Ahí està rapaces, xa non sodes flor dun día, nin de dous, nin de tres...Ahí estades, a falta de 5 xornadas pra acabar a liga, con serias aspiracións de subir, cando ninguén daba un peso por vós, cando o obxetivo ó principio do ano era manterse sin pasar apuros. Cun equipo con 4 rapaces de último ano...Cun equipo cun só porteiro, cunha plantilla moi curta e realmente descompensada, na que de 18 xogadores hai 7 dianteiros natos e só 4 ou 5 defensas puros...Pero ahí estades,inventando cada semana,poñendo a xente fora do seu sitio porque non queda outra, e aínda así competindo. Podedes subir ou non, quédavos un camiño moi duro, pero pola miña parte non me queda outra que sacarme o sombreiro diante da tempada que estades facendo. Forza Boiro |
09 Abr 2017, 01:27 |
60.82 |
2 |
0 |
+info
|
3 a 1 para o Boiro |
10 Dic 2016, 19:54 |
212.29 |
3 |
0 |
+info
|
3 a 1 |
15 Oct 2016, 19:52 |
16.94 |
1 |
0 |
+info
|
Partido suspendido polo temporal. Non acabo de entendelo porque si se houbese esperado media hora poderíase xogar sin problema. |
06 Feb 2016, 17:42 |
16.45 |
1 |
0 |
+info
|
Un unión que se presentou en Oroso en cuadro, debido o gran número de baixas que levaba, e que baixo o meu punto de vista fixo un partidazo, sobretodo no que á entrega dos seus xogadores se refiere. Na primeira metade xogou moi ben ó fútbol e tivo tres ou catro ocasións clarísimas de gol, aparte do que meteu. Ben é certo que na segunda parte sufreu moitísimo, e o Oroso cos cambios refrescou moito o equipo (cousa que o Unión non puido facer), e puxo en moitos apuros ós visitantes que andaban moi xustiños de forzas. Nun final de partido tolo poido gañar calquera,pero o Uníón acabou marcando no último minuto, e conquerindo unha victoria desas que levantan a autoestima dun equipo. |
18 Ene 2016, 11:55 |
14.47 |
2 |
1 |
+info
|
Deixando de lado as polémicas, eu deste partido quédome con un detalle,o tremendo ambiente que había... Nunca vín pola comarca tanta xente nun partido de xuveniles. Non sei si non habería máis de 700 personas no campo de Vilas... E eso é boa sinal, quere decir que se está traballando bén no fútbol base, e estas categorías xa levantan espectación entre os aficionados. |
05 Ene 2016, 23:09 |
538.54 |
2 |
0 |
+info
|
Deixando de lado polémicas arbitrais, que as houbo, eu quédome cun detalle...Tremendo ambientazo que había no campo, eu nunca vín pola redonda tanta xente nun partido de xuveniles...Non sei si non habería 700 persoas no campo de Vilas, así que quédome con eso, que é señal de que o fútbol base tamén pode levantar espectación entre os aficionados. |
05 Ene 2016, 22:32 |
16.51 |
1 |
0 |
+info
|
Resultado xusto, nun partido tremendamente condicionado polo aire que facía, que desluceu moito o desenvolvemento do xogo e privounos dun millor espectáculo que seguro que os dous equipos saben dar. Na primeira metade, co aire a favor, os visitantes dominaron de tal xeito que sobre a media hora gañaban o a 3. O Boiro, nun arranque de xenio nos últimos minutos do primeiro tempo, meteu 2 goles que parecía que o metían de cheo no partido, máis tendo en conta que na segunda metade e co aire a favor, íban a ser os coruñeses os que as pasaran canutas para conquerir alonxar o balón das inmediacións da súa área.
Por certo, no descanso, o cantinero foi o encargado de desmontarnos à hinchada local, a teoría que tíñamos de que o terceiro gol visitante fora ilegal, e que o dianteiro visitante estaba en fora de xogo... parece ser, e él estaba millor colocado ca nós na grada, que o árbitro e o línea acertaron nesa xogada.
Da segunda metade, aínda que pareza mentira, xa que daba a impresión de que íba a ser tremenda, pouco que comentar, só decir que o Ural non pasou ningún problema para manter o marcador, e que o Boiro, incomprensiblemente, dilueuse e dou a impresión de non ír a polo partido...
Para acabar, gustaríame comentar unha cousa que non acabo de entender.... o Boiro presentouse en este partido con só quince xogadores, e un deles xa se sabía que non íba a poder xogar porque saleu onte coxo do entrenamento. Hoxe intentou quentar e xa se foi directamente para a caseta porque non podía, deixando ó equipo con só 2 cambios ( o terceiro era o porteiro suplente, que non entrou )... No Boiro hai un equipo B, e nestas circunstancias, eu creo que hai que tirar del, que hai rapaces que seguro que irían encantados a xogar. |
20 Dic 2015, 00:04 |
45.64 |
2 |
0 |
+info
|
Deixando de lado o asunto dos pronósticos, tema pouco fiable por outra banda, xa que pode entrar un equipo enteiro apostando por si mesmo ( e por certo, FUTREGAL, nin nos pronósticos o Boiro estivo por diante en ningún momento), o certo é que tanto para o ascenso como para a victoria neste partido, o Ural é claro favorito. O Boiro si quere puntuar neste encontro, e contra este rival, sabe que terá que rendir ó máximo nivel...Pode que incluso un empate non sexa mal resultado, e máis tendo en conta as lesións de última hora no entreno de hoxe, que deixan ó equipo xustiño, xustiño...
