O partido co Salamanca e sobre todo o triangular no Cardenal Quiroga, vaia entrantes colega. |
16 Jul 2017, 22:04 |
154.02 |
2 |
0 |
+info
|
O equipo feminino segue buscando xogadoras
Só hai dous equipos de mulleres na provincia, a UD Ourense e o Rúa
P.R.R. | Ourense 15.07.2017 | 03:05
Só hai dous equipos de fútbol feminino na provincia de Ourense e o de Segunda Autonómica, o Rúa de Valdeorras, mesmo optou polo grupo herculino pola súa distancia coa capital.
A Unión Deportiva Ourense recolleu a testemuña o ano pasado do desparecido Barbadás e crece ao amparo dun club que partiu de cero para recoller o legado do equipo do Ourense.
Rubén García, segue como máximo responsable na segunda tempada na Primeira Autonómica, onde logrou alcanzar a terceira posición, pero o obxectivo segue sendo o ascender a Segunda División nacional. Pero o problema como sempre é que en Ourense non hai xogadoras que queiran xogar ao fútbol e atópanse máis cómodas no fútbol sala. Nestes momentos o club con contrato ten catro xogadoras e espera o técnico que no próximo mes confírmenlle a maioría do pasado curso se van seguir ou van estudar fóra de Ourense que sería outro pau máis para poder facer o equipo. |
15 Jul 2017, 20:50 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
"Estamos ilusionados ante este novo reto"
15.07.2017 | 03:05
O presidente do conxunto unionista cumpre a súa cuarta tempada á fronte do club e emprega todas as súas horas nas oficinas do club achegando o seu granito de area: "Somos un club onde ninguén cobra nada por traballar e que tentamos recoller o legado de Club Deportivo Ourense. Estamos moi ilusionados ante este novo reto de pelexar por unha das dúas prazas que nos leve á Terceira División, pero quere deixar ben claro que non será unha obrigación, pois nesta categoría hai clubs moi importantes con maior orzo que o noso. Creo que fixemos un equipo que vai ilusionar á afección, con xente de calidade e cun corpo técnico encabezado por Fernando Currás que fai traballar aos xogadores, que é o importante para que o club salga desde os primeiros partidos a lume de biqueira para poder estar entre os mellores. Estou satisfeito de que, a pesar de ser meses de vacacións, a xente acuda ás oficinas do Couto a retirar o seu carné e espero que antes de finalizar o mes podamos estar nos 500 e no mes de agosto roldar a cifra dos 2.000 abonados". |
15 Jul 2017, 20:47 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
A UD Ourense xa ten 200 socios
O obxectivo do club é alcanzar a cifra dos 2.000 abonados para atender os gastos do equipo de Preferente, o feminino e os 250 deportistas da base - A presentación do equipo será o día 26
P.R.R. | Ourense 15.07.2017 | 04:55
Queda mes e medio para que a Unión Deportiva Ourense inicie a competición na Preferente Autonómica (Grupo Sur) e os afeccionados xa acoden ás oficinas do campo do Couto para retirar o seu carné e novo abono para o próximo curso, unha tempada para a que o club comezou unha campaña de captación de novos abonados, sen esquecerse da masa social do ano pasado, que chegaba aos 1.500.
A cifra ideal que se marca a directiva unionista sería chegar aos 2.000, pois os gastos para a tempada 2017-2018 van ascender a 266.000 euros para cubrir todos as necesidades do primeiro equipo, o conxunto feminino, os 250 xogadores da base e a escola de iniciación para os máis novos.
As institucións terán que implicarse, pola súa banda, no apartado das subvencións, pois o equipo non dispón de campos municipais para poder atender os adestramentos de todos os equipos da sociedade e no tres anos da súa fundación tiveron que pagar instalacións deportivas no Colexio Salesianos, que levan uns gastos ao longo da tempada.
Os prezos dos socios para a próxima tempada serán os seguintes: o abono básico (26 a 74 anos) para Preferente increméntase nun 50%, pasando de 40 a 60 euros; o socio protector abonará 80 euros; mentres que os maiores de 65 anos e xubilados pagarán 55 euros. Para os desempregados o prezo é de 30 euros e o abono familiar (que inclúe a dous adultos) queda en 90 euros --cada fillo entre 16 e 25 anos pagará 30 euros a maiores--.
O abono do equipo feminino segue en 10 euros, un prezo simbólico para os afeccionados. Polas oficinas do club xa pasaron nestes días dous centenares de afeccionados a retirar o seu carné.
