Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
A UDO non sei se mereceu gañar pero o Ourense dende logo que si e por máis dun gol. Grazas ó porteirazo do Arnoia, a pesar de que fallou no primeiro gol. Estou con Iván. Outro puntiño de vantaxe e xa queda menos.. Forza Ou!! 05 Mar 2017, 21:00 31.90
O mellor equipo da liga vaise ver ó final non agora. Contra o collarin gañamos de penalty rigoroso pero foi moi merecidamente. Os dous partidos do Allariz merecémolos gañar de longo. O do Ribeiro empeñámonos en perdelo. En Bande fomos superiores e na Copa demos pena. Hoxe fomos superiores ó Arnoia e empatamos de milagre. Así é o Ourense. Que temos tido sorte nos descontos? Si. Pero como nunca damos o partido por perdido acabamos empatando ou gañando. Sabedes que o porteiro do Arnoia finxiu unha lesión e perdeu mogollon de tempo e o arbitro permitiullo? O Ourense empatou pero mereceu gañar o partido. 05 Mar 2017, 20:47 31.90
Recoñézoo. Tés razón. Pero podes crer que tanto hoxe coma Francelos coma Viana merecemos gañar de sobra. Houbo actitude nos xogadores. Pero os descontos beneficiáronnos. 05 Mar 2017, 19:36 31.90
Con todo a favor, o Arnoia con dez e o partido controlado deixamos que se nos subiran às barbas e ó final anque merecemos gañar porque hoxe si houbo actitude, sacamos um punto de milagre, o que unido á derrota do Velle fai que aumentemos a catorce a diferenza. Xa falta menos. Forza Ou!! 05 Mar 2017, 19:22 31.90
E se houbera decencia nos políticos o Bande é o que non ascendía Popo. O Ourense sempre vai ascender pola masa social que é doutra categoría. Telo que recoñecer sen que che pareza mal. 05 Mar 2017, 19:11 31.90
Grazas pola entrevista do Xurxo, o noso ícono desque o Ourense renaceu en 2014. Espero que volte o máis axiña posíbel así coma Omar. A ver o que nos depara o probabelmente ultimo clásico en liga ante os pementeiros. Forza Ou!! 04 Mar 2017, 21:06 31.90
Eu tamén espero que o despropósito contra o Bande non se repita e vaiamos a polos partidos correndo máis que o rival porque a nosa calidade é indiscutíbel pero non vale de nada se non xogamos con tensión e actitude coma fixemos no Carballiño e en Bande, onde fomos superiores porque equipo temos de sobra. Convosco a morte!! Forza Ourense!! 28 Feb 2017, 12:06 142.99
Estou dacordo. O Bande sen facer grande cousa soubo posicionarse no campo. Ó Ourense non o vin hoxe sobre o campo. Hai que mudar moitas cousas pero sobre todo a actitude, e iso é responsabilidade do corpo tecnico. Parabéns para o Bande que hoxe si foi mellor e ten eliminatoria moi ben encauzada. Forza Ourense!! 25 Feb 2017, 20:00 31.90
Rafa Ugarte, o Kun, ecuatoriano ex do Ourense está no Ribadumia con Manu Táboas, ex ourensanista, Fran Fandiño, ex do Pontevedra, e o ex deportivista Changui, e o outro día xogou contra o Barco en Calabagueiros. Non creo que baixe a primeira autonómica en medio da temporada e sendo titular no Ribadumia. Ó Ourense si que voltaría, pero sería a temporada que vén digo eu :D. Pero se o di Ourensanista69, a min comentáronme está mañá algo do Kun pero non estou seguro sobre que era. 24 Feb 2017, 23:52 31.90
Gustoume. Esa é a liña a seguir. 23 Feb 2017, 16:46 141.97
Entón canto ides gañar a ver. Xa resolvedes no Couto? É pra saber se vou ou non. 22 Feb 2017, 21:25 31.90
Entón dille ó Iván que non veñan o sábado porque xogar pra nada... 22 Feb 2017, 20:36 31.90
Xa trouxo a monte á defensa do Arenteiro no Espiñedo. Xogadores coma Fran marcan a diferenza. 22 Feb 2017, 11:43 31.90
Encantoume a entrevista a Fran no Faro. É a caña 😁. Forza Ou!! 21 Feb 2017, 10:45 31.90
Douscentos por cen dacordo con Ourensanista69. Que pode gañarnos o Bande? Claro. A eliminatoria está igualadisima. Pero no unico precedente que hai bimbiámolos na casa, onde son aínda máis fortes. Concordo tamén en que non encaixar será vital, coma contra o Arenteiro. 21 Feb 2017, 10:24 31.90
Varios me gustaron hoxe, pero destaco a Fran, Marcos e Otero. 19 Feb 2017, 21:57 31.91
A dar a sorpresa? E logo queres que gañe o Bande? Non o pillo... 19 Feb 2017, 21:42 31.91
Mellor. Hai que encher esa grada e que esa xentiña de Bande se anime que aquí non comemos a ninguén. Forza Ou!! 19 Feb 2017, 20:36 31.91
Bo partido do Ourense na liña que queremos ver ainda que a goleda puido ser escandalosa. O Francelos comezou ben e foise diluíndo cos minutos. Tres puntazos para o saco e xa queda menos para o terceiro ascenso consecutivo. Forza Ou!! 19 Feb 2017, 20:26 141.21
O 3-0, golazo tremendo do fillo do Nolis levando o balón dende a defensa e percorrendo todo o campo. 19 Feb 2017, 17:26 31.91