Qué lección de xogo por parte do Carreira. Uns nenos que xogan moi ben ó fútbol, sin duda. O mellor equipo que vimos. Pero non solo eso, que lección de humildade, de saber estar, de bo xogo e do compañeirismo que debería sempre acompañar a estas categorías. Deixaron sempre xogar ó Unión, sacaron xogadores para tentar igualar un pouco o partido, non se cebaron no marcador, cando podían ter marchado con 40 goles tranquilamente, deron minutos ós xogadores que igual non xogan tanto noutros partios, o dito....... noraboa ós nenos, ós pais, á directiva e sobre todos ós 2 entrenadores que fixeron que disfrutáramos moito no campo. Desexámosvos as mellores das sortes alá a onde vaiades. O dito, moitas gracias de todo corazón. |
06 May 2017, 07:39 |
12.26 |
1 |
0 |
+info
|
Noraboa ó Sar. Vaia partido pasado por auga.
Gracias ó seu adestrador. Fomos en inferioridade numérica e sacou xogadores para xogar en igualdade e deixándonos xogar en todo momento.
O dito, moitas gracias e moita sorte na competición |
30 Mar 2017, 20:31 |
12.08 |
1 |
0 |
+info
|
Partidazo. Noraboa ós nenos do Dodro e ó adestrador Fran. Moi bo partido, permitindo xogar en todo momento. Sorte na competición |
14 Feb 2017, 22:43 |
11.75 |
1 |
0 |
+info
|
Hola Alicia. Boas noites.
A ver, o primeiro pedirvos disculpas, porque eu non me expliquei ben, pero creo que vos tampouco me entendestedes todo o ben que eu quixera.
1.- O noso equipo tan solo ten 4 xogadores de prebenxamíns e 6 de biberóns. De quén é a culpa? pois non o sei.
Se miras os resultados da liguilla, levamos moitas "choscas" e non protestamos, sabemos o que hai, na primeira volta o Taragoña creo que nos meteu 6 ou 7 goles non me acordo.
2.- non presumo, solo digo que nós o que buscamos é que o pasen ben e que disfruten no campo, como comprenderás co equipo que temos, non podemos aspirar a moito máis. Eu das famas e/ou políticas do unión, Taragoña, Araño, Boiro ou calquera equipo non podo falar, xa que non estou en ningunha directiva, nin representante nin nada de nada, tan solo levo ó meu fillo a xogar ó fútbol. Non son eu quen, nin quero ser quen defenda a maneira de facer as cousas dun club.
3.- para animar ó meu fillo non me fai falta velo ganar. De feito, xa che dixen que na primeira volta tan solo lle ganamos ó Puebla, porque aquel día o seu equipo tamén estaba moi mermado. De feito, moitas veces, acaban os partidos e non saben nin como quedaron. Descoñezo a motivación que no vestiario lle dan ós rapaces dende o Unión, eu solo digo que os pais os animamos o mais que podemos.
O que nos costa é cando é tal a humillación, o meu comentario do outro día (dito en quente, dito sea de paso) referíame a que por exemplo, cando xa íamos perdendo 0-12 e estando de porteiro un rapaz biberón que casi non tiña nin forza para sacar da portería, esa ansia cando se lle decía ós dianteiros "atentos ó saque, a roubar e meter gol". Sinceramente, eso vino fora de lugar, eu non son entrenador, nin o podo ser, pero actuaría doutra maneira.
4.- Tes razón. Ahí columpieime un pouco, eu tamén vos desexo sorte na competeción. Eses son os meus valores.
Firmado. Un pai, orgulloso dos seus fillos, inda que non xoguen.
Saúdos. |
25 Ene 2017, 20:39 |
11.65 |
1 |
0 |
+info
|
Penoso. Penosa me pareceu a actuación do Taragoña. Xogando contra un equipo practicamente de biberóns, cebáronse moi duro.
Cando xa ían ganando de máis de 10 goles, inda nese momento, non deixaban nin sacar ó porteiro. Un porteiro de biberóns, que casi non tiña nin forza para lle chegar o balón a fora da área.
Si estades contentos con estes actos, noraboa. Eu non o entendo, Eu teño outras ideas do que significa o fútbol base.
Sei perfectamente que o noso equipo a única aspiración que ten é a de divertirse e a de que os nenos o pasen ben, pero con actuacións deste tipo, é difícil levantar o ánimo no vestiario.
Síntoo, pero non vos desexo sorte na competición. |
21 Ene 2017, 13:23 |
11.63 |
1 |
0 |
+info
|
A pesar do abultado do marcador, dar a noraboa tanto ó entrenador como ós xogadores, que puideron meter moitos máis goles e deixaron xogar ós nosos rapaces ata a metade do campo. Ese é o espíritu.
Noraboa a todo o equipo e sorte na competición. |
10 Dic 2016, 18:05 |
11.37 |
1 |
0 |
+info
|
A noraboa á adestradora do Aguiño, que tentou deixar xogar ó equipo rival, vendo que non eran capaces nin a saír da portería. Ese debe selo espíritu das categorías bases. O dito, noraboa e sorte no campionato. |
06 Nov 2016, 08:50 |
170.52 |
2 |
0 |
+info
|
Noraboa ó Dodro. Bo partido. Noraboa tamén ó adestrador Fran Couselo. Unha gran persoa como xogador e agora como adestrador das categorías bases, non acosando ó contrario, deixando sacar e poñendo todo da súa parte para un partido máis bonito. O dito, noraboa ó Dodro. |
22 Oct 2016, 18:41 |
11.13 |
1 |
0 |
+info
|
De verdad creedes necesario ese resultado? Algún dos dous equipos sacou algo en limpo? (mais alá do abultado resultado? Os pobres rapaces da Pobra son case todos biberóns, |
20 Oct 2016, 23:35 |
11.13 |
1 |
0 |
+info
|