Ogallá Unionista. Non mola sofrer ata o final. |
01 Ago 2017, 16:44 |
213.90 |
3 |
0 |
+info
|
A ver, cando cheguedes ó alto de Puxeiros hai que tomar a segunda saída á dereita dirección Bouzas e xa nos leva dereitiños a Valadares que, por certo, é unha parroquia de Vigo.
Xa temos a equipación VERMELLA que nos corresponde como OURENSE que somos coma di PERTECA e coincido en que molaba máis a albiceleste do ano pasado.
Xornadas 11, 12, e 13 con Ribeiro, Bande(o novo clásico) e Nogueira.
Por último, hai tres anos o Ourense B xogou o último partido da tempada en Atios e gañamos con gol espectacular de Dani Chimpín de falta directa(eu mesmo o grabei e o subín) e conseguimos a permanencia a pesar do que veu despois. Parece un capricho do destino que xoguemos o último partido en Atios este ano e que gañemos e ascendamos.
FORZA OURENSE!!!! |
01 Ago 2017, 02:29 |
92.61 |
2 |
0 |
+info
|
Haberia que organizar unha especie de marexadiñas vermellas para os partidos de fóra da casa. O equipo necesítanos para conquistar a terceira división.
Forza Ourense!! |
30 Jul 2017, 22:18 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Si. Partido con un 3-5-2 con laterais moi arriba. Nos tres tempos do partido houbo moitos trocos pero prevaleceu este esquema que non é para nada defensivo. Moito toque ás bandas e nin un so balón bombeado. Moi positivo.
Faltou Unai á cita e Fran estaba na grada.
Gol en propia porta para os azuis e incrementa despois Carlos. No segundo e terceiro tercio empataron os de peto por medio de Josu e Adrián.
Destacar a Pato, Alfredo, Omar e, por riba de todos a Carlos. O de Xinzo deixou á xente convencida de que vai estar no equipo senior. |
29 Jul 2017, 16:52 |
68.68 |
2 |
0 |
+info
|
Outros tres comentarios e petámolo a 500.
FORZA VERMELLOS!! |
26 Jul 2017, 16:24 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Para cando estarán as camisetas novas? Porque xa nos poden ir chamando "os vermellos" de novo, aínda que lles doa a moitos ;D. |
25 Jul 2017, 04:02 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Fernando Currás cuenta con 22 futbolistas
Once refuerzos y otras tantas renovaciones configuran la plantilla de la UD Ourense
P.R.R. | Ourense 24.07.2017 | 01:43
La Unión Deportiva Ourense regresa el miércoles de vuelta a los entrenamientos de cara al debut en la Preferente Autonómica (Grupo Sur). Fernando Currás dispone de 22 futbolistas para intentar el objetivo para la próxima campaña de lograr el ascenso a la Tercera División. Hay ganas de fútbol en Ourense, donde las buenas noticias económicas del club han de servir para componer un proyecto caracterizado para la competitividad, el talento y la ilusión de un equipo que quiere conseguir su cuarto ascenso consecutivo, desde su creación en 2014.
Allí se reencontrarán buena parte de los futbolistas que acabaron el pasado curso con once caras nuevas. Siguen del pasado año el portero Samuel Vázquez, Los defensas Tito Currás, Julio Martínez y Xurxo Bouzo, los centracampistas Aitor Martínez y Omar García y los delanteros Adrián Rodríguez, Unai, Fran Martínez, Hugo García y Rubén Durán.
Los once jugadores nuevos serán el portero Pato Guillén (Boiro); los defensas Josu (Coruxo), Oli (Barbadás), Pablo Corzo (Barco), Miguel Codeso (Sporting Celanova) y Germán Pérez (Barbadás); los centrocampistas Luis González (Barbadás), Carlos López (Antela), Bruno Gómez (Nogueira de Ramuín); y los delanteros Joni (Ribeiro) y Alfredo (Barbadás).
El cuerpo técnico para la próxima temporada queda configurado con Fernando Currás como entrenador, Nacho, su hermano, como segundo, Antonio Dacosta, preparador de porteros , Toni como preparador físico y Óscar López como delegado del club.
