Coincido basicamente con todo o que dixestes. A estratexia en campos pequenos debe de ser algo mixto. Balón ás bandas ou a Hugo para buscar segunda xogada cando ataquemos e transicion de toque cando contraataquemos. O toque para fabricar xogadas de ataque tan propio noso témolo que deixar para O Couto e para cando xoguemos fóra en campos grandes, que non sei se haberá moitos.
Hoxe quédome co porteirazo que temos e coa calidade dos nosos centrocampistas. |
16 Ago 2017, 01:20 |
102.07 |
3 |
0 |
+info
|
Estou completamente dacordo co tocayo en que temos un equipiño apañado para non pasar apuros en terceira. E por suposto que o do Pontevedra foi a "pájara" de pretemporada sen maiores consecuencias.
O martes veremos un Ourense máis parecido ó que todos esperamos e hai que ir ós Carrís porque vai pagar a pena. |
14 Ago 2017, 02:32 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Creo sinceramente que de medio campo para atrás hai un equipazo para a categoría sempre que teñamos un ton físico alto, o cal se vai derivar da calidade dos entrenos. Se cumprimos estas premisas de seriedade e sacrificio imos estar na pomada do ascenso. |
13 Ago 2017, 18:08 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Concordo coa acumulación de partidos en tan pouco tempo, o erro fatal pero puntual de Corzo e que o nove aínda non está decidido cando xoguemos o 4-1-4-1, así coma o punta que acompañe a Hugo cando xoguemos o 3-5-2. |
13 Ago 2017, 09:15 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Sabedes eses partidos onde TODO, absolutamente TODO che sae mal? Pois este foi ún deses partidos. Pra esquecer. Borrón e conta nova.
O martes, na presentación do Barbadás.
Forza Ou!! |
12 Ago 2017, 23:07 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Un ensaio con gancho en Celanova
A UD Ourense enfróntase esta tarde (20.00 horas) ao Pontevedra de Luisito en San Rosendo - O defensa unionista Perico Currás será homenaxeado pola súa longa etapa como xogador do Sporting
X.C. | Ourense 12.08.2017 | 04:55
A Unión Deportiva Ourense e o Pontevedra repiten con mellor saúde esta tarde no campo de San Rosendo de Celanova (20.00 horas) o partido que xogaron hai dous anos no estadio do Couto con motivo da primeira edición do Memorial Club Deportivo Ourense. Os unionistas están en Preferente e os granates xa non só consolidáronse en Segunda B se non que volveron a play off.
O presidente do conxunto ourensán mostrou o seu agradecemento á institución pontevedresa por sumarse á pretemporada. "Que un dos clubs máis importantes de Galicia, un club histórico e un club amigo, veña a xogar contra a UD Ourense é un orgullo", recalcou Modesto García.
O encontro debería disputarse no Couto, pero o club non obtivo o permiso da Secretaría Xeral para ou Deporte. "Dixéronnos que non se poden xogar dous partidos era pretemporada porque O Couto necesita coidados e porque se pedimos dous partidos, o Ourense CF tamén querería dous, e catro en agosto non o quería aguantar. Non o acabamos de entender, pero é o que hai", indicou o presidente.
A decisión de Luisito, o último adestrador que tivo o Ourense e que por cuarta tempada dirixirá ao Pontevedra, mantívose en pé unha vez coñecida a proposta de xogar en Celanova. "O compromiso de Luisito é fundamental para que veña un equipo desta categoría. Pensamos que coa traba do campo sería difícil, pero aí entrou en acción o Sporting Celanova, que ten un dos mellores campos da provincia e pechouse o amigable", explicou o directivo.
O encontro reúne todos os alicientes para que os afeccionados acudan a San Rosendo. "Empezan as festas e non hai mellor forma de empezalas que un partido como leste. O Pontevedra é superior, pero a UD Ourense ilusiona e seguro que vai competir", expuxo Modesto García. O saque de honra farao Jose, un alevín das escolas de fútbol de Celanova que a pasada tempada lesionouse de gravidade nun partido contra os unionistas. O prezo das entradas é de 5 euros. Modesto García subliñou a relevancia da vinculación que está a establecer a UD Ourense cos demais clubs da provincia e referiuse, en concreto, á chegada de Miguel Codeso ao cadro de persoal unionista, mentres que outro defensa, Sergio, foise ao Sporting.
