2-1. 15 May 2019, 21:10 36.33
4-0. 15 May 2019, 21:09 36.33