Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Pousa non pode seguir no xuvenil para botar man del se se precisa? 29 Jun 2017, 12:58 32.73
Para min sería unha moi boa noticia renovar a Senén. Ten moita forza e calidade. Fichar a Luis como dicides moi acertadamente e, por último, ese ariete que se nos resiste e que da a impresión de que pode ser a sorpresa do bolo. 29 Jun 2017, 02:09 154.02
Unai é un nove. Dianteiro centro ou como se lle chame. Pasa que é deses xogadores polivalentes que poden xogar en banda pero non é veloz como extremo. Non está tendo sorte de cara ó gol pero destaca polo seu sacrificio e raza e por iso lle renovaron. 27 Jun 2017, 09:20 78.98
Noraboa ao Coles, onde xogan dous amigos meus que axudaron a non descender. 26 Jun 2017, 14:28 32.73
Ok. Acabo de velo no Faro. Alégrome polo Cortegada que fixo un bo partido contra nós e puido nos gañar e salvarse directamente. 26 Jun 2017, 12:27 32.73
Parabéns ó Bouzas e a Patxi. ex adestrador do Ourense. E a Arenteiro e Ribeiro que nos acompaña a Preferente. 26 Jun 2017, 01:15 286.95
Sabedes quen soben de segunda autonómica e de terceira? O Melias e o Salamonde? 25 Jun 2017, 22:08 32.73
Vaia equipazo meu deus!! Voltaremos!! 24 Jun 2017, 13:27 32.73
Eu concordo contigo. Eu non o faría Pero supoño que o fan por tradición, non por devoción. 16 Jun 2017, 14:43 55.32
Eu creo que os dan como posibeis pero non todos. E iso que lin de Jaime non estaría mal porque é ó mellor do Bande de longo. 14 Jun 2017, 13:16 55.32
Grazas pola exclusiva unionista, e aínda haberá máis... 09 Jun 2017, 21:53 55.32
Están esperando á final do Couto e sobre todo ó ascenso do Arenteiro. 09 Jun 2017, 11:33 55.32
Iso que os afeccionados non vemos...será disciplina? Aquí hai que reforzar a defensa porque foi bastante penosa. O que menos me gustou. E estar acertados arriba pero non importa quen marque. Niso coincido. Hai que loitar coma o fai Hugo que marcou menos pero recuperou moitos balóns. 09 Jun 2017, 08:51 32.73
Xa que falades dun goleador, Pablo Bande é un xogador de vinte anos que marcou dezanove goles no Manchica, que lembremos que baixou a segunda. Marcou dezanove dos corenta e nove do Manchica. Interesante. A min si me preocupa a dianteira porque fomos un equipo este ano que xerou moitas ocasión de gol e metemos unha porcentaxe baixa. Obviamente a nosa defensa tamén estivo moi verde. 08 Jun 2017, 12:49 32.73
Despois da final de copa e sobre todo do ascenso do Bouzas a cousa vaise poñer interesante. 08 Jun 2017, 10:45 32.73
Grazas pola reportaxe ourensanista. Basicamente estou dacordo. En canto a Unai, el mesmo me dixo que renova pero tedes razón, a saber. 08 Jun 2017, 08:35 32.73
Josu é un lateral dereito bárbaro. Yebra se non veu con Pato debe estar vendo ofertas igual que Padrón e Portela. Chimpín dependerá de se sobe o Arenteiro ou non, digo eu. 08 Jun 2017, 02:49 32.73
Tanto Otero coma Áitor poden xogar coma lateral dereito en Preferente. Lástima de Álex que é un gran xogador. Connosco xogaba no centro do campo en segunda b. 07 Jun 2017, 11:47 32.73
A min Soares non me entusiasma porque xoga un fútbol directo aínda que é bo xogador. Pero Karim xa é un mediapunta con moita chegada e calidade. Jaime tamén é un centrocampista con gol e desequilibrante. Ten moi bos xogadores o Bande sen dúbida. Pero haberá que esperar a despois da final de copa. 06 Jun 2017, 22:57 32.73
Tocouse en Primeira ó Bande cando xa os tiñan fichados, pero agora en Preferente veñen por menos se os chamaran que parece que non, polo menos mentres non xoguen a final co Puente. E en canto a Johnny, é un centrocampista goleador que me encantou tanto en San Cristovo coma no Couto pola velocidade e técnica. En Celanova vin un Codeso que é un portento físico subindo a banda para centrar. Creo que son dúas boas fichaxes e con moito futuro. Concordo con todos en que estamos facendo un equipiño xeitoso. 06 Jun 2017, 01:09 32.73