|
19 Dic 2015, 00:14 |
673.90 |
4 |
0 |
+info
|
Acábome de fixar, e parece exactamente o mesmo comentario que fixeron no anterior partido do Calasanz, contra o Vilabés, jijiji.
|
14 Dic 2015, 15:00 |
16.44 |
1 |
0 |
+info
|
Aínda que o Boiro tivo dúas ocasións moi claras nos últimos cinco minutos para gañar, o certo é que onte non mereceu levarse o partido. O resto do encontro, o Calasanz non é que dominara o xogo, pero sí que xenerou máis perigo ca os visitantes. Xusto reparto de puntos baixo o meu punto de vista. |
14 Dic 2015, 14:51 |
16.44 |
1 |
0 |
+info
|
Xa non quedan entradas na taquilla !!! |
06 Dic 2015, 21:11 |
93.38 |
2 |
0 |
+info
|
Máis que merecida victoria do Boiro en Santiago, cimentada nun contragolpe e nuns balóns á espalda da defensa que lle fixeron moitísimo daño ós locais, e todos os goles ( menos o último, de falta e pola escuadra ),viñeron de xogadas ben trenzadas, non de balonazos a seguir.... Golpe enrriba da mesa do Boiro á liga, que xunto cos 2 tropezos seguidos do Ural danlle vida á loita polo ascenso... E non só lle da vida en esta loita ó Boiro, ollo, sinón que tamén lle pode dar folgos a bós equipos como son o Viveiro,Bergantiños, Vilalbés, etc, que tamén son conxuntos capaces de encadenar tres ou catro victorias consecutivas e meterse de cheo na loita polo ascenso. Van trece xornadas de liga, 1/3 do campeonato, e agora si que se empeza a ver os equipos que apuntan para arriba e os que están apretados por abaixo... A estas alturas todo o mundo empeza a saber para o que xoga, e ninguén, por uns obxetivos ou por outros, cho vai a poñer fácil, así que do calendario de cada un, ( que si parece máis fácil ou menos ), eu non me fío... |
06 Dic 2015, 17:47 |
84.36 |
3 |
0 |
+info
|
Partido no que o Boiro na primeira metade mereceu irse ó descanso con algún gol máis de ventaxa que o 1 a 0 que reflexaba o marcador, tanto por dominio como por ocasións. Ó comenzo da segunda metade aínda tivo outras dúas moi claras para ampliar a renta, pero a partires dese momento o Ferrol foi a máis e fíxose co mando do partido, e si non empatou o encontro foi de casualidade, porque ocasións claras tiveron para facelo, acabando os locais pedindo insistentemente a hora ó árbitro.
O Ferrol gustoume bastante, é un equipo bén traballado, que creo que irá a máis na competición, e acabará millor colocado na tabla do que está actualmente. |
29 Nov 2015, 01:07 |
16.17 |
1 |
0 |
+info
|
Uhmmmm, así que os problemas do Imperátor céntranse na banda esquerda?... joder, e eu que pensaba que un equipo con eses números, e con esa situación clasificatoria tería que millorar en máis aspectos... Espero, véndoo desde fóra como é o meu caso, que ese comentario non sexa para facerlle daño a nadie en concreto, porque recorda que estamos falando de fútbol de base, e de rapaces que non viven desto !!! |
22 Nov 2015, 01:47 |
75.26 |
3 |
1 |
+info
|
Victoria xusta do Melide que fixo máis méritos e xogou máis ó fútbol ca o Tourline. Non vín a todos os equipos, pero do que levo visto, a sensación é que as prazas de ascenso vanas a disputar os equipos que subiron de segunda ( menos o Ras de Ras ), e algún offsider que se poda colar no medio deles... En veteranos nótase un huevo os equipos que veñen con ganas e ilusión, dos outros que están de volta de todo ( coma nós ), e que van a xogar coa única motivación das cervezas e de escaparlle tres horas da casa á muller !!! |
22 Nov 2015, 00:55 |
92.95 |
2 |
0 |
+info
|
Tres puntiños moi bós... Ahí estamos, entre Pinto e Valdemoro, así que a cousa, a pesar de algún pero, tampouco está tan mal... Eu estou convencido de que si limamos asperezas e facemos unha churrascada antes de fín de ano,podemos aspirar a cotas maiores !!! |
22 Nov 2015, 00:32 |
16.10 |
1 |
0 |
+info
|
A esa hora non sei si aparecerá nin o árbitro !!! |
20 Nov 2015, 12:53 |
213.67 |
4 |
0 |
+info
|
Que aljén por favor lle explique a estes do Tourline que desde que existe a lija dos tres puntos, empatar non vale para nada, que sumando de un en un a miudo,acabas apuntando máis para abaixo que para arriba,cona !!! |
15 Nov 2015, 00:59 |
15.98 |
1 |
0 |
+info
|
Empate xusto polo que se veu no partido |
14 Nov 2015, 23:26 |
15.98 |
1 |
0 |
+info
|