Comentarios de 10ano

Comentario Fecha Karma
Sí, o Berta vai ganar hasta os partidos que non xoga, espabilaos. 08 Mar 2013, 17:14 8.22
Qué mala é a envexa... 20 May 2012, 23:28 23.92
Jajajajajajajaja roubo din... CAMPEONES! 20 May 2012, 14:48 -20.58
Por certo, non sabía que na Estrada había tantos afecionados do Porto do Son... Sorprendente. 18 May 2012, 14:32 30.89
O partido máis importante da tempada para os da Escola ata o día de hoxe. Ser campións pasa por gañar este partido e non todos os anos se gana unha liga. Ilusión, concentración, ambición e, sobre todo, respeto polo rival, esas características que ben definen a este equipo non poden faltar neste encontro. 18 May 2012, 14:30 237.73
Enorme partido do Lalín, que non lle puido a presion de verse obrigado a ganar para manter intactas as opcións de sair campión. Moi superior ao rival, viuse no campo e vese na clasificación a pesar da actuación do arbitro que lle regalou un penalti ao Porto do Son que só viu el así como no seu criterio de non pitarlle ningún fóra de xogo ao equipo local, algún de ata tres metros. Parabéns ao Lalín e sorte ao Son. 17 May 2012, 22:38 108.89
Partido a vida ou morte para ambos... Uns xóganse a liga, os outros a salvación. Máxima tensión. 15 May 2012, 17:07 129.10
Demasiada tensión e poucas ocasións de gol onte en Figueroa, nun partido onde primou a intensidade e o físico por encima do bo fútbol, o típico cando se enfrentan dous equipos que se están xogando a liga, e máis sendo veciños e coñecéndose tan a perfección ambos adestradores. O encontro pode resumirse en dúas ocasións por cada lado, sacando maior proveito o equipo local que tivo unha gran efectividade arriba. Resultado quizáis xusto polo bo facer do Sporting, aínda que algo cruel co equipo dezano xa que o gol da victoria chegou sobre a bocina. Seguramente o máis lóxico sería un empate, entre dous equipos tan igualados como distanciados do resto da liga, sen dúbida, a Escola e o Sporting están a un nivel diferente, máis propio de outra categoría, onte demostrouse. Máis alá do resultado e do partido, gustaríame destacar o excelente comportamento dos dous equipos, da gusto presenciar un encontro así: limpo, noble e amigable entre dous clubes que se están a disputar a liga, feito que se ven repetindo ao longo de toda a liga: os mellores son tamén os máis limpos e deportivos. Moita sorte aos dous e oxalá este partidazo o vivamos para o ano en Galega. Todos o merecemos. 13 May 2012, 13:09 154.25
Estou de acordo en que o fútbol do Sporting posiblemente sea o máis vistoso da categoría, non obstante, penso que o Lalín é un equipo máis sólido e máis compacto, un bloque que sabe moi ben ao que xoga e que ten moita pegada arriba e xente expeditiva atrás, ademáis de contar co mellor porteiro e o mellor adestrador da categoría, dende o meu punto de vista. A liga non está decidida nin moito menos, hai que demostrar no campo que a diferenza que amosa a táboa é real, e en Figueroa presúmese un partido duro e igualado de poder a poder. Sorte aos dous, e que sea un partido limpo e con bo fútbol. 09 May 2012, 16:56 213.13
no, son clubs totalmente distintos, uno se denomina Escola de fútbol Lalín y el otro es el Club Deportivo Lalín. Es como decir Real Madrid y Atlético de Madrid, nada que ver un club con el otro. 07 May 2012, 11:18 98.21
Totalmente de acordo Rivas. 05 May 2012, 23:58 305.01
Par-ti-da-zo. Se o Lalín gaña proclamaríase matemáticamente campión de liga, mais o Sporting non o porá fácil, e de haber victoria local a incertidume inundaría a loita pola liga. Sorte! 05 May 2012, 21:27 295.69
Resultado corto para o visto no campo, con eso digo todo. Agora derbi e quén sabe se alirón... 05 May 2012, 21:21 109.53
Eu prefiro ganar os partidos no campo... 02 May 2012, 19:40 24.60
jajajajajaja pena que as ligas non duren só unha volta eh! Aínda así estariades bastante por detrás! 02 May 2012, 19:39 86.00
O derbi do respeto e o bo rollo. Que aprendan outros... Sorte! 29 Abr 2012, 21:13 353.75
peor partido da tempada e non lle dades ganado ao Lalin, se chega a ter un dia bo metevos 10. Local... 29 Abr 2012, 20:36 50.52
Totalmente de acordo con Rivas en case todo, aínda que o árbitro para nada favoreceu ao equipo local, simplemente realizou un arbitraxe malo, moi malo para os dous lados. Por outra parte, agradecer os eloxios que realizas e ao mesmo tempo devolverchos xa que para min, o Puebla é o terceiro mellor equipo da liga, polos dous partidos que lle vin, tras a EF Lalin e o Sporting. Con este resultado, e a falta de 5 xornadas, os de Willy están matemáticamente clasificados para a Fase, algo que ten un gran mérito nunha liga tan igualada. Do mesmo modo, dan un paso máis na loita polo título, que promete ser apaixoante. E o máis importante, o fútbol está premiando o esforzo e o traballo que este grupo leva realizando nas dúas últimas temporadas, loitando contra un sinfín de factores externos que intentan torpedear o ascenso do equipo, así como a un bloque que alá onde vai deixa un listón moi alto en canto a educación deportiva e limpeza se refire. Parabéns a todos e a pola liga e o ascenso! 21 Abr 2012, 22:58 235.37
Moito ánimo e forza a Jorge dende a EF Lalín, a rivalidade queda de lado nestes casos polo que lle enviamos todo o noso apoio e esperamos velo o antes posible nos terreos de xogo. Un saúdo. 03 Mar 2012, 23:35 166.29
Partido de gran intensidade o disputado no Cortizo Sintético, propio de dous equipos que están nos primeiros postos da táboa e que seguramente van xogar a fase dentro duns meses. Intelixente planteamento inicial dos visitantes, fútbol práctico para facer dano en dous toques de balón a un conxunto dezano que apostou por enlazar o xogo un pouco máis pero sen renunciar aos balóns en largo en numerosas situacións. Finalmente victoria dunha EFL que en xeral, foi superior ao Villestro en tódolos aspectos do partido. Destacar a fantástica actitude de ambos equipos, partido moi limpo e cheo de deportividade; e darlle a noraboa ao árbitro, que a pesar do que din por ahí estivo impecable, rozando unha arbitraxe perfecta. Moita sorte ao Villestro que a merece, a ver se para o ano nos vemos en Galega. 03 Mar 2012, 23:22 120.65