Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Algo alto. adaptado ó xogo de patadón do Puente, coma sempre. 05 Feb 2017, 16:21 137.25
Teño a dúbida de se xogaremos con Pousa e Julio no centro da defensa con Sotelo e Sergio nos laterais, ou Julio e Sergio de centrais con Sotelo e Otero de laterais. Ou se entra Panu no carril esquerdo de inicio ou Sotelo, pasando Sergio ó lateral esquerdo con Julio, Pousa e Otero na defensa. Múltiples combinacións. 04 Feb 2017, 20:38 30.42
Para min está claro quen NUNCA vai quebrar un monumento ao ourensanismo de todos os que entran ó Estadio do Couto. Tamén é certo que onte houbo un vendaval e había contedores, sinais e árbores degolados. Discrepo de que a situación deportiva é mala. Mala é a situación en canto a lesión e ausencias no equipo. O Ourense xoga ben pero está definindo pouco. Penso que é por iso, polas lesións. Espero que cando se baleire a enfermería as cousas melloren. Un rival moi serio nos visita, así que mono de faena e a polos tres puntos con humildade. Forza Ou!! 03 Feb 2017, 22:44 30.42
Imaxino que os do Puente entrarán cando o chiringo que teñen está aberto e non hai ninguén do Ourense. Iso chámase indicios. 03 Feb 2017, 11:48 30.42
Os do Puente poden entrar no campo cando queren? 02 Feb 2017, 23:27 30.42
Se recuperamos a Lucas mellor porque sempre é un plus xogar contra o seu ex equipo. O Pousa repetirá porque só temos a Sergio e Julio de posibeis centrais. Dai para arriba xa imos tendo mais recambios. 02 Feb 2017, 18:34 30.42
Anxo é o fillo do Richard, o míster do Xunqueira. Hai que dar exemploB-) 31 Ene 2017, 18:35 30.34
Se Ourense ten aprox, 105.893 hab, e o Ourense 1316 socios, temos sobre un 1,25%. Bande, con aprox, 2116 hab, tería que ter aprox. 27 socios para igualar ó Ourense en porcentaxe. Xa ves que só que tivera 100 socios xa se irìa por riba do 5%, superior incluso ó Real Madrid, que con máis de 200.000 socios está no 3,1% da cidade de Madrid. O Celta ten un 7,8% con 23.000 abonados de aprox. 293.000 hab. A extrapolación non vale porque a progresión é logarítmica. Somos de sobra o clube cos mellores datos da provincia e seguiremos medrando. É o que hai. 30 Ene 2017, 00:41 30.34
Triunfo agónico pero xusto dos nosos ante un Xunqueira que foi un auténtico frontón e que xa sabiamos que no Barreiriños é moi difícil de superar. Por enésima vez digo: o mellor, os tres puntos. Pero tamén digo que se con dous xuvenís e cinco baixas notabeis sacamos adiante os partidos, podemos ser optimistas no sucesivo para conseguir o noso obxectivo. Forza Ourense!! 29 Ene 2017, 23:09 30.34
Obvio que Ourense, Ribeiro, Allariz, Velle, Celanova e Antela teñen unha filosofía baseada na canteira e por iso sempre serán proxectos sólidos que chegarán onde as súas afeccións queiran que cheguen. 24 Ene 2017, 00:39 29.79
Piquete, o Ourense só non é favorito co Bande polo presuposto que tedes e sábelo. Outra cousa é ser superior no partido en concreto como fomos no Outeiro e tamén o sabes. Ante os de Richard son favoritos todos esta tempada. Outra cousa é gañar no Barreiriños, que é un campo moi difícil para os favoritos incluido. 22 Ene 2017, 22:18 29.18
Ourense 1, Vilariño 0. Suma e segue. Forza Ourense!! 22 Ene 2017, 18:43 29.18
Final. Tres puntos para o saco. 22 Ene 2017, 13:56 329.48
78' | 0-2 | Goooooool da @UDOurense2014!! Goooool de "Sweet" Laura!! 22 Ene 2017, 13:41 329.48
Nunca vin ningún equipo verdadeiro que cambie de nome.😂😂😂 22 Ene 2017, 13:38 29.18
Golazo de Pacy. 22 Ene 2017, 13:36 329.48
Vamos Ourense!!!! 22 Ene 2017, 12:59 329.48
Piquete non cres que perdes credibilidade dicindo trapalladas? Podes defender argumentos pero non inventes, anda. Do outro patán nin falar. Non ofende quen quere. Ofende quen pode. Hoxe hai que marcar ben a Gonzalo que é un goleador perigoso. Forza Ourense!! Desbote copias de refugallo😁😁😁 22 Ene 2017, 11:25 29.18
reflex, grazas polo comentario pero nin udo nin Arbeloa. Somos o Ourense e non temos conos no equipo, Otero ten batante máis categoría. Con respecto á baixa de Marcos Otero, creo que xogará Áitor na banda dereita. E falando de categorías, o Loupe este ten a propia dun Troll, nin máis nin menos.:D:D:D 22 Ene 2017, 01:21 57.26
Si. E xa van dous Trolls desta vez, menos mal que o Piquete xa é dos vellos :D:D:D. Piquetiño nós usamos a carteira pero a nosa, a dos socios do Ourense, non a da Deputación de Ourense e a do Concello de Bande. A vosa canteira debe ser o vertedoiro de Bande porque por máis que busco non encontro equipos base nesa localidade pepeira. E nin compararvos ó Ribeiro. Ese é un equipo con moitísimo mérito e con equipos base, claro que si. Forza Ourense!!!! 22 Ene 2017, 00:17 29.18