Los jugadores del equipo pueden ser creados por los administradores del club, del equipo y/o de la liga. Si no eres ninguno de estos, solícitanos los jugadores que necesites.
Avisar de información errónea
¿Algún dato equivocado en el partido? Indícanos el problema y trataremos de resolverlo cuanto antes.
Aquí se muestran los jugadores que han participado en el partido (titulares y cambios). ¿No encuentras jugadores? Puedes anunciar cambios ó + Añadir jugadores
Tarjetas del Palencia Crist
1 Sergio García (Sergio García )
13 Guille (Guillermo García Santos)
15 Apa (Javier Aparicio Gómez)
18 Ander (Anderson Alesandro Mariano Palma)
2 Astudillo (Iñigo Astudillo )
22 Sellés (Jorge Sellés De La Peña)
4 Pablo (Pablo Fernández )
5 Dani Munguía (Daniel Munguía Arribas)
14 Ivi (Iván García Gómez )
16 Javi Navarro (Javier Navarro)
23 Cisneros (Miguel Cisneros Arias)
27 Juan Leal (Juan Leal Juárez)
6 Romano (Javier Fernández Romano)
8 Guayo (Arnaldo Daniel Vázquez Meza)
Charly (Carlos García Chico)
10 Fran Adéva (Francisco Adéva De Lucas)
11 Dani Rodríguez (Daniel Rodríguez Cantera)
19 Hugo De Bustos (Hugo De Bustos Blanco )
21 Cesitar (César Gutiérrez Varas )
7 Rubo (Rubén Blanco Rodríguez)
9 Dieguito (Diego Hernández Luengo )
Aquí se muestran los jugadores que han participado en el partido (titulares y cambios). ¿No encuentras jugadores? Puedes anunciar cambios ó + Añadir jugadores
Adri Castro é o noso mellor home arriba. Pode pelexar os balóns aéreos, xoga ben de costas e ten máis calidade que Sylla. Non lle mete un gol ao Arco Iris pero acabarán entrando. Para mín ese xogador é básico na dianteira.
A mín gustaríame que o seu acompañante fose Markitos. Foi do mellor do final de tempada e veu moi fino do verán. En pretempada foi dos mellores. Logo desapareceu. Franjusto sabera por que.
Para mín é o futbolista con maior capacidade de desequilibrar no 1 a 1 do equipo. O ano pasado xogando na media punta facía a maxia moi lonxe da área. Aínda así, gran final. Con Adri fixando dianteiros e Marquitos driblando na frontal da área e non no medio campo a mín o plan gústame. Logo pode ser unha puta merda, pero é a combinación que falta por probar e franjusto parece pasar do tema.
Xa se hai pelotas de baixar a Raúl á MP e con Renan e Álex ou Cruz na batuta (entrando Cassio cando faga falla algo máis de contención) eu penso que temos un medio de xugóns.
O día que caian un par dos mencionados xa podemos ir tramitando a inscripción en 3 RFEF. Si a reserva baixa o nivel e por riba non os tes en dinámica de equipo porque xogan 10 minutos cada 15 días... E por moito que baixe o nivel (que non penso que o baixen tantísimo) o que che dan de osíxeno seguro que mellora o que se quitan de fútbol.
O equipo é durante 45 minutos do mellor da Liga. Hai que facer algo. Se o equipo se desfonda haberá que plantear os partidos a 90 minutos ou facer cambios. Se o equipo marca e se bota atrás haberá que pedirlles que non dubiden e sigan co plan. Seguro que hai moitas solucións posibles e que hai entrenadores de sobra en Galicia que ven o que falla (eso vémolo case todos) e que teñen solucións. Eu a franjusto non lle podo dar o aprobado. Encántame a proposta inicial do equipo e como empequenece a calquer rival, pero cando pasa o arreón ten que haber resposta dende o banco e non se move nada.
Os xogadores necesitan minutos pra coller confianza e dinámica; facendo o primeiro cambio sempre despóis do minuto 70, é difícil que os xogadores de refresco teñan o mesmo ritmo que os habituais.
Galgu é do Estradense seica. Alí están tranquilos que a tempada vai rodada e con algo de sorte para o ano aforrar viaxar ao Barco e volven a disfrutar do derbi contra o Estudiantil.
Eu a 2 RFEF estouna disfrutando bastante. Veñen equipos que non coñece nin Cristo (nunca mellor dito) pero con un nivel que non é o da 3 RFEF nin parecido. Hai que desfrutar o que dure, que ten pinta que sexa este ano.
Ah. E vimos a Markitos que pensei que xa lle derán a baixa para meter a un señor de pelo branco que sae nos vídeos dos entrenamentos pero que aínda non sabemos quen é.
Dentro do malo do resultado hoxe todo son boas novas.
Vimos un cambio no minuto 60 (10 minutos antes do previsto)
Vimos unha liña de catro (xogando con 10 pero algo é algo)
E sobre todo vimos ao fútbol facer xustiza por unha vez. O Arenteiro é o equipo máis cobarde da categoría cada vez que toma vantaxe. Hoxe veu mexar por nos un equipo que home a home está máis preto da 3 RFEF que da 2 RFEF. Nunca renunciou ao fútbol nin cando se viu sobrepasado, sempre saiu xogando co balón, sempre xogou con polo menos 3 futbolistas no noso campo para recuperar e transitar rápido cara porta e aínda gañando foi a polo terceiro. A mín xa non me vale o discurso de "perdonamos". Da igual as que perdonemos. O noso problema é que ás veces marcamos algún gol e aí se acaba todo.
Queixábase o personal "é que con 10..." Alguén se imaxina como sería o partido se os que estivesemos con un máis e gañando fosemos nos?¿? O mesmo seguro.
Plantilla para salvarse e actitude de Preferente e non o digo polos futbolistas aos que eu non lles podo recriminar nada.
Hoxe menos xente en Espiñedo. Ven o frío, hai fútbol, e o que se ve no verde é o mesmo de todas as semanas. 45 minutos colgados do longueiro (unhas veces empatamos, outras empatamos e hoxe por fin pasou o que soe pasar cando se xoga así)
Ten pinta que Palencia e Arenteiro poden ser 2 dos 5 que baixen este ano. Eu se baixo preferiría baixar xogando como os de morado.
Para estar nos postos altos da clasificación (ou nos medios) hai que gañar algún partido. Empatar serve de moi pouco se non se van gañando partidos. En 9 partidos levamos 3 derrotas menos que o Coruxo e téñennos a tiro de pedra. Levamos os mesmos empates que o Compos. Nos estamos en descenso e eles de segundos. O que suma son as victorias. O empate é un mal menor que solo debería darse por válido cando demostramos ser peores que o rival. Polas declaracións do míster case sempre é un bo resultado.
A ver que tal contra o Palencia. Os partidos que lles vin parecéronme peores ca nos. Espero que en Espiñedo non nos sirva tamén outro empate.