Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Se o propio Antonio Dacosta comunica que se vai a fin de tempada para min está claro que a decisión é del, non da directiva. Despois da traxectoria sobresaínte de Antonio no Ourense realmente habería moi poucos argumentos para invitalo a marchar. Os motivos xa os explicará el. Agora non é o momento porque o mellor da tempada quizais aínda estea por chegar. Fernando paréceme un técnico extraordinario na base e dende logo vos aseguro que non é dos de "patada a seguir". A filosofía de xogo é análoga á de Antonio e dende logo á do ourensanismo. 09 Abr 2017, 16:02 401.58
Dacordo contigo Ourensanista69. Non hai razóns obxectivas para relevar a un técnico que o gañou case todo co Ourense. E se somos campións xa vai ser a caña. E xa non digo nada de se facemos un bo partido en Bande. Que tal se esperamos ó final e sacamos conclusións? Que aínda pode variar moito a cousa. Eu achaco o baixón futbolístico nun 90% ás lesións. Iso si, todo é opinábel, mais creo que de momento debemos ser cautos. 06 Abr 2017, 18:13 401.50
Miremos o lado positivo. Teremos a Fran no partido de volta no Outeiro. Se lle queremos gañar ó coco da categoría teremos que correr máis ca eles., con ou sen Fran. Non nos queda outra. Forza Ou!! 05 Abr 2017, 10:52 401.50
A ver, de momento o Bande leva mellores números e non cabe dúbida de que é un tremendo equipo. Pero o mellor demóstrase ó final non agora ou porque se berre ou insulte máis. Que sexa un bonito partido e non se manque ninguén. E sobre todo que gañe o mellor e eu quero que sexa o Ourense. Forza Ou!! 03 Abr 2017, 16:38 401.50
Partido moi acertado en ataque dos nosos. Xa ía sendo hora de que metéramos a maioría das que creamos, que sempre son moitas máis que o rival. Pasa que o Peroxa é un equipo ultraofensivo, dos que gusta ver, e noesquezamos que foi feito para estar moito máis arriba do que vai quedar. Así que gran resultado e tres puntos. E co Bande confórmome tamén cos tres puntos. Tráeme sen coidado como o consigamos:D. Forza Ou!! 03 Abr 2017, 16:24 32.25
Pois nada. Hoxe e o resto da tempada toca mono de traballo xogue quen xogue. Non queda outra se queremos conseguir os obxectivos. Correr máis que o rival. Tod@s á Peroxa! Forza Ou!! 02 Abr 2017, 08:55 32.15
Os equipos C de alevín e de benxamín non estaban nos planos do clube en principio, pero debido á demanda que houbo de querer xogar no Ourense e para non deixar a ninguén fóra, creáronse, previa solicitude á Federación, que a última hora os concedeu. Campos para adestrar claro que hai, adestramentos en condicións tamén porque hai dous adestradores por equipo. Falta que teñamos todas as instalacións gratis coma os demais porque estamos pagando Salesianos e Miraflores. A infraestrutura humana do Ourense é de 10 e a das institucións, de momento, de suspenso. Por certo, as plantillas do A e do B están completas, por iso se crearon os C, non foi por ter máis equipos. 01 Abr 2017, 16:10 32.15
Non creo que haxa que diminuir os equipos da base porque as institucións non nos permiten usar os campos aos que temos dereito. Creo que hai que seguir loitando polos nosos dereitos e segundo vaiamos medrando imolo conseguir. Lembra que Salesianos nos está botando unha man e que a cantidade non é calidade como dis pero se temos equipos C é porque a xente se quere apuntar no Ourense e crearonse a posteriori para non deixar a ninguén fóra. E iso é moi positivo porque da cantidade podemos seleccionar a calidade para que o Ourense sexa netamente de Ourense, pois como sabes temos unha Escola de fútbol coordinada por Fernando e por iso non creo que asuma o cargo do primeiro equipo. 01 Abr 2017, 11:53 32.15
Penso que se queremos o título temos que nos centrar a tope porque o Bande se relaxou, supoño que pola celebración do ascenso, e din que o Cortegada fixo merecementos para levar o partido, de feito foi sempre diante no marcador. Con humildade e sobre todo correndo máis que o rival penso que se pode lograr. Na Peroxa cómpre unha boa marea vernella porque agora e cando máis nos necesita o equipo. Entre todos podemos, Vamos Ourense!! 28 Mar 2017, 00:45 146.79
Non vin o programa porque non vexo esa canle pepeira da boina. Xa os puxeron no seu sitio os do birrete o día anterior na tvg porque eses si apostan polo ourense e non veñen coas indirectas das udo, chámanlle ourense e punto. Ó final estes cenutrios da Religión terán que tragar porque non lles queda outra se queren que lles lean a información deportiva da súa noxenta folla parroquial dos baltares. FORZA OURENSE CARALLO!!!! 28 Mar 2017, 00:33 32.15
Acabo de ver a reportaxe do Ourense na TVG en En Xogo. Non cabe dúbida de que sempre nos apoiaron porque sempre sacaron os nosos tres ascensos consecutivos cando se produciron e seguiron o partido en directo na Radio Galega. Os do birrete moi ben, os da boina, fatal. FORZA OU!!!! 26 Mar 2017, 23:50 146.28
Tres puntos, ascenso e Durán en estado puro. Obxectivo cumprido e agora non se relaxar porque o mellor está por vir. FORZA OURENSE!!!! 26 Mar 2017, 19:57 146.27
Graciñas Piquete, seguímonos vendo na Preferente. 26 Mar 2017, 19:56 146.27
Outra entrevista, esta vez a Durán. Déixovos o link. Grande Duri!! http://www.losotros18.com/futbol-popular/59083/ruben-duran-la-ilusion-volver-vestir-la-camiseta-del-ourense-2ab/ 25 Mar 2017, 15:48 145.91
Hai algo que destacar nesa reportaxe da folla parroquial? Porque eu só a collo para ler O Carrabouxo, o único que ten interesante ese xornal da banda da boina. Por outro lado, eu tamén aposto por Uni o domingo de titular, e tamén por Xurxo de central con Currás, e Julio no medio campo se se recupera.das molestias. 24 Mar 2017, 16:03 32.09
Xa estou farto de ler que queremos coller o legado do Ourense porque iso non se colle. Non é cuestión de nome ou de sair xa en Segunda B, é cuestión de IDENTIDADE. Tense ou non se ten. Nós somos o legado xenético(herdanza) que deixou CD Ourense. Porque o outro legado, os trofeos, tenos a Deputación e son de todos os ourensáns. 22 Mar 2017, 10:24 32.09
Hai unha cousa que me está chamando a atención aparte de que coincido basicamente con todas as criticas positivas e negativas que estades dicindo. E é a manía de algúns xogadorea como Marcos e Currás de mandar balóns arriba sen sentido. Esa non é a filosofia. 21 Mar 2017, 09:46 365.36
Esa é a idea. Non sei como estará Senén o domingo pero o resto do plantel poderia estar dispoñíbel para o mister. 20 Mar 2017, 09:36 365.36
Esa grada ten que botar lume o domingo coma co Palmés en terceira e o Arrabaldo en segunda. Voltaremos!! Forza Ou!! 19 Mar 2017, 20:55 32.09
Tres novos puntos ante un gran rival que mereceu máis no segundo tempo. Este Ourense moito ten que mudar en actitude porque só con calidade non basta. A ver se co Velle certificamos o ascenso. Forza Ou!! 19 Mar 2017, 20:00 32.09