Comentarios de OUD

Comentario Fecha Karma
Durán e Bruno, baixas importantes Mañá no campo do Couto a Unión Deportiva Ourense enfróntase ao líder Estradense e á semana seguinte de novo en casa co Caselas - O conxunto unionista busca sumar seis puntos consecutivos P.R.R. | Ourense 02.09.2017 | 04:46 Mañá a Unión Deportiva Ourense xoga o seu primeiro partido no campo do Couto ante o líder Estradense que na xornada inaugural derrotou con contundencia ao Ribeiro por 5-0 e que chega con moitas ganas de sacar algo positivo ante o conxunto unionista que comezou perdendo ante o Valladares por 2-1 e o peor é que non poderán xogar mañá dous dos xogadores importantes como o centrocampista Bruno e o dianteiro Rubén Durán, que foron sancionados cun partido o mesmo que o segundo adestrador Nacho Currás. Un encontro moi importante para o cadro que adestra Fernando Currás, pois á semana seguinte volverá xogar no mesmo recinto ante o Caselas. O conxunto unionista quere sumar o seis puntos consecutivos para demostrar que é un dos dous equipos que van pelexar ao longo da tempada polo ascenso á Terceira División. Para os adestradores, o partido seguinte é o máis complicado: "Repetirémolo toda a tempada porque é así, é unha categoría superior completa e igualada e de momento enfrontámonos a un equipo que, sen ben nós iniciamos sen sumar, eles sumaron o tres en casa e con bastante solvencia. É un do equipo que estará arriba a priori, as referencias que temos del certifícano neste cartel de favorito porque teñen bos futbolistas, pero nós bastante temos co noso e teño moi claro que non cambiaría o meu equipo por ningún do grupo. Temos que facer as cousas ben, ter con fianza no traballo que facemos no día a día co que estamos encantados e que se vaia reflectindo nos partidos do domingo, e ir crecendo como equipo cada fin de semana.O primeiro reto para conseguir iso este domingo ás 7 da tarde así que temos que temos que ter o cinco sentidos en facer as cousas ben e ao acabar o partido xa haberá tempo de analizar cousas". En canto ás baixas por sanción de Rubén Durán e Bruno, o técnico unionista confía nos dous xogadores que saian para ocupar os seus postos: "Durán é un futbolista de referencia no club e Bruno que está a ir a máis cos adestramentos e os partidos. O outro día expúlsano cando estaba a facer bos minutos, e o equipo estaba a agradecelo. Temos un persoal alto que vai ir a máis, porque hai tres ou catro futbolistas que van ir a máis porque non puideron facer a pretemporada como os demais e a súa achega vainos a ser vital por iso todos teñen que estar ben". 02 Sep 2017, 20:04 587.38
Renovación total no Estradense O rival de mañá no Couto quere levar o tres puntos P.R.R. | Ourense 02.09.2017 | 02:49 O visitante mañá no campo do Couto desde as 19.0ou horas o Estradense é un dos equipos clásicos da Preferente Autonómica e que nesta campaña fixo unha renovación total, conta cun novo presidente Toño Camba e un adestrador como Alberto Mariano Estévez, que estivo como técnico en todas as categorías do Compostela. A renovación chegou tamén ao persoal con novas fichaxes e, a metade, do propio municipio. O presidente quere xogadores de casa. E sorprendeu o Estradense coa fichaxe de Stephane Pignol, 40 anos contémplanlle e o seu paso por Primeira División, Compostela ao principio e As Palmas hai poucos anos. Foi a aposta arriscada do presidente. Na primeira xornada non tiveron problemas para derrotar ao equipo ourensán do Ribeiro (5-0). Nun partido con goles de Arturo, Javicho, dous de Juanín e un de Vicente. O once estivo formado por Coke, Ander, Martín, Pignol, Carballa, Borja, Juanín, Óscar Boo. Javichu, Arturo e Juanito. Un partido onde os locais non tiveron problemas para sumar o tres primeiros puntos do campionato e colocarse de líder e mañá chega a Ourense a tentar sumar un novo triunfo. 02 Sep 2017, 20:00 587.38
Grazas Rivelino, o único que tentamos é de poñer as cousas no seu sitio. Se o Ourense CF tivera nacido con ese nome, nada que obxectar. Pero nada diso. Mudaron o nome para quedarse con todo o que significa o Ourense, o equipo das Burgas, o equipo vermello. Nós refundámolo coma no seu dia o CD Ourense refundou á UD Orensana. É o Puente CF que renunciou ó seu nome e ó seu barrio (barrio da Ponte) para tentar aparentar o que non son. Por iso o lema da UD Ourense é Ourense somos nós. 1500 socios e crecendo hacia os 2000. Os pontinos non sei se pasarán dos 50 incluídas ás entradas que regalan con axuda da deputación e o concello do PP. Que ninguén dubide nunca cal é o Ourense. Forza Ourense!! 31 Ago 2017, 16:22 675.26