Un equipo con gente de mucha calidad y oficio, la mayoría procedente de equipos de superior categoría. Pero lo más importante es que, al menos el portero Patricio Guillén, son todos ourensanos que llegan al club muy ilusionados de poder pelear por una de las dos plazas de ascenso a Tercera.
El entrenador está deseando que llegue mañana para empezar la pretemporada y se muestra ilusionado de la plantilla conformada. "Creo que hemos acertado en los fichajes y que tenemos un equipo para pelear y darle una nueva alegría a la afición", comenta.
|
24 Jul 2017, 18:04 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Imaxínome que Pousa, Benji e Manu terán ficha do xuvenil e Carlos do senior. Benji pode ser moi interesante para dobrar ese lateral dereito xunto con Josu e a polivalencia de Áitor. |
24 Jul 2017, 16:51 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Graciñas Xiareiro. Carlos está, o que pasa é que o conto entre os posibeis do xuvenil. Teño que poñer a Manu(supongo que é Manuel Blanco Villar) tamén. |
24 Jul 2017, 14:43 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Podes me poñer o enlace onde se ve o escudo curvado da páxina? Eu véxoo normal. |
24 Jul 2017, 01:19 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Alguén sabe se continúa Benji? É un lateral dereito do xuvenil que xogou en Cortegada e o fixo fenomenal. |
23 Jul 2017, 23:16 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Xiareiro a que te refires co do escudo? |
23 Jul 2017, 22:59 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
"Coñezo á maioría dos xogadores e ao adestrador"
23.07.2017 | 03:43
O defensa ourensán vaise a atopar o vindeiro mércores no vestiario con moitos xogadores coñecidos e mesmo foron compañeiros no desaparecido Ourense
-Para poder pelexar polas dúas prazas de ascenso, o equipo terá que fiar moi fino desde o primeiro momento ¿E vai ter no persoal xogadores que xa xogaron no Ourense ?
-Coñezo á maioría dos xogadores e isto é moi importante cando regresas a un equipo de nova formación como a Unión Deportiva Ourense, e aparte ter como adestrador a Fernando Currás que xogamos xuntos no mesmo equipo. Foi unha das persoas que me convenceu para pasar a formar parte de novo da familia ourensanista, dun equipo que saíu fai tres anos desde abaixo e que conseguiu tres ascensos e esperemos que nesta campaña podamos conseguir o cuarto que sería o importante para que o club siga crecendo.
-Para este verán, a Unión Deportiva Ourense ten sinalado xogar once partidos de preparación.
- Creo que son suficientes para chegar o 27 de agosto nas mellores condicións para afrontar a liga e poder saír a lume de biqueira para cumprir os obxectivos marcados polo club. Haberá máis días de adestramento e teremos que pór algo máis da nosa parte todos os días, facendo un traballo serio e ordenado e niso non teño dúbida, pois imos contar cun corpo técnico que encabeza Fernando Currás que nos vai a esixir moito nos adestramentos e nos partidos". |
23 Jul 2017, 21:16 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Josu: "Quero achegar o meu granito de area para ascender a Terceira"
"O proxecto é ambicioso e a idea, polo menos a miña, é levar ao equipo onde merece estar"
23.07.2017 | 04:55
José María Gómez Docampo (2-11-84, Ourense), Josu, o último capitán do Club Deportivo Ourense, ao que pertenceu 20 tempadas, volve ao Couto tras unha paréntese de tres anos para contribuír co crecemento da UD Ourense. O xogador marchouse ao Compostela e nesta tempada disputou co Coruxo 25 partidos en Segunda B, unha categoría na que debutou como rojillo, e como compañeiro do que será o seu adestrador Fernando Currás, en 2006 no campo do Cobeña madrileño. Agora quere ascender co conxunto unionista á Terceira División.
José María Gómez Docampo, Josu, o lateral dereito ourensán que se foi de Couto en 2014 tras consumarse a desaparición do club rojillo e que no pasado curso militou no Coruxo de Segunda B, decidiu dar un paso á fronte e aceptar a oferta da Unión Deportiva Ourense e poder así contribuír ao ascenso do equipo a Terceira División.
