Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Por certo, outro quebranoces ou rillatoxos para o tocaio qie me parece que volveu acertar. Xa debe ter unha caixa de cada na casa. 29 May 2018, 00:16 65.87
Queridos oíntes de Radiopesule, fagan a súa porra da Copa. Toca remontada. 29 May 2018, 00:14 65.87
O Unionista xa soña coa segunda división e o desprazamento a Málaga. É iso. Os da Teleboina levaron no fuciño co Ourense e están pensando se seguir rajando ou axeonllarse. Se non podes co teu inimigo... 29 May 2018, 00:11 65.87
E polo trato que nos destes en Moaña de 10. Grazas de corazón a Fonti e ós demais. 28 May 2018, 12:46 35.61
Parabéns ó Estradense pola gran tempada e o bo trato que tivestes connosco. A ver para o ano se o conseguides. 28 May 2018, 12:45 35.61
Ánimo Fonti e parabéns pola gran tempada do Moaña. 28 May 2018, 12:42 35.61
Jaime, cando cheguei ó campo fun ós baños que había na beira e alí vin a Rubén, un amigo meu que veu de Ourense sen entrada e estaba polo lado de fóra do valado. Dixéronlle que non podía entrar, que non había entradas coma ti dis. Dez minutos despois apareceu na minigrada que nos puxeches ante o meu asombro e dixo. Ó final dixéronnos que había outras 50 entradas e vendéronma e entrei. Non se debe mentir á xente. Eu non dixen nada en contra dos siareiros do Atios, foron moi correctos. Só expreso a miña indignación coa directiva do Atios e a organización que foi patética. Por que non podemos meter as nosas bandeiras e os do Atios tiñan as súas? A seguridade é importante, pero por que habia un destacamentos completo da garda civil? Podo dicir mil cousas. Da afección do Atios, do pobo e de ti, absolutamente nada malo. Ó contrario. Cando vexa algo irregular direino caia quen caia. O dito. Deséxovos o ascenso para o ano no voso 50 aniversario. Forza Atios!! 28 May 2018, 12:32 120.70
Mal perder si porque a nós válenos o empate que é a vitoria. A vós non e por iso perdestes. Repito que había máis xente arredor do campo que nos dous telderetes que tendes. Por tanto, mentestes para que non foramos pero ó final ben que vendestes todas as entradas. Fun a Jaen e a Granada ascender de pequeno e sempre nos trataron de luxo. Vós destes a nota. O Atios ten moitas neuronas e moi pouco estilo que é o que nos sobra a nós. Xa dixen no seu momento que nada en contra túa que deches a cara e nos informaches sempre, só fixeches o que te mandaron os das neuronas. Moitas grazas por todo e ogallá acendades para o ano no voso 50 aniversario. Pochita, estiveches en Atios? Entonces non opines porque até en Bande nos tratastes de luxo e díxeno. Se aqui non o fixeron teño que dicilo. Viva o Ourense, o único que representa a esta gran cidade e provincia. E vaia afección. A mellor da Galiza. 28 May 2018, 00:10 159.41
Mal comportamento en xeral dos atieses. Moi mal perder, mentiron no das entradas e non deixaron entrar as nosas bandeiras mentres eles si tiñan. Escoceulles. Creo que teñen moito que aprender do Porriño que foi un equipo señor cando fomos alí(a pesar dun porteiro que casará en futuras datas con Fonti). Xa saudastes no seu día ó Ourense B. Agora tedes que saudar ó campión, o Ourense A. Forza Ou!! 27 May 2018, 21:54 146.39
Non hai como xa. Díxoo o Gondo que esta feito un estatista. 27 May 2018, 21:38 104.58
Xa falta menos para vingar ó Ourense. 27 May 2018, 20:02 114.88
Don Pesule. ó chegar a Ourense todos na fonte. Vaia quentando a vespa. Forza Ourense Oe!! 27 May 2018, 17:39 153.55
Aquí estamos camiño de Atios a pola seguinte final. O ascenso nos espera. Forza Ou!! 27 May 2018, 16:13 183.81
Que grande é o doutor...😎😎😎 Forza Ou!!💪🏼💪🏼💪🏼 26 May 2018, 21:56 134.84
Fonti, o don Pesule está de uñas contigo porque quería ser o padriño do enlace e no Hola nin o mencionaches e iso non se fai, é un desprezo moi grande... 25 May 2018, 02:51 134.76
E logo que esperabas destes castrapeiros, se non saben galego nin castelán? 24 May 2018, 13:52 134.76
Eu lin a crónica da folla parroquial e está claro, só falan do Atios e de que non se lle ocorra morrer a ninguén o domingo en Atios para que o cura da parroquia poida ir ó partido. Un despregue sen precedentes dos amiguiños da boina. Nós podemos con todos. Forza Ourense!! 24 May 2018, 13:50 134.76
don Fonti e don Pesu, tal para cal... 😂 23 May 2018, 23:57 134.76
Gondo se tés interné no mobil podes sintonizar TELEBOINA BALTARÍN TV que cho dá en ESTRIMING!! Dálle á opción de subtítulos en galego para entender o castrapo pepeiro inmundo que falan ou fai coma fago eu: quítalle a voz. 23 May 2018, 22:18 238.56
É balonmán de provincial.... marcan poucos goles. 23 May 2018, 22:13 153.47