Javier Dasilva González, Dasi, director deportivo do conxunto celanovense, destacou a importancia do partido: "Agradecer á UD Ourense e ao Pontevedra que se animen a vir a Celanova, oxalá que o partido sexa unha festa para todos e a ver se o ano que vén pódese repetir con motivo do 50 aniversario do Sporting", indicou.
Dasi convidou os rapaces da escola de fútbol a que acudan ao partido e atopen no céspede un incentivo para progresar no fútbol. Tras eloxiar a Sergio, reforzo procedente do club unionista, indicou que será un partido especial para Miguel Codeso "por xogar en casa", ante a súa familia e os seus amigos. "Coñecendo o seu carácter, estará motivado", indicou Dasi.
O secretario da directiva do Sporting, Manuel Dasilva, subliñou que é "un orgullo" para o club e para Celanova que se xogue alí o partido e adiantou que se fará un recoñecemento ao defensa da UD Ourense Perico Currás pola súa longa traxectoria no equipo de San Rosendo. Coas rifas sortearase un xamón, un lote de viño e outro de aceite e unha camiseta histórica do Ourense.
|
12 Ago 2017, 16:27 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Porque o Salamanca é un equipazo e a Ponte é un equipiño. O da terceira división é mera coincidencia. E por suposto que temos mellor equipo, aparte de que nós non lle damos pra arriba cando ó rival presiona. Tentamos xogar ó balompé, non á billarda. |
09 Ago 2017, 21:11 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Dacordo con paraxas, o Barbadás propón un fútbol interesante e segue en rodaxe. Mellorará moito sen dúbida no sucesivo.
En canto ós "patada a seguir(colle a banda de Oira a testemuña do Arnoia)", para a permanencia non terán problema porque meten o Autos González debaixo da portaria e é difícil marcarlles, e probabelmente haxa equipos máis ruins ca eles na terceira, que xa é dicir.
|
09 Ago 2017, 13:16 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
A min gustoume moito máis o Barbadás que o Puente. Independentemente dos xogadores que saíron vese que tenta xogar ó futbol, a filosofia de equipo. Están aínda moi verdes, iso si.
Os nosos, superlativos en defensa cun gran Samuel no segundo partido e superiores en todo ó Puente no primeiro. Moi boa imaxe do Ourense. |
09 Ago 2017, 02:09 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Que non se notou a diferenza de categoría?
Non se notou contra o Barbadás. Moi equilibrado con máis posesión deles.
Pero cos Okupas CF fomos SUPERIORES. Non a cheiraron. Só nos faltou o gol porque o único que fan os de Oira é "patada a seguir". |
08 Ago 2017, 23:58 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Facemos así. Eles primeiros e nós segundos. Pero a copa pra nós. Eles que escollan :D |
08 Ago 2017, 16:26 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Hoxe triangular en Maceda. Un amistoso contra o Barbadás e outro "non sei como chamalo" contra o Okupas CF. O importante é que os dous nos sirvan de preparación sen mancarse ninguén e se pode ser traermos o trofeo para o Couto.
Forza Ourense!! |
08 Ago 2017, 14:16 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
O vídeo do Ourense 1, Salamanca 0
https://www.youtube.com/watch?v=aIyBZeCZx60&feature=youtu.be&list=UUPLAYER_UNIONISTASCF |
08 Ago 2017, 13:52 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Fútbol, vitoria e rock and roll
O Memorial de Club Deportivo Ourense queda por primeira vez no Couto nunha tarde de irmandamento entre unionistas.
O cantante dos Suaves, Yosi, recibiu a calorosa homenaxe dos equipos e as afeccións.
X.C. | Ourense 06.08.2017 | 03:28
O trofeo que lembra desde fai tres anos a Club Deportivo Ourense quedou no Couto. Pontevedra e Compostela leváronllo antes e o Unionistas de Salamanca tamén o mereceu onte, pero non tivo o gol de cara. Joni, xa no minuto 89, fixo un exercicio de rendibilidade ao aproveitar a ocasión que tivo para darlle unha alegría aos numerosos afeccionados da UD Ourense que acudiron ao campo. É agosto, as conclusións son precipitadas ou enganosas, pero o primeiro partido do ano no Couto foi entretido e ao final arrincoulle un sorriso aos ourensanistas.