Para cubrir o orzamento, a directiva calcula que se ingresarán 87.000 euros por patrocinadores, publicidade estática e publicidade nos carnés. Outros 56.000 euros procedentes de socios, abonados e establecementos colaboradores, mentres que polos despachos de billetes, rifas e bar esperan xerar 30.000. Por cotas de base roldaranse tamén os 30.000 euros e por outros conceptos 7.000. As subvencións da Deputación e, en menos medida, do Concello e a Xunta alcanzan os 45.000 euros. |
15 Jul 2017, 20:44 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
Julio Álvarez e Tito Currás, dous cracks que marcan a diferenza co resto de equipos, sen dúbida ningunha. Manda carallo na Habana, Fidel... |
14 Jul 2017, 17:25 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
Se en Astorga non hai profesionais da informacion ben informados pasan estas cousas. Eu mesmo denunciei a un xornal de Lugo por dicir que o Puente era o actual sustituto do CD Ourense.
Os de Oira están por encima das súas posibilidades porque aparte de ter as instalacións de balde teñen o concello e a deputación ao seu servizo coa pasta de todos os ourensáns. |
13 Jul 2017, 19:08 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
Eu creo que con Coruxo e sen Coruxo Yebra nunca iría para a banda dos de Oira porque non teñen categoría suficiente. |
13 Jul 2017, 16:16 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
Espero que se chega alguén máis sexa un xogador contrastado e de superior categoría e se pode ser, ourensanista. Se non fose así, que o equipo quede como está que non pinta nada mal e non precisamos lastres. |
11 Jul 2017, 23:31 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
Todo o mundo sabe, e eles os primeiros, que Senén non segue no Ourense porque foi descartado. |
10 Jul 2017, 19:36 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
zapeu, cando colocas un equipo de segunda división na primeira autonómica é normal que se pete isto de comentarios. Non somos o Puente, naturalmente.
Borja Yebra é de Chantada se non lembro mal, a pesar do que pon o Faro. Aínda que é ourensán de adopción e ourensanista de formación. Que non esqueza que Rubén Durán estaba en 2A cando el ascendeu connosco a 2B. |
10 Jul 2017, 19:14 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
A min mentres non mo digan de forma oficial os medios ou alguén da directiva non creo nadiña porque nestes días opera máis Radio Macuto que os profesionais dos xornais. |
10 Jul 2017, 03:18 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
Completamente dacordo convosco. Eu falei con Senén e estaba louco por quedar pero non se lle renovou por causas extradeportivas que non vou nomear, pois o rapaz é sobrado técnicamente cando está en forma. Penso que marchou para o Puente por despeito porque mira que non terá equipos este chaval.
En canto a xogar co Puente un partido en Maceda? Se non estivese o Barco creo que non iriamos porque con estes impresentabeis será de todo menos amistoso. |
09 Jul 2017, 03:17 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
Pois unha de cal e corenta de area Xiareiro. Menudo bluf.
De renovar, a Senén e Otero que son postos sen dobrar. E de fichar, a un tio que marque diferenzas ou deixar as cousas como están. |
06 Jul 2017, 12:49 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
O do porteiro non ten pés e o do Tito non ten cabeza. O dianteiro é un ex ourensanista que está na segunda portuguesa e non xoga?
Por certo, para dobrar a calquera da banda esquerda está Senén. Que vos parece? |
06 Jul 2017, 12:07 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
Espero e desexo que os tiros vaian por outro lado e a fichaxe sexa a bomba que todos esperamos, ainda que eu xa estou contento co que temos. |
05 Jul 2017, 03:41 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
Creo que temos un equipazo de medio campo para atrás, e como nós non xogamos ó punteirolo, posibelmente os goles se repartan entre os centrocampistas polo noso fútbol de toque. |
02 Jul 2017, 23:45 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
O ansiado nove témolo na casa se aproveita a morea de asistencias que vai recibir do, con toda probabilidade, mellor centro do campo da categoría. |
02 Jul 2017, 19:03 |
154.02 |
2 |
0 |
+info
|
Entón quen ocupa a praza do Boiro? |
30 Jun 2017, 16:03 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Estades completamente seguros de que Pato cobra tres cifras? A min non me dixeron iso pero tamén non é un dato oficial. Eu concordo con non superar o que se poida gastar pero a partir daí se podemos por que non? |
30 Jun 2017, 11:11 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
Estás seguro de que non temos xogadores de catro cifras? E claro que se refire ó Puente e a nós. |
29 Jun 2017, 15:14 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|