Comentarios de Alveiros

Comentario Fecha Karma
A min este asunto estame a recordar moito o do rapaz youtuber este, o caranchoa, que foi provocando e levou unha boa labazada e logo por intentar facer dano véuselle a situación na súa contra. A diferencia e que aquí non houbo golpe e que a Garrote pégalle máis o alcume de zampanchoas, dada a súa forma esférica sebosa. Fíxome moita gracia onte con Paco González dicindo que Dacosta era enorme, que pesaría 90 kilos, cando o zampanchoas este ten un bandullo que parece unha porca preñada. 25 Nov 2019, 17:44 36.61
Bueno pero penso en que hai diferencia entre que convirtamos esto nunca SAD unipersonal ou en troques que haxa un socio maioritario (que teña incluso o 51% do capital) e unha base de minoritarios que poida fiscalizar na xunta de accionistas. A primeira opción sería ir en contra do pregoado estes anos, pero tamén responde a que ningún socio quixo dar un paso adiante 12 Jun 2019, 21:59 10.90
A min no me parece mal siempre que o accionariado se reparta e permitan acceder a socios e abonados. Coméntase algo desto? 12 Jun 2019, 15:24 10.90
0-2 este partido hai que gañalo polo civil ou polo criminal se queremos pasar á fase de ascenso 08 Abr 2019, 21:29 103.46
OUD como que non ves incompatibeis os estatutos con que veña un grupo inversor ? De verdade que non quero ser desconsiderado, pero deberias informarte un pouco. Por definición, cando ti invirtes en algo (accións en Bolsa, un fondo de investimento, unha leira, un piso ou o que sexa) estás mercando algo que, coa túa xestión, coa dun terceiro ou polo mero paso do tempo, vaise revalorizar ou vaiche reportar algún tipo de beneficio derivado desa propiedad (dividendos, aluguer ou o que sexa). A UD Ourense NON SE PODE MERCAR, e non é unha forma de falar ou un eslogan, e que é asi. Entón en que carallo invisten os que collen a directiva sen mais? Pois en dores de cabeza e disgustos, e aind por riba responsabilidade persoal pola xestion (non limitada como nunha mercantil). Asi que por favor non volvas dicir que non ves incompatibilidade cos estatutos, porque é unha parvada absoluta e que só leva a que a dente se confunda. 22 Feb 2019, 21:01 -25.43
Por certo, eses asociados que non teñen todos os requisitos poderían plantexar eles o cambio de estatutos para votalo nunha asamblea. 21 Feb 2019, 21:04 47.23
Xa o dixen unha vez e volvo dicilo: para que veña un ‘inversor’ terase que facer coa PROPIEDADE, e para iso habería que transformar o club, que é unha ASOCIACIÓN, nunha SOCIEDADE ANONIMA DEPORTIVA. De verdade algún pensades que a asamblea vai votar a favor desto? E xa sin entrar a falar do complicado que sería a transformación, porque dende logo o proceso non ten lugar da noite á mañá. Francamente, se eu son o inversor extranxeiro merco o Puente, que xa é unha SAD, está na mesma categoría, con estructura de club e menos resistencia social. Meto cartos, en 5 anos pelexando por ascender a Segunda A, fago un campo movo en Bemposta e xa veriades onde quedaba a UD Ourense. 21 Feb 2019, 20:58 47.23
A veces empeñámonos en cousas que non poden ser. A realidade é que agora mesmo a UD Ourense son os seus socios, non é de ninguen máis (nin de Baltar, nin dos que falamos aqui nin de Modesto). E se entre os asociados ninguén quere asumir a xestión pois terán eles que asumir que ou ben recoñecemos dunha puta vez que aqui non nos interesa o futbol a un nivel de implicación máis alo de ir ver os partidos e falar na taberna, e polo tanto se pecha o club, ou ben llo regalan a quen lle poida interesar. Non hai mas, se estamos asi é porque así o queremos. Eu personalmente son aboado, non socio, porque non quixen poñer máis cartos nin implicarme máis, e coma min moitos outros, cada un ó seu nivel. 21 Feb 2019, 16:43 47.23