Camporedondo, antes de dicir barbaridades, infórmate de que o Ourense somos nós por sermos os herdeiros do CD Ourense. Xa nacemos coma Ourense(Unión Deportiva Orensana (1942-1953, CD Ourense(1953-2014) e UD Ourense(2014). O Ourense CF sempre foi Puente CF. equipo dun barrio da capital que mudou o nome hai 3 anos para arrebatar o nome e o estadio do Couto, porque sempre xogaron en Oira (barrio do Puente). Por ser herdeiros do CD Ourense, por ser a mesma afección e por representar a Ourense e á provincia, a UD Ourense segue sendo o Ourense. Non por mudar o nome te transformas no Ourense. Que che quede claro. O Puente non é o Ourense por se chamar Ourense CF, do mesmo xeito que non te considero un analfabeto por escribir o teu nick con só un R. Forza Ourense!! 30 Ago 2017, 22:16 612.33
Camporedondo, somos o Ourense. UDO é a nosa marca deportiva. 30 Ago 2017, 18:20 652.67
Niso tés razón Rivelino. O pior da Gándara é que parece unha estrada e resulta moi complicado sacar ás xogadas dende as bandas. Temos que xogar máis vertical nestes campiños. É o que hai. 30 Ago 2017, 18:14 564.79
Espero que consolidedes a primeira derrota. Forza Ou!! 29 Ago 2017, 18:44 542.26
Desastre defensivo na primeira parte coma co Pontevedra. No primeiro gol o dianteiro remata a pracer ante a mirada de Codeso(central?) e Oli. No segundo, deixamos rematar 3 veces despois de dous paradóns de Pato. Segunda metade notábel do Ourense onde case empatamos a pesar do árbitro e o patada a seguir do Valadares. Baixas importantísimas de Julio e Fran, gran partido de Germán e Hugo. O importante é como acaba, non como comeza. Ala Ourense!! 28 Ago 2017, 05:55 55.32
Aquí bon tempo de momento. Xiareiro, a min chégame cos 3 puntos. 27 Ago 2017, 17:55 32.73
Beli, grazas pero somos OURENSE non UDO. FORZA OURENSE!! 27 Ago 2017, 15:59 32.73
Rivelino, somos o Ourense. O verdadeiro. É lóxico que sexamos favoritos por ser quen somos pero sempre con humildade e respectando a todos os rivais. Ala Ourense!! Forza Ou!! 26 Ago 2017, 20:24 55.32
Ola tocayo. Como no móbil non tiña como poñelas fun ó computador e subinas na páxina do partido. Teñen unha grada non moi grande pero ben apañada. 26 Ago 2017, 20:19 55.32
Estiven na Gándara hai dous dias e tomei untas fotos. Non che está nada mal o campiño. Gustoume. Subín as fotos aquí á páxina do partido. 24 Ago 2017, 18:01 57.12
Interesante o das quedadas. 23 Ago 2017, 10:57 55.32
Xiareiro, non sei se será posíbel facer iso porque habería que estar coordinados para cando o Ourense chegue á Gándara e seguramente chega antes que a maioria de nós. Véxoo un puntazo pero moi complexo. 22 Ago 2017, 08:32 32.73
Eu vou case fixo. A ver se procuramos ir de vermello e nos colocamos xunto. Lembrade que no alto de Puxeiros, a segunda saida hacia Bouzas e en 5 min. en Valadares antes do túnel. 21 Ago 2017, 17:00 55.32
Partido con domino completo do Ourense. Goles de Luis(p.), Alfredo, Corzo, Germán e Unai. O Allariz foi borralo do campo. O domingo comeza a verdade. Forza Ou!! 20 Ago 2017, 22:14 55.32
Pois fácil, un primeiro tempo cun equipo moi parecido ó do ano pasado, con dominio total e pegada nula, de feito empataron a 0 goles. Samuel, Currás, Julio, Codeso, Pousa, Luis, Omar, Durán, Unai, Chaly e Jhonny. Esquema: 4-2-3-1. Destacar un balón ó pau de Jhonny. No segundo tempo entraron Josu, Germán, Bruno, Fran, Alfredo, Hugo e Adrián por Codeso, Pousa, Luis, Omar, Unai, Charly e Jhonny. Esquema: 3-5-2. Coma a noite e o día en velocidade e efectividade. Alfredo e Fran crean espazos para que Durán, moi ben apoiado por Bruno, brille e dea asistencias para que estes dous se luzan polas bandas e centren con moitísimo perigo. Por outro lado Josu marca moitísimo as diferenzas no lateral dereito subindo coma un extremo máis e coas súas características diagonais. Destacar que foron anulados dous goles a Adrián e Alfredo e os consabidos de Josu, Fran e Adrián. O Antela fenomenal en defensa ata que entraron os dous volantes que desequilibran moitísimo e acabaron por romper a defensa albinegra. Nas postrimerías do partido o Antela marca de disparo cruzado con Samuel tapado por dous defensas. Mañá, o Allariz. 20 Ago 2017, 01:31 102.09
Sanxenxo e Porriño xogan ás 19:00 horas, así que por aí andará a cousa. Por certo, sabedes que estes son os que perderon 3-4 co Puente no penúltimo partido de liga despois de ir gañando 3-1 no minuto 82 e o árbitro descontar 12 minutos e, para rematala, fallar o penalty do empate a 4 no minuto 12 de desconto? Non o sabiades? Pois xa o sabedes. 19 Ago 2017, 02:15 55.32
Mañá en Xinzo e pasado en Allariz. Alguén sabe se a entrada é libre? 18 Ago 2017, 18:45 32.73