Comentarios de JonDillinger

Comentario Fecha Karma
Insisto, a única opinión válida é a vosa. Si bwana. 19 Feb 2022, 14:45 80.10
O único que saco en claro, é que uns temos que calar e os outros crense donos da razón absoluta; capaces de xulgar e dictar sentencias. Non hai lugar pra dar unha opinión diferente. Parabéns aos que recibiron a condecoración de bos afeccionados. “SI BWANA.” 19 Feb 2022, 14:15 80.10
E polo que intúo, tampoco apreciou cambio algún na maneira de plantexar os partidos e a determinación coa que se afrontan, independentemente do cambio de sistema. Eu non vexo o equipo temeroso e dubitativo de xornadas atrás, que se puña por diante nos partidos e acababa pedindo a hora pra chorar algún punto. Sexa pola necesidade ou polo que lles transmiten desde o corpo técnico, mostran a fame e a ambición que se pedía desde o sector “das críticas feroces” o que se traduce en puntos e aire fresco. Da mesma maneira que non tiven o menor reparo en criticar o plantexamento anterior, non teño o máis mínimo problema en recoñecer que as cousas se están facendo mellor e alguén ten os méritos e as responsabilidades. Dar todo por ben feito e comulgar con rodas de muiño non vai conmigo. Temos equipo pra competir con calquera e non o estabamos a facer. 15 Feb 2022, 22:24 80.10
Críticas feroces disque, desculpe por non opinar como pensa vostede. Pola miña parte síntoo se ferín sensibilidades. Só tardamos unha volta en darnos de conta de que hai máis sistemas que sair con 5 atrás, esperemos que non sexa tarde. É de loar a capacidade de reacción do corpo técnico. 15 Feb 2022, 22:14 259.85
Ainda que a clasificación así non o reflexe, penso que é o equipo máis potente da categoría; ainda así, en Pasarón tivémolos contra as cordas 45 min cunha ventaxa de dous goles. Hai que sair a competir sen complexos, tratar de continuar a dinámica que arrastramos as últimas semanas. Forza Arenteiro! 14 Feb 2022, 11:42 80.09
Orgullo! 13 Feb 2022, 21:31 80.09
O partido contra o Arousa foi un continuo acoso e derribo, démoslles un baño de fútbol e actitude; implicación total de público, corpo técnico e xogadores. Con esta ecuación os resultados deberían chegar. Unha vez máis e non sei cantas van, volveunos lastrar a falta de acerto entre os tres paus, tónica habitual no que levamos de ano. Oxalá o domingo teñamos a sorte de cara en Salamanca e poidamos traer algo positivo pra poder mirar cara arriba. Forza Arenteiro! 11 Feb 2022, 04:22 584.27
Toca gañar pra facer bo o empate en Langreo, esta semana os resultados dos rivais directos foron bastante benévolos con nós a pesar de todo. 31 Ene 2022, 10:51 109.83
Hoxe traemos os tres puntos, estrénase Uxío con máis goles que Castro en toda a primeira volta. 29 Ene 2022, 09:11 10.57
Osián leva 3 goles en 2 partidos; é evidente que o salto de categoría non é pequeno, pero estase reivindicando como ten que facelo un dianteiro de verdade. Marcando goles cando ten oportunidades. 16 Ene 2022, 19:38 10.57
O partido do Avilés debería marcar un punto de inflexión; mostrarnos a equipo e afección que podemos sobrepoñernos e competir con calquera pese ás adversidades. No primeiro partido da segunda volta, os tres puntos son innegociables. Forza Arenteiro! 11 Ene 2022, 10:01 10.57
O único que evidencia, é que sen Portela xogamos mellor. 09 Ene 2022, 14:01 79.80
Pol Bueso debuta contra o Avilés, apuntádeo. 30 Dic 2021, 15:50 79.80
Máis xente únicamente pra que de pra facer dous equipos nas pachangas, porque total con 12 sóbrannos 29 Dic 2021, 17:27 79.80
Semella que a de Arce vai ser a primeira cabeza que vai caer. De chegar a confirmarse, moitisima sorte a onde vaia, xa que a nós non nos vale. 29 Dic 2021, 12:07 79.80
Importante empezar o novo ano con victoria, confiaremos. 23 Dic 2021, 08:36 10.46
O cansancio era palpable, totalmente normal despois do gran esforzo durante a semana, de hoxe ó día 9 temos tempo de descansar e recapacitar, polo menos pra tratar de empezar o ano sumando de 3 e escapando dos postos da queima 19 Dic 2021, 19:37 51.92
Boa viaxe de volta aos rapaces que se desprazaron a Madrid a sufrir este bochorno. 19 Dic 2021, 18:37 79.79
Poucas alegrias se vislumbraban no horizonte cando empezamos a perder tempo desde o primeiro minuto. Deixamos a Arce e Markitos no Carballiño, xústamente os máis frescos despóis da maratón do xoves. Xogamos a non perder, e foi o que colleitamos, empate Justo. Espero que o próximo ano nos traia ideas claras. 19 Dic 2021, 18:30 51.92
Oxalá Espiñedo sempre asi. 17 Dic 2021, 13:38 79.79