Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Concordo coas opinións. Se queremos asaltar a segunda división, cousa que temos obriga de facer por masa social e representatividade da cidade e a provincia, temos que profesionalizar o clube, e iso é perfectamente compatíbel coa estrutura e os estatutos da nosa entidade. As persoas que adican as súas horas ó Ourense teñen que cobrar. Despois os socios decidiremos o teito deste gran clube herdeiro da UD Orensana e do CD Ourense. 01 Feb 2019, 09:32 732.94
Se nos respectan as lesións e sabemos administrar as sancións estamos na promoción porque co nível que temos mostrado durante tantos partidos ninguén foi superior a nós. Fútbol é fútbol pero a realidade é esa, e a clave é a nosa humildade para loitar cada balón e respectar a tódolos rivais coma se fosen o mellor do grupo. 31 Ene 2019, 16:49 73.37
Alveiros, se te dás conta, derbis co Puente, Covadonga, Santa Teresita e Carballeira, sempre serían das Burgas porque somos todos conxuntos de Ourense. Derbi do Miño sería o máis representativo da cidade, ou sexa nós, co Lugo ou co Tyde. A ponte romana foi feita precisamente polos romanos para acceder á cidade das Burgas dende o norte. Nesa época non existía o barrio da Ponte. Exixtia o Castro de Oira(mina de ouro excavada polos romanos) que era un asentamento independente de Ourense(Aquae Urentes en latín) que significa auga quente(Burgas vén de Burca que significa pía de auga). Por tanto, Derbi das Burgas ou da Auria. 31 Ene 2019, 03:58 769.98
Iso pénsao calquera ourensanista Ourense15. Son tres puntos máis pero non é un partido máis pola carga emocional que atesoura enfrentarnos a un rival que tentou expropiar un sentimento e conseguiu que éste reverdecera das súas cinzas a toda velocidade para voltar á elite e devolver ó Puente á realidade e á súa posición real na cidade aínda que sigan ocupando un estadio que non lles corresponde. O outro día en Somozas ó terminó do partido díxenlle a un corresponsal dos varios medios de comunicación que alí estaban que agora xa saben cal é o o Ourense. O reporteiro respondeume: "nunca tiven a máis mínima dúbida". Forza Ourense!!!! 30 Ene 2019, 10:45 129.57
Oirense, Puente, Okupas, chámanlles como queiras. O Ourense somos nós. 29 Ene 2019, 13:52 36.33
Non esquezamos que estes 3 puntos son especialmente importantes para acadar practicamente a permanencia matemática na categoría. Alguén ten datos da puntuación necesaria nas derradeiras dez tempadas? 29 Ene 2019, 10:06 73.37
Os despistados non saben o que fan. Ti sábelo moi ben 😉😉😉. Algúns socios de moitos anos do Ourense contribuíron a destruílo. UDISTAS todos eles, que raro 🙄🙄🙄 29 Ene 2019, 09:32 36.33
Este é o Ourense. UDO é unha marca de roupa deportiva e como nos chama La Región e todos os que nos "aman" especialmente. Tamén os despistados ou os que non nos coñecen ben nos chaman así. Dende logo un ourensanista nunca vai usar ese nome. 29 Ene 2019, 08:09 36.33
1-1. 28 Ene 2019, 09:44 165.43
3-3. 28 Ene 2019, 09:44 36.33
2-0. 28 Ene 2019, 09:44 36.33
0-0. 28 Ene 2019, 09:43 36.33
1-1. 28 Ene 2019, 09:43 36.33
3-2. 28 Ene 2019, 09:43 98.13
2-2. 28 Ene 2019, 09:43 36.33
1-2. 28 Ene 2019, 09:42 36.33
1-1. 28 Ene 2019, 08:07 36.33
Ourense 2-0 Puente. 28 Ene 2019, 08:07 73.37
2-3. 28 Ene 2019, 08:06 36.33
1-3. 28 Ene 2019, 08:05 36.33