3-0 14 Feb 2019, 20:12 240.95
A ver maxo1964, non dixen que sexamos superior a ninguen. Pero somos o equipo hexemonico da provincia de Ourense, malia que coma ti ben dices, non temos ainda máis de 4 anos de historia. Somos herdeiros de CD Ourense, e francamente, non podemos situar ó mesmo nivel ó Boiro (xa por dicir outro) ou outros equipos de vilas, con equipos como o Ourense o R. Ferrol ou o Compostela (que por certo, se nos poñemos tecnicos a SD Compostela orixinal desapareceu no seu dia). Non quero polemizar nen moito menos minusvalorar pero hai cousas que son de caixón. O Huesca e o Barça tamen estan na mesma liga... 08 Feb 2019, 18:19 239.83
Pois francamente, sí que somos (ou deberiamos ser) máis co Paiosaco, o Somozas ou o Sporting Celanova, do mesmo xeito que o Celta ou o Deportivo son máis grandes ca nos. Non pasa nada por dicilo, o outro é falsa humildade e unha estupidez. E isto sen desmerecer os méritos de ninguen. 08 Feb 2019, 15:36 -33.71
1 - 1 para seguir coa media inglesa 06 Feb 2019, 19:52 239.82
Berdian concordo contigo na esencia, pero penso que tamen é cousa de acadar un equilibrio. Se na provincia non hai nun molento dado por exemplo un dianteiro centro de garantias, pois non pasa nada por buscalo en Vigo ou na Coruña, sen que por iso se deixe de potenciar a base. No derradeiro plantel de CD Ourense sen ir mais lonxe tiñamos unha importante base de xogadores ourensáns (Arce, Noguerol, Oscar Martinez, Josu, Yebra, Portela, etc...) . Agora por exemplo o noso porteiro e uruguaio, pero sen ser de aqui creo que ninuen o meteria no saco do producto da especulacion. En definitiva, hai que ter como principio o que ti dis e complementado tamen con xente de fora na medida do necesario, e en todo caso non volverse tolos e se non damos mais pois non hipotecar os nosos principios. 04 Feb 2019, 16:42 83.85
Graciñas 03 Feb 2019, 20:36 47.23
Sabedes se o partido co Puente se pode atopar nalgures? Mirei na web da TVG2 pero non o atopei 03 Feb 2019, 16:04 47.23
Non é presa, tes razón que as cousas hai que facelas ben e a modiño. O risco está en que a Terceira non é unha categoría atractiva (por moito mérito que tivera chegarmos a ela), e se nos estancamos aqui, a xente vaise desenganchar. Para min, a partires do ano que ven o obxetivo ten que ser si ou si a promoción, e en función dos galos que haxa, quedar campions. A estructura haberá que artellala si, pero se nos arrogamos herdeiros de CD Ourense hai tamen un nivel de exixencia. 02 Feb 2019, 12:32 15.05
Concordo con Unionista79. Para ter ó equipo que aspira a ser (usando termos políticos) hexemónico na provincia en Terceira, é mellor deixar ós do Puente que xoguen eles no Couto e pechar. O tempo levaranos onde nos teña que levar, pero a aspiración ten que ser mínimo Segunda B. Se o CD Ourense fai 5 anos estaba ahí competindo, a UD Ourense sen débeda debe aspirar ó mesmo. A Segunda A xa é outro cantar, sobre todo agora que en Madrid hai cartos a moreas. 02 Feb 2019, 11:41 47.23
Pero vamos a ver, que grupo inversor, fondo boitre nin que carallo. Somos unha ASOCIACION , non unha SOCIEDADE ANONIMA, non nos pode mercar ninguen. A única forma que teria un grupo inversor de facerse coa PROPIEDADE seria previamente transformando a persoa xuridica, o cal require unhas maiorias cualificadas da xunta de socios, que por outra banda iria en contra da esencia da UD Ourense. Asi que que deixen de enredar con iso. 31 Ene 2019, 23:16 813.06
Ourense 4 0 Puente 30 Ene 2019, 17:23 84.27
De chamalo derbi, ademáis, tería que ser derbi do Miño, igual que co Lugo, e non derbi das Burgas como estan poñendo en twitter, porque que eu saiba para chegar a Oira hai que cruzar a ponte. 30 Ene 2019, 17:19 -55.72