Comentarios de JonDillinger

Comentario Fecha Karma
Súmome ao agradecemento pola retransmisión do partido, é evidente que sempre hai cousas que mellorar pero é de loar o esforzo realizado 25 Oct 2020, 22:46 11.18
1-2 Forza Arenteiro! 25 Oct 2020, 21:38 11.18
Enlace do canal: https://m.youtube.com/c/CdarenteiroEs/ 25 Oct 2020, 14:32 11.18
2-1 24 Oct 2020, 23:01 11.18
Confirmado o Domingo ás 16:30 en Barbantes, dentro do malo moito mellor pros xogadores que o patatal de Espiñedo 23 Oct 2020, 15:10 11.18
Dará pena o campo coa que está a caer estes días, esperemos que non se lesione ninguén; temos un gran equipo pra xogar ao fútbol pero outro ano máis estaremos condicionados polo deplorable estado do céspede, unha verdadeira mágoa 20 Oct 2020, 16:01 11.18
2-0 19 Oct 2020, 20:30 11.18
Serei eu o raro pero pra min Pazos leva demostrado moito menos ca el; sen entrar a valorar quen é mellor eu miro a efectividade e os datos non fallan. Despois de ver os partidos de pretemporada a verdade que esperaba tamén máis de Syla, pero bueno, quedan partidos por diante pra demostrar de todo o que é capaz 19 Oct 2020, 20:28 999.99
Tres puntos importantísimos contra un rival directo na “nosa liga” ou eso nos atribúen. Joni e Syla estaban lesionados? Sorprendeume especialmente que non lle dese minutos ao primeiro, pra min dos tres é o máis determinante na actualidade. Forza Arenteiro! 19 Oct 2020, 11:23 999.99
Tres puntos sufridos ata o último segundo que viaxan ó Carballiño, importantísimos contra un equipo chamado a ser rival directo na que en teoría será “a nosa liga” este ano. Forza Arenteiro! 18 Oct 2020, 22:15 11.18
1-2 Forza Arenteiro! 14 Oct 2020, 12:19 11.18
Quizáis peco de ousado, pero pra min a imaxe que conservo de Portela antes de ir ao Ponte non mellora a de Toño ou David o último ano 16 Sep 2020, 19:33 11.18
Toño, Rui, Ross, Fajardo, David, Javi Rey... a verdade que faltan homes importantes e determinantes; sona algunha incorporación máis a reforzar algunha liña ou xa se da a plantilla por pechada? 16 Sep 2020, 17:29 11.18
Parece que continúan os movementos pero neste caso de saída, fóra Toño e Rui; este último según comenta cansado de esperar unha oferta de renovación. Dúas baixas importantes, sorte a ambos! 15 Sep 2020, 06:33 11.18
Un par de cuestións que se me presentan ao ver como avanzan os acontecementos. Cal é o obxetivo real da directiva? Comprometerá a viabilidade da institución? Proxecto de futuro? Sinceramente e espero equivocarme de corazón polo amor que sinto hacia o clube e a esta vila teño moito medo a que nos vexamos nun futuro non moi lexano deambulando de novo por categorías rexionais sen máis ambición e esperanza que a de seguir vivos a cabezazos. A directiva de momento non me da ningún motivo pra desconfiar o máis mínimo pois téñoos por xente sería capaz de liderar un gran proxecto, pero a incertidumbre é real; sensación compartida con moitos amigos e coñecidos que levamos anos seguindo ao equipo. Sen máis, saúde e sorte. Forza Arenteiro. 21 Ago 2020, 18:05 11.18
A min disgústame sobre todo a marcha de Fajardo, era un xogador cunha clase e unha calidade bestiales; especialmente perigoso cando xogaba do medio pra diante, capaz de decidir partidos. Quizáis o punto feble era o físico que non o acompañaba todo o que debería, pero ímolo botar de menos. Sorte aos dous. 12 Ago 2020, 20:37 11.18
Oficial, Fran Justo novo adestrador de CD Arenteiro, benvido e moitísima sorte! http://cdarenteiro.es/index.php/novas/209-fran-justo-novo-adestrador-de-cd-arenteiro 02 Ago 2020, 23:18 11.18
Grandísima nova, Arce volverá vestir de verde! http://www.cdarenteiro.es/index.php/novas/208-primeira-fichaxe-rube-n-arce-regresa-a-espin-edo 31 Jul 2020, 23:33 11.18
Cassio e Portela poden quedar ali 28 Jul 2020, 11:37 11.18
http://copecarballino.es/novas/emilio-albertito-e-borja-rey-primeiras-baixas-confirmadas-no-arenteiro-o-resto-da-plantilla "Non poideron achegarse a O Carballiño para esta cita por motivos personais ou mesmo por encontrarse de vacacións fora de Galicia, Rui Santos, Ross, Wadir e Javi Pazos. O resto da plantilla do ano pasado sí o fixeron e en todos os casos mostraron a súa dispoñiblidade para renovar a súa relación co club, pendientes de que se confirme o novo adestrador que sustituirá a Gelucho." A priori, á espera da confirmación da continuidade destes 4 xogadores, de ser como comenta a Cope; o novo adestrador conservaría unha boa base pra empezar a traballar. Javi Pazos e Wadir, eu entendo que o paso por Espiñedo foi máis que discreto, supoño que cunhas fichas "altas" e prescindibles polo que aportaron. Ross e Rui son dous xogadores dos que si me gustaría saber da renovación canto antes, dous pilares importantes do grupo 18 Jul 2020, 18:19 11.18