O conxunto salmantino, con traxe de play off a Segunda B, impuxo a xerarquía de principio a fin. Faltoulle o gol para trasladar os méritos ao marcador. A UD Ourense escudouse no seu porteiro Pato Guillén para manter a emoción. Os de Fernando Currás tiveron que vestir a versión defensiva para a estrea en casa. O balón foi acaparado polos visitantes, que tamén se aplicaron con xenerosidade na presión. Cos futbolistas creativos eclipsados, os unionistas tiveron que esperar e meter a perna.
Os descoidos na saída do balón puxeron en risco os dominios de Pato. No 26, Oskar Martín enviou fóra un balón de gol. A ocasión ourensá máis clara foi para Unai, que aos 19 minutos recolleu unha acción trenzada, entrou pola dereita e sacou un remate raso desviado por Carlos Molina.
O descanso non cambiou a cor visitante. Currás refrescou o ataque, pero case todo o que pasaba nas áreas eran problemas para Pato. Ao conxunto salmantino só se lle notou a altura de tempada na definición. A Javi Navas fóiselle un remate ao traveseiro para acabar de desesperar á animosa expedición salmantina no Couto. Con Omar e Fran Martínez, que deixou algún dos mellores detalles técnicos da tarde, esgotáronse os cambios construtivos na UD Ourense. Xa no ocaso, a Javi Navas escapóuselle un balón preto do poste.
O partido conducíase cara os penaltis cando Oli, que tivo unha primeira parte atarefada, arrincou con forza desde a esquerda, sorprendendo ao contrario a contrapé. O balón chegoulle a Joni, con tempo para buscar a fisura entre unha defensa en pánico. O balón acabou na rede. Os ourensanistas celebraron a fortuna e premiaron cunha calorosa ovación ao conxunto salmantinos. Os seus afeccionados selaron o irmandamento con berros de Ourense, Ourense. |
06 Ago 2017, 06:04 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
O Codeso ollou para o míster e díxolle que non era nada serio, só unha sobrecarga. Vaia forza física do de Celanova. |
06 Ago 2017, 00:00 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
O equipo estivo moi serio en defensa con Codeso e Oli coma destacados ante un rival moi forte que dominou o partido. O Ourense sentenciou á contra por medio de Jony coma nos mellores tempos.
Forza Ourense!! |
05 Ago 2017, 22:30 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Tributo á fidelidade mutua
Yosi, cantante dos Suaves e afeccionado da UD Ourense, fará o saque de honra
X.C. | Ourense 05.08.2017 | 03:12
O 26 de setembro de 2010, os roqueros dos Suaves pisaron o céspede do Couto nos prolegómenos dun partido entre o Ourense e o Racing de Ferrol para realizar o saque de honra. O club presidido entón por Juan Pérez facíalles un recoñecemento como fieis afeccionados e embaixadores da camiseta e o escudo rojillos.
O vínculo non rompeu tras a caída do club no ano 2014. Os compoñentes da banda de rock foron habituais en partidos da UD Ourense e en asembleas -Charly Domínguez é socio fundador- e o cantante, Yosi, luciu camisetas unionistas en recentes concertos. Desde o novo club mesmo lles propuxeron a composición da letra do himno oficial.
Cumpridos o tres anos de vida do proxecto que lembra ao Ourense, Yosi volverá saír esta tarde ao campo do Couto para encargarse do saque de honra e recibir o aplauso dos afeccionados cos que compartiu tribuna.
|
05 Ago 2017, 16:21 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Un amigable para sempre
A UD Ourense e o Unionistas de Salamanca, fundados por afeccionados dos clubs desaparecidos en 2013 e 2014, miden os seus proxectos en fase crecente (O Couto, 19.30 horas) - Alfredo e Xullo, as baixas locais
X.C. | Ourense 05.08.2017 | 04:40
Primeiro caeu a Unión Deportiva Salamanca, en 2013, e ao ano seguinte correu idéntica sorte o Club Deportivo Ourense. O empeño dos seus afeccionados máis fieis creou dous novos clubs, refuxios espirituais para combater o baleiro. Esta tarde (19.30 horas) crúzanse no Couto os resultantes, dous equipos que tratan de abrirse paso coa forza que ten o que empeza e o que sabe de onde vén.
