Comentarios de 10ano

Comentario Fecha Karma
Da gusto xogar partidos así, exemplo de limpeza e deportividade por parte dos dous equipos, fútbol de bo nivel, intenso e ofensivo. Puido gañar calquera, polo que resultado xusto. Arbitraxe impresionante, do mellor que podemos ver nestas categorías. Moita sorte ao Dubra e o Lalín a seguir así que estamos na boa liña. 25 Feb 2012, 22:07 229.96
RESULTADO FINAL??? 25 Feb 2012, 22:01 156.90
Partido moi complicado para a Escola que chega nunha boa racha de resultados pero non no seu mellor momento en canto a baixas e tamén a fútbol. Esperemos que recupere a varios pilares importantes para este partido e así seguir con esta boa racha de resultados e recuperar o seu mellor xogo, ao tempo que consigue manter o pulso co Estrada á fronte da táboa. 20 Feb 2012, 16:55 192.89
ven? pot? hay? meloor? 15 Feb 2012, 12:27 33.57
O noso adestrador indignouse porque o voso, cando iamos tirar unha falta lle dixo ao delegado: "Mándalle o balón máis duro que haxa", feito que me parece bastante triste por parte do adestrador dun equipo xuvenil e que xustifica a reacción do noso mister que se algo non pode ver nun campo son trampas e porquerías de ese estilo. Pero bueno, cadaquén xoga as súas bazas, e se a do voso adestrador é a trampa di moito del e do equipo. Un saúdo e a ver se nos vemos na fase. 13 Feb 2012, 00:55 108.16
Ese "sin papeles" ensínanos uns valores de educación tanto a nivel humano coma deportivo que vós nunca alcanzaredes polo visto neste foro e tamén no campo. Ese "sin papeles" xogou en Segunda B, a onde ningún de vós vai chegar. E ese "sin papeles" adestra ao lider da categoría, posto que o San Marcos non vai cheirar. A seguir insultando que iso demostra que clase de deportistas sodes. 13 Feb 2012, 00:08 86.19
Hai que foderse eh. "A ver canto durades ahí", pois de momento levamos máis de media liga ahí listos, que é máis do que leva o San Marcos ou calquera equipo da categoría a excepción do Estrada. Se vos queredes enganar decindo que estamos ahí por sorte e polos árbitros paréceme de puta madre, mais iso non significa que esteades no certo. Onte mereceu gañar o San Marcos e iso é verdade, pero o fútbol consiste en marcar goles e ambos metimos os mesmos. O Lalín xoga ao patadón cando ten que xogar ao patadón, en campos de terra que non permiten tocala, por exemplo. Nun campo de herba todos vistes que ese equipo sempre a intenta tocar e para isa traballan toda a semana. O que non o queira ver así peor para el, seguide enganándovos. Para VilasBoas, nótase de lonxe que eres de Silleda, menuda vida tan triste debe ser a túa como para non ter outra cousa na que pensar que non sea o Lalín, e máis triste aínda é que andes faltando así a un veciño e ex-compañeiro teu. Espero que Calderón sepa quen eres para saber con quen non debe tratar. Un saúdo. 12 Feb 2012, 19:54 128.73
Un saludo de parte do líder sami ;) 07 Feb 2012, 16:25 169.03
Mal partido do Lalín que aínda así ganou o partido e puido golear se non perdoase innumerables ocasións de gol clarísimas. Unha semana máis, líderes en solitario. Sorte ao Cacheiras. 04 Feb 2012, 20:07 139.61
En donde? En Lalín? Se alí nunca fai frío oh! Temos un microclima caribeño... 03 Feb 2012, 11:31 160.42
Seica se xoga en Agolada... 01 Feb 2012, 14:23 128.75
Partidazo sen dúbida, o Estrada chega nun mal momento e o Villestro todo o contrario, pinta emocionante a cousa. Sorte. 28 Ene 2012, 23:46 151.59
Furabolos, estou totalmente de acordo contigo, vendo os equipos que hai na zona alta (Lalin, Estrada, Villestro...) non me explico que fai o Oleiros polo medio, pero bueno, o fútbol pon a cada un no seu sitio. 28 Ene 2012, 23:43 135.98
O Lalín recuperou o liderato na tarde de hoxe despois de realizar un partido moi completo ante un rival que a pesar de que só plantou cara durante os primeiros 45 minutos demostrou que non se merece ser o pechacancelas da táboa. A primeira parte estivo marcada polas numerosas ocasións estragadas polos dezanos, que chegaron por diante o descanso 1-2. Na segunda parte os da Escola pisaron o acelerador e pasaron por encima dos locais ata acadar a goleada que se reflexa no resultado final. O Lalín aproveitase dos pinchazos dos rivais directos e volve a ser lider en solitario. O Bodegón húndese, pero dende Lalín mandámoslle moito ánimo xa que non se merecen estar tan abaixo, sorte. 28 Ene 2012, 23:37 70.70
veu boos??????????????????????????????????????????????? que alguén traduzca iso por favor. Sangranme os ollos, 24 Ene 2012, 21:59 16.32
Pero que falades se o Lalín vos meteu 6 no voso propio campo? 23 Ene 2012, 14:34 34.23
Kompany4 sabes moito de futbol por xogar en Nacional? Tranquilo, eu antes de xogar en provincial xa xoguei en Nacional (C.D.Lalín) e non por iso me considero moi listo. E se ti lle vas decir ao noso mister como temos que xogar xa que xogas en nacional (jaja) que sepas que el xogou en Segunda B polo que algo máis mundo futbolístico ca ti seguro que viu. E o de 5 defensas... jajajaja Nós xogamos de 3 atrás, os carrileiros xogan de medio capo para arriba asi que non vos enganedes. PD. O lalín ten 2 xogadores de último ano, non faledes por falar oh! 22 Ene 2012, 21:25 71.32
Duelo de mataxigantes, sorte ao Cacheiras, que me cae mellor. 22 Ene 2012, 15:57 122.51
Con todo o respeto do mundo, que o Oleiros esté por encima de Estrada e Lalín paréceme un insulto ao fúbol. 22 Ene 2012, 14:36 20.67
Este partido é máis importante para o Lalin do que a simple vista pode parecer xa que esta semana hai varios enfrontamentos directos, e de gañar, os lalinenses poderían abrir brecha con varios dos que veñen por detrás e dar un paso moi importante de cara o obxetivo de acadar a Fase de ascenso. Polo tanto, espero que o equipo non se relaxe e saia coa actitude que é habitual nel para conseguir 3 puntos que poden valer o seu peso en ouro. Por certo, parece ser que por Silleda tamén hai afecionados do Grixoa. Increíble ;) 17 Ene 2012, 21:53 123.73