Los jugadores del equipo pueden ser creados por los administradores del club, del equipo y/o de la liga. Si no eres ninguno de estos, solícitanos los jugadores que necesites.
Avisar de información errónea
¿Algún dato equivocado en el partido? Indícanos el problema y trataremos de resolverlo cuanto antes.
Aquí se muestran los jugadores que han participado en el partido (titulares y cambios). ¿No encuentras jugadores? Puedes anunciar cambios ó + Añadir jugadores
Tarjetas del CD Arenteiro
Dias (Joao Dias)
Enol (Enol Rodríguez )
Aquí se muestran los jugadores que han participado en el partido (titulares y cambios). ¿No encuentras jugadores? Puedes anunciar cambios ó + Añadir jugadores
Eu concordo con Paco, vexo o mesmo guión tódalas semanas; por desgracia con final similar.
O complexo de equipo pequeno e apoucado, que se ven atrás a contar os minutos pro final, perdendo tempo ata resultar insultantes, estanos costando unha chea de puntos irrecuperables.
O único equipo que rematou pedindo a hora en Espiñedo foi o Compos. Fomos capaces de empatar na segunda parte e manter o nivel de presión e insistencia pra afogalos ata o último minuto. Ese sería o partido que collería eu como referencia.
Pra que os xogadores crean e confíen en que poden, as ideas tenas que transmitir o banquillo, se ti das a idea de que queres xogar a non perder, é o que vas facer que reflexen no campo.
Pra cambiar unha dinámica, o primeiro é crer e querer.
Home Paco, comparar os equipos que mencionas ( a excepción do Bergantiños) co rival de hoxe do Arenteiro, pois penso que cometes un erro. O da segunda parte do Arenteiro de hoxe, si que non se sostén polo nivel do contrincante, debería de haber xogado coas líneas máis adiantadas e buscando o segundo gol. Que o fagan co Salamanca ou co Pontevedra, pois hasta certo punto é lóxico.
A imaxe de hoxe non é nova. É un calco dos partidos xogados esta tempada contra Leganés, Langreo, Pontevedra, Salamanca, Bergantiños e Palencia.
En todos nos adiantamos. En todos demostramos que se pode competir e en todos tiramos o partido logo do primeiro gol porque non hai plan de partido. Ou sí hai plan, colgarnos todos do longueiro e perder tempo.
Cómeme o nervio ver en Espiñedo como parte da nosa pailanada pita aos rivais por perder tempo cando non hai un equipo que dispute menos minutos reais de fútbol que o Arenteiro.
Este antifútbol para quen lle guste. O grave non é que nos mande a 3ª (que é o máximo onde debemos estar) o grave é que mata a afección de calquera. Sobran barcos aos que subirse na provincia e fora de ela.
Malísimo partido do Arenteiro, o de hoxe si que non é xustificable, sobre todo o da segunda parte. Creo que non deron dous pases seguidos. Resultado merecido para o Llanera. Non se pode renunciar a atacar como fixo o Arenteiro no segundo tempo. É imposible que non nos poiederan empatar xogando así, calquera equipo, si lle das o balón e estás metido na túa área, o final pasa o que ten que pasar.
Non cabe duda que sería ideal encadenar un par de victorias seguidas pra recuperar confianza, pero o Llanera no seu campo non é rival fácil; Imos ter que roer pra traer os tres puntos.
No tocante á copa do rei, hai un mutismo absoluto, coma con case todo este ano nas redes do clube. É ilusionante, e a nivel económico seguro que un impulso importante no caso hipotético e utópico de pasar de fase.
Vaia envexa teñen algúns por vernos en segunda federación...que obsesión. E complementamente dacordo co último comentario. Falta optimismo neste foro, e sobra pesimismo. Disfrutemos de ver o equipo nesta categoría, e da copa do rei que xa está ahí a volta da esquina. Importante sería superar o próximo partido para romper esa mala dinámica.
Non creo que ningún xogador do Estradense lle interese a D. Fran Justo, ainda que algún teña nivel para 2ª federacion.-
con respecto o partido, que é o que interesa agora, hay que ganar, si ou si.
Non hai que facer tanto caso. O ano pasado tampouco pagabamos e renovaron o 90% dos xogadores. Este ano hai xente entrenando á espera de que lle fagan ficha. Se non pagasen estaría en Castellón coa familia.
Tiñamos fichado tamén a medio Estradense e mira...
Algunha acertará pero crédito pouco.
Eu non lle debo nada a ninguén, non te equivoques. De chegar o caso que comentas; haberá quen teña que rendir contas cos xogadores e dar as explicacións pertinentes, tanto a eles coma ós socios, e non serei eu.
De feito sempre sostiven que era partidario de emprender a aventura da 2REF se iso non comprometía a viabilidade do clube, hipotecarnos o resto da vida ou desaparecer, sería absurdo e imperdonable.
Os últimos horarios de sábado ás 16 non son moi alentadores á hora de animar á xente a ir ao fútbol, algúns traballan. (Se por algo destacou Espiñedo sempre, foi polas entradas, incluso en preferente.)
Polo dos pagos descoida, temos a UD Arenteiro na recámara pra darlle pra diante en canto se poña a cousa complicada.
Os vermes e os oportunistas, tedes certa similitude, atráevos o cheiro a merda. Tampouco ti pintas nada aqui e temos que ler as túas memeces semana tras semana, eche unha cousa parecida.