- Despois de xogar 20 anos no desaparecido Ourense decidiu regresar á UD Ourense para axudar ao equipo unionista para pelexar por unha das dúas prazas de ascenso á Terceira División. Tiña ofertas doutros equipos de superior categoría. ¿O adestrador Fernando Currás convenceuno para xogar no club?
-Cando se toma unha decisión deste tipo sempre se ten en conta moitas cousas. Para min non é dar un paso atrás, aínda que é certo que despois de deixar o Coruxo, tiña ofertas do estranxeiro e de quipos de Segunda B para seguir xogando. Cando me falou o adestrador Fernando Currás pareceume boa a idea. O proxecto é ambicioso e a idea, polo menos a miña, é levar ao equipo onde se merece estar por cidade, que é a Segunda B. Non se canto tempo tardaremos, esperemos que en dous anos, pero hai que traballar.
-¿Como ve este novo UD Ourense que xa ten ao completo o persoal para afrontar por primeira vez a Primeira Autonómica?
-Marcháronse xogadores, pero aínda seguen a maioría da pasada campaña e viñemos 11 xogadores novos que vimos achegar o noso granito de area nunha liga complicada, pois os equipos de Vigo e Pontevedra, adoitan facer excelentes persoais, pero creo que nós temos un gran equipo e debemos estar a pelexar polas dúas prazas a Terceira División desde o primeiro partido da liga. Temos un persoal bo proporción entre a experiencia e mocidade e creo que as cousas nos van a saír como quere o corpo técnico, xogadores, directivos e afeccionados.
- Está ao corrente do traballo que está a realizar este club desde a súa fundación tanto no deportivo como no económico. ¿É o camiño a seguir para que non suceda o que lle paso ao Club Deportivo Ourense?
-Hai que facer borrón e conta nova e esquecerse do que lle sucedeu ao Ourense. Hai que aprender dos erros, que se cometeron moitos, non só a última directiva se non as anteriores. Hai que ver no que se fallou e non volver cometer os mesmos erros porque ao final, se non sabes xestionar o tema económico, dá igual o tema deportivo. A este club véxolle con moitas posibilidades porque Club Deportivo Ourense tiña unha débeda de millóns de euros e esta directiva, desde que fundou o club, atópase saneado e faise as cousas con cabeza. Non hai débedas e iso ten que ser un punch. Creo que este club ten moita marxe de manobra se se traballa ben e aparte conte cun respaldo da afección sensacional que mete máis xente no campo do Couto que a maioría de equipos de Segunda B.
-Vai seguir compaxinado a súa profesión de avogado co fútbol. Dentro de catro días vai comezar a pretemporada para o equipo, pero ¿vostede veu traballando durante as vacacións?
-Tiven algunhas vacacións. Teño que seguir coa miña profesión de avogado e isto ocúpache moitas horas, pero tampouco deixei de traballar e creo que vou chegar á pretemporada en boas condicións. Se fas unha boa pretemporada, chegas en mellores condicións ao comezo da liga, eu son unha persoa que me gusta traballar e estar en condicións ao longo da tempada. |
23 Jul 2017, 21:01 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Balta ou Israel, o que marcara o gol do ascenso en Granada.
Baltar que o faga na presentación do Puente que vai máis coa "catejuría" dos dous. |
22 Jul 2017, 21:58 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Sabedes quen fai o saque de honra co Salamanca? Algún salmantino exourensanista quizais? |
22 Jul 2017, 18:46 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
Pareceríame patético que isto chegue a ser oficial despois de botar a dous laterais que son postos que non temos dobrados. |
21 Jul 2017, 21:21 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo en Celanova o 12 de agosto co Pontevedra de Luisito. |
21 Jul 2017, 04:56 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
Sabedes se o eacándalo das mafias Villar-Louzán vai atrasar o calendario galego? |
19 Jul 2017, 13:50 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|
Eu asino a pesar disto: http://www.lapreferente.com/C8251-13/tercera-division-grupo-1/estadisticas.html |
17 Jul 2017, 23:54 |
32.73 |
1 |
0 |
+info
|