O Ponte preséntase con baixas importantes, e unha dinámica negativa, pero un derbi, é impredecible. Importante sumar 3, pra seguir enganchados aos postos de cabeza e non perder a confianza. |
29 Nov 2022, 18:51 |
77.02 |
2 |
0 |
+info
|
Oficial, Javi Rey. Ven de tropezar en Céltiga e Arzúa, e tras varias temporadas no Barco, sen conseguir dominar o timón.
Din que colaboraba estreitamente con FJ, polo que intúo que coñecerá a categoría e a plantilla, apostamos pola continuidade.
Non me gusta fichar a quen di FJ, non me gusta amolar ao Barco. Menos mal que non nos troleou decíndinos de fichar a Fabiano.
Sorte a Javi, ao Arenteiro;
sorte tamén a Fran e Millán, grazas, e s outra cousa.
|
24 Nov 2022, 07:36 |
10.97 |
1 |
0 |
+info
|
Sen poñer nomes, hoxe había xogadores de inicio, que non están pra rendir ao 100% se queres sair a plantar cara nun duelo destas características; quizáis pra dar refresco media hora ao final, pero non pra empezar no 11.
Baixamos os pés á terra, parte da grada, tiña medio ascenso feito, a liga é dura e longa.
Mañá a adestrar coa cabeza posta en Burgos e a volver sumar de 3.
Desexo de corazón, que o roce do balón na cabeza de Pato, quede nun susto, estivemos 5 min co corazón nun puño, pensando xa nunha conmoción cerebral. Ánimo, recupérate pronto. |
20 Nov 2022, 20:54 |
80.29 |
2 |
0 |
+info
|
Había que perder algún, a pensar xa no seguinte. Non temos tempo pra lamber as feridas. Oxalá non se manque ninguén de gravidade, na braña que temos por campo. Forza Arenteiro! |
20 Nov 2022, 20:20 |
10.97 |
1 |
0 |
+info
|
Con todo Arenteiro! |
15 Nov 2022, 17:12 |
10.97 |
1 |
0 |
+info
|
Teremos unha semana pra recuperar da copa do Rei, esperemos poder contar con tódolos efectivos e seguir coa racha na liga. |
06 Nov 2022, 23:28 |
10.97 |
1 |
0 |
+info
|
Importante victoria (unha máis), importantes os retornos de Romay, Lamelas, Jordan, Cruz… especialmente este último, pra que en canto colla algo de ritmo, poderlle dar minutos de descanso a Álex; as rotacións, son boas e necesarias.
Oxalá todos a bo nivel, pra poñer en apretos ao alineador.
Non sabería a quen destacar, están todos pletóricos e a un nivel sobresainte, nada que reprochar a ninguén.
A pensar en dar o campanazo en Alzira e sumar en Luanco. Que siga este momento doce! |
31 Oct 2022, 18:04 |
10.97 |
1 |
0 |
+info
|
Xusto cando o campo tiña un días pra recuperar, chove sobre mollado… Pánico. Confío na victoria na casa, en seguir recuperando efectivos, e que non se manque ninguén.
O baixón chegará, pero de momento levamos xa máis puntos que na primeira volta do ano pasado, hai que aproveitar a racha ao máximo. |
25 Oct 2022, 07:57 |
10.97 |
1 |
0 |
+info
|
Mal asunto se falla Joseca tamén, chegaremos a decembro xogando cos do Promesas.. A maquinaria resíntese. Imos ver como está o campo o mércores coa que está a caer, pánico. Esperemos que non se manque ninguén máis. |
17 Oct 2022, 10:23 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Necesitamos recuperar efectivos como respirar, a fatiga é lóxica e evidente. O que está facendo esta xente, enorme! Benvido sexa sumar pra manternos na zona tranquila. |
13 Oct 2022, 07:44 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
A ver se non chegamos moi tocados da copa e conseguimos sacar algo positivo, todo o que sexa sumar… |
03 Oct 2022, 17:26 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Como nota positiva, o aspecto do campo, cada día, parece “menos malo” pouco ten que ver co primeiro partido que se xogou nel. Segue a levantarse, sobre todo na zona da banda de grada. Pero rematou o partido de forma moi digna.
O Zamora chega en horas baixas o mércores, seguramente o Compos acaba de firmar a sentencia de Yago. E nós xustos de efectivos e coas forzas ao límite. A ver se recuperamos pronto a Cruz e Conde, todos son moi necesarios nunha liga tan intensa. |
02 Oct 2022, 19:44 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
Comentaban que non se respetou o tempo de espera na súa totalidade (non sei se foi asi, nin o tempo que recomendan) pero que non debería afectar a longo plazo. De feito, Fran comentouno tamén a semana pasada nunha entrevista á prensa.
Esperemos que así sexa, a imaxe non foi todo o boa que esperabamos a gran maioría. |
26 Sep 2022, 22:28 |
10.87 |
1 |
0 |
+info
|
Oxalá os tres partidos consecutivos, co tempo desfavorable cara final de semana, non lle pasen factura ao campo. Sería unha lástima que quedase mal desde o principio… é o que imos ter en moitos anos. Partido engañoso, a clasificación non reflexa o potencial real do rival. Pero hai que volver sair coa idea de volver sumar 3. |
26 Sep 2022, 22:03 |
10.87 |
1 |
0 |
+info
|
Que mellor estrena da alfombra, que sumar outros 3. |
19 Sep 2022, 23:30 |
10.87 |
1 |
0 |
+info
|
Eu son do sector “moi critico” e este ano, que puiden ver prácticamente tódolos partidos ata o de agora, o equipo convénceme.
En Coruxo, vin o mellor partido do Arenteiro en anos, parecíamos o puto Bayern Arenteiro. Propoñendo moito, querendo o balón e dominando con total seguridade.
Teño ganas de ver o que pode aportar Conde, polo que me din, era unha aposta forte a un salto de calidade.
Franjusto queremos a Magic Markitos no 11; innegociable. E a Mella con outra marcha, por favor. |
14 Sep 2022, 19:29 |
10.87 |
1 |
0 |
+info
|
Estamos a nada de poder decir, que o gol máis grande que nos meteu o Compostela, foi Rafa Mella.
Non me borredes este tamén.. |
11 Sep 2022, 20:50 |
10.87 |
1 |
0 |
+info
|
Toca facer bo o empate do Vao, moi boas sensacións deixou o equipo en Coruxo. Esperemos que non se lesione ninguén no campo de minas do Couto.
2-0 |
05 Sep 2022, 08:25 |
10.89 |
1 |
0 |
+info
|
0-2 |
02 Sep 2022, 14:22 |
10.73 |
1 |
0 |
+info
|
Felicidades a xogadores, corpo técnico, directiva e afección por acadar o principal obxetivo da temporada.
Desde hoxe mesmo a traballar na próxima!
Forza Arenteiro! |
09 May 2022, 06:29 |
10.73 |
1 |
0 |
+info
|