Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Tamén o ano pasado o Arnoia fora o campión de inverno, trofeo que non existe, e ó final levamos a liga "de rúa". Xa veremos quen ri de último. Forza Ou!! 19 Dic 2016, 09:40 27.38
É completamente compatíbel unha cousa con outra porque Xurxo e Óscar poden xogar un par de anos a máximo nivel. marcan diferenzas e sobre todo son da casa e axudan ós rapaces máis novos a progresar pola súa calidade. 16 Dic 2016, 20:44 313.00
Ben nos podía botar unha man agora no mercado de inverno Oscar Martínez que está sen equipo e xa queda para o ano na Preferente. Sería todo un orgullo para o ourensanismo. 16 Dic 2016, 11:50 313.00
zubiria, se les o que escribe o tal Ponno chegarás á conclusión de quen mete lixo e trapalladas. Non somos nós. Eu non teño nada en contra da Ponte e da súa afección xa o dixen mil veces. Os Pontinos de Covadonga sempre foron fundamentais no Ourense e seguen sendo xa o ves. Si en contra do Plácido e desta culimalla que quixo converter ó Ponte no que non é, pero o tempo vai ir colocando a cada un no seu lugar. Saúdos e a disfrutar desta bonita eliminatoria. 14 Dic 2016, 17:28 52.36
A superficie de terra é irregular e nos perxudica moito pero ten 104X65 m cadrados. Non che son o mesmo cos 95X48 do Souto en San Cristovo ou os 98X70 do Outeiro en Bande. Temos excusa polo bote do balón, pero non polas dimensións, É moi difícil este campo pero co mono de traballo sacámolos adiante todos. Por certo, Pedro Sampayo, un canterano noso que xogou en Melias e marcou un golazo está no Taboadela. 14 Dic 2016, 17:02 312.80
paraxas, son dez mil euros, non millóns, e isto a cambio de non ter campos gratis para adestrar como teñen Ponte e Pavillón. Temos que pagar a Salesianos para adestrar 1.100 euros todos os meses a toca tella. Infórmate antes de falar. Somos o clube representativo da provincia e da cidade pero como non somos do PP nin do PSOE e si dos SOCIOS, temos que pagar o pato. Non pasa nada, imos poder con todo. Forza Ou!! 14 Dic 2016, 09:56 27.09
zubiria, eu respecto profundamente á Ponte e á súa afeccion, e ó barrio da Ponte que é dos máis ourensanistas da capital. Tamén a Bande e ó seu equipo que é humilde e histórico na provincia. O que non respecto nin podo respectar é ós seus dirixentes que no caso da Ponte vestiron ó equipo do que non é , e no caso do Bande inflaron ó equipo con diñeiro público sen ningún tipo de infraestrutura por detrás. O caso do Arnoia é diferente. Eles fixéronnos frente coas súas armas e teñen moitísimo mérito, por iso falamos do Clásico. Non me gusta o seu xeito de xogar(o famoso patada a seguir) pero iso é algo moi diferente ó da Ponte e o Bande. Estamos? 14 Dic 2016, 09:40 27.09
jijiji, pregúntalles ós teus amigos do PP que foron os que derrocharon e acabaron co clube como acabarán co Bande, non ós socios do Ourense que antes non eramos os donos do clube como somos agora. 14 Dic 2016, 00:06 52.24
Está claro que nestes campos hai que poñer o mono de traballo pero xogando o noso futbol como fixemos en Bande. Se caemos no pelotazo como en San Cristovo mal asunto porque levamos as de perder. 13 Dic 2016, 23:28 312.80
Aquí temos ó equipo da Deputación. A por eles :D Forza Ou!! 13 Dic 2016, 20:42 52.24
O sorteo é hoxe ás 20:30 h na Delegación da Federación en Ourense. O que non sei é como seguilo en directo. 13 Dic 2016, 18:21 27.09
Sorteo da copa hoxe oito e media na delegación da federación en Ourense para sabermos con quen xogamos o día de reis. 13 Dic 2016, 09:37 300.97
Unionista, o Miogo .e de terra coma o Barreiriños de Xunqueira. aquí che deixo o enlace: https://www.facebook.com/pg/taboadela/photos/?tab=album&album_id=1208254619188417 12 Dic 2016, 12:51 26.58
Historias aparte, chegou o momento de visitarmos o pobo de Óscar Martínez no Outeiro do Miogo para seguir sumando porque isto segue e non para. 12 Dic 2016, 10:42 300.46
Vamos Xunqueira. A repetir polo menos o empate da copa que o barreiriños non é o outeiro. 11 Dic 2016, 12:07 26.58
O sorteo de cuartos o será este luns. 09 Dic 2016, 16:58 26.58
Tolay aí o tés: http://www.lapreferente.com/J172374/cf-cortegada/sotelo.html 09 Dic 2016, 04:14 26.58
Ourensano, mira se o coñezo que eu fun o que gravei o gol del en Atios que marcou de falta directa porque estiven alí no último partido de liga. Non sabía que a Dani lle chamaban chimpín. É un xogador excelente, do noso Ourense tiña que ser. 09 Dic 2016, 04:00 26.58
futboldesalon, non sei quen é o tal chimpín pero se chegamos a ter a Xurxo non marcades nin un gol en balón bombeado coma os dous primeiros, e se están Adrián ou Hugo creo que vos podían caer outro par ó contragolpe. Por certo, Samuel é un excelente porteiro pero é o suplente por se non o sabías. Humlde comentario e respectuoso ok? Parabéns ó Arenteiro, que nos plantou cara. Forza Ou!! 09 Dic 2016, 00:33 26.58
Hai sorteo. Teño que poñelo ben despois do sorteo porque as eliminatorias se crean soas unha vez que deseñas a competición de copa. Gran partido dos nosos en Espiñedo. Somos moito colega. Forza Ou!! 08 Dic 2016, 19:41 51.10