No mesmo escenario, fai seis anos, xogábase outro amigable no que o Ourense homenaxeaba polo seu pasado rojillo a Balta, técnico dun conxunto salmantino que acababa de baixar de Segunda División. Os clubs aos que lembran a UD Ourense e o Unionistas enfrontáronse por última vez o 31 de marzo de 2013 no Couto. Tres dos 28 futbolistas que xogaron aquel partido volverán estar tarde de curto, Pato Guillén e Josu polos locais e Jesús Hernández da Torre, Piollo, nas filas salmantinas.
A terceira edición do Memorial Club Deportivo Ourense, que tivo como vencedores nas dous anteriores ao Pontevedra e ao Compostela, ten un inesgotable reverso emotivo. Será a primeira vez que sente no banco do Couto Fernando Currás, que fai dez anos despedíase como futbolista. "Seguro que me vou a sentir a gusto", auguraba onte o técnico.
"Desde o primeiro día que entrei -lembra-, esa sensación de que é a túa casa non deixou de estar aí. É algo que sentes como afeccionado, como futbolista ou agora como adestrador. Nunca deixei de ser afeccionado do Ourense. Pasoume o primeiro día cando volvín de Xetafe e despois cada unha das veces que regresei. Sempre me pareceu estar en casa".
Asegura Fernando Currás que non cre moito no protagonismo do adestrador. Asume que moitas miradas se pousarán sobre a súa batuta. "Oxalá vaia moita xente a ver se pitan ou aplauden, que é o que pretendemos -chancea-. Este é o equipo adecuado para arrastrar á xente ao campo e vexo que teñen ganas de axudar", sinala sobre a predisposición que detectou na contorna. O adestrador da UD Ourense dá por feito que se manterá o apoio que sentiu o equipo na súa etapa polo fútbol provincial e espera non defraudar. "Seguro que o alento da bancada non falta e trataremos de acendelo aínda máis. Non teño dúbida de que estarán connosco e esperamos estar á altura do que nos vai a esixir o público".
Debutar como técnico no Couto nun memorial de CD Ourense é puro contraste emocional. "Non é por remover, pero o pasado segue estando moi presente. Os motivos polo que pasou son outra cousa, pero o noso traballo é colocar ao club cada vez máis preto de onde estivo sempre", subliña Fernando Currás.
Ao porse en marcha a cuarta tempada da UD Ourense, o adestrador eloxia aos que fixeron posible "ese tránsito, que é duro" entre a caída do club referente e o despegamento desde o máis profundo. "Unha vez que nace o novo club todo o mundo púxose ao choio e creo que o que se está conseguindo quedará para sempre. Teño moi claro que a UD Ourense é CD Ourense. Son termos burocráticos ou siglas distintas, pero o fútbol é sentimento e o sentimento é o mesmo", destacou.
Sobre o enfoque do partido contra un potente rival, Currás considera ademais o condicionante do escenario e a ocasión. "É un partido en casa, especial, e non xogarán dous equipos distintos en cada tempo. Algúns futbolistas xogarán máis de 45 minutos, pero para seguir vendo cousa porque tampouco imos priorizar gañar o partido sobre evitar posibles molestias", expuxo o técnico. Antes do adestramento de onte en Miraflores, eran baixas confirmadas o central Xullo e o interior Alfredo. Fran Martínez e Josu evolucionaron satisfactoriamente e poderían ser utilizados. |
05 Ago 2017, 16:10 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Presentación hoxe no Couto ante a nova UD Salamanca no Memorial CD Ourense. Xa teño vontade de ver ós nosos co uniforme autóctono vermello.
Forza Ou!! |
05 Ago 2017, 15:29 |
55.32 |
2 |
0 |
+info
|
Fantástico partido dos ourensanistas onde coincido plenamente cos comentarios e a crónica.
Un pequeno apunte. Alfredo é unha especie de Fran Martínez que ten unha luva no pé esquerdo. Que bárbaro o tío!! Carlos vai ser a sensación porque é do mellorciño que fichamos. |
03 Ago 2017, 09:13 |
92.61 |
2 |
0 